Cereixo | |
---|---|
Igrexa de San Xurxo de Cereixo. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′00″N 8°26′40″O / 42.68324435, -8.44452059Coordenadas: 42°41′00″N 8°26′40″O / 42.68324435, -8.44452059 |
Poboación | 184 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xurxo de Cereixo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 184 habitantes (103 mulleres e 81 homes), distribuídos en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 597 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 265 persoas.
O San Xurxo de Cereixo é protector da facenda, do gando, e o día do santo os veciños levan á igrexa milleiros de aguilladas para que o santo as bendiga, e ofrécenlle carne, froitos ou diñeiro. Contan que en 1904, un veciño de Guimarei,outra parroquia lindeira, non quixo que a muller lle levara carne ó santo e, aínda máis, xurou que a carne ía comela el e ó santo levaríalle os ósos, gabándose na festa do que dixera. Así o fixo, pero cando volveu a casa atopou os seus porcos mortos, e non puido criar outro nos dez anos seguintes [2].
Lugares da parroquia de Cereixo no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Costenla | A Igrexa | Mollarrabo | Pernaviva | Os Piornos | Quintas | Señoráns | Vilapouca | Viso de Abaixo | Viso de Arriba |