Descubrimento e clasificación | |
---|---|
Descuberto por | Ignacio Ferrin |
Descuberto o | 10-03-2000 |
Designación provisional | 2000 EB173 |
Designación do Mpc | 38628 Huya |
Categoría no Mpc | TNO Plutino[1][2] Kozai |
Características orbitais[1][3] | |
Época= 04-01-2010 (2455200,5 xd) | |
Afelio | 7.534 Gm 50,363 UA (Q) |
Perihelio | 4.266 Gm 28,520 UA (q) |
Eixo semi-maior | 5.900 Gm 39,442 UA (a) |
Excentricidade | 0,2768 |
Período orbital | 90.477 d 247,72 ax |
Velocidade orbital | 4,63 km/s |
Inclinación | 15,487° |
Anomalía media | 352,38° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 169,40° |
Argumento do perihelio | 68,169° |
Características físicas | |
Diámetro | 532 ± 25 km[4] |
Masa | 6,5 x 1019–1,8 x 1020 kg[5] |
Densidade | 2,0? g/cm3 (asumida) |
Gravidade superficial | 0,12-0,15? m/s² |
Velocidade de escape | 0,23-0,28? km/s |
Tipo espectral | moderadamente vermello, B-V=1,00; V-R=0,65[6] |
Albedo | 0.05(+0,005 -0,004)[4] |
Magnitude aparente | 19,3 (en oposición)[7] |
Magnitude absoluta | 5,23[4] |
Temperatura superficial | ~44 K |
Tamaño angular | 0,024" (max)[8] |
38628 Huya é un obxecto trans-neptuniano (TNO). Foi descuberto en marzo do 2000 por Ignacio Ferrin e o seu descubrimento foi anunciado o 24 de outubro do 2000. Está clasificado coma plutino, os cales están en resonancia orbital de 2:3 con Neptuno.[1] Co telescopio Telescopio Espacial Spitzer estimouse que tiña un diámetro de 532 ± 25 km,[4] o que fai del un posible candidato a planeta anano. Esperase que os obxectos trans-neptunianos sexan esféricos a diámetros ó redor dos 400 kms, .[9]
Recibiría o nome de Huya, que provén de Juyá, o deus wayuu da choiva, recibiu este nome por parte da Unión Astronómica Internacional (UAI) en agosto do 2003.
No momento do seu descubrimento, Huya era o obxecto trans-neptuniano máis grande é brillante atopado, coa evidente excepción de Plutón. Foi atopado usando os datos recollidos polo observatorio do CIDA en Venezuela. O Telescopio Espacial Spitzer estimou o diámetro de Huya nuns 530 km cun albedo bastante baixo de 0,05.[4]
O obxecto ten unha forte marca nas liñas pertencentes ó vermello no espectro visible e no infravermello próximo, o que suxire que a súa superficie sexa rica en materiais orgánicos coma as tolinas.[10] Existe unha banda larga de absorción preto dos 2 μm que posiblemente pertenzan a xeo de auga ou a algún material alterado pola presenza de auga e tamén podería existir liñas de absorción preto dos 0,6–0,8 μm, o cal podería corresponderse con silicatos alterados pola presenza de auga.[11]
Huya está actualmente a unhas 28,7 UAs respecto do Sol,[7] e acadará ó seu perihelio (q=28,52 UAs) no ano 2015.[3] Isto significa que este candidato a planeta anano está actualmente dentro da órbita de Neptuno. Coma Plutón, este plutino gasta parte do máis pechado da súa órbita ó redor do Sol tan preto de Neptuno, que o planeta controla ás súas órbitas mediante unha resonancia orbital. En xullo do ano 2029 Huya estará no momento de maior proximidade tanto do Sol coma de Neptuno.[nota 1][12] Simulacións feitas polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosan que nos próximos 10 millóns de anos, Huya podería acadar un perihelio (qmin) dunha distancia inferior á 27,28 UA.[1] Os plutinos (15875) 1996 TP66 e (120216) 2004 EW95 aínda acadarían unha maior aproximación ó Sol.
Dada as grandes órbitas que teñen os obxectos trans-neptunianos ó redor do Sol, Huya está en oposición a primeiros de maio de cada ano, cunha magnitude aparente de 19,3.[7] Huya foi observado 131 veces, incluíndo imaxes recuperadas, dende o ano 1996.[3] O período de rotación de Huya é descoñecido.[13]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 38628 Huya |