Ribela | |
---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Ribela. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°38′22″N 8°24′25″O / 42.63944444, -8.40694444Coordenadas: 42°38′22″N 8°24′25″O / 42.63944444, -8.40694444 |
Poboación | 148 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. No ano 2019 tiña 135 habitantes, 43 menos ca en 2009 (93 mulleres e 85 homes segundo o IGE) e 120 menos ca en 1986. En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas. Ten dez entidades de poboación.
A Igrexa de Santa Mariña de Ribela data do ano 1865. En Ribela é de grande importancia a presenza do río Umia, no que verte as súas augas o regueiro de Esqueiro en forma de fervenza, no lugar da Aldea Grande. O Outeiro de Trabadela, O castro da Aldea Grande e o Castro de Entrecastrelo (36017038), coñecido tamén como Castro de Ribela, Castro de Parada ou Castro de Eira dos Mouros, no que aínda se conservan restos de recintos amurallados e da porta de entrada. Existen tamén varios petróglifos.
Cada ano, despois de mediados de xullo, celébranse as Festas de Santa Mariña, patroa de Ribela.
Lugares da parroquia de Ribela no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea Grande | Carracedo | Entrecastrelo | Fondo da Vila | Guitón | A Pedreira | Pumares | Sesto | Trabadela | Vilar |