Olives | |
---|---|
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′02″N 8°23′08″O / 42.68400498, -8.38543474Coordenadas: 42°41′02″N 8°23′08″O / 42.68400498, -8.38543474 |
Poboación | 165 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Olives é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE no ano 2013 a parroquia tiña 165 habitantes (82 homes e 83 mulleres),[2] distribuídos en 5 entidades.
A lagoa Sacra de Olives está entre esta parroquia e o concello de Forcarei. Sitúase a 700 m de altitude, e no seu perímetro consérvanse os restos dunha muralla. Nos arredores hai brañas e bosques.
Na parroquia consérvase a mámoa de Boi Morto e o castro de Viladafonso.
Lugares da parroquia de Olives no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
O Fieitoso | Fraíz | Mourelle | Pazos | A Somoza | A Viladafonso |