Remesar | |
---|---|
Igrexa de San Cristovo de Remesar. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′46″N 8°23′47″O / 42.72946941, -8.39638278Coordenadas: 42°43′46″N 8°23′47″O / 42.72946941, -8.39638278 |
Poboación | 135 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Remesar é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña unha poboación de 135 persoas (72 mulleres e 63 homes), distribuída en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 246 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 212 persoas.
Está situada na aba do monte Sisalto, no val do río Ulla. Limita coas parroquias de Orazo, Agar, Loimil, San Tomé de Ancorados, Riobó e Oca.
O castro de Remesar está situado a carón da igrexa. Nel foron atopados restos de muíños de man.
A igrexa parroquial, de estilo románico, está datada entre os séculos XII e XIII. Dela destaca a súa fachada románica con arco apuntado sobre dúas columnas de capitel. No adro da igrexa hai un cruceiro con pedestal cúbico, unha columna octogonal lisa, capitel con volutas e follas de acanto e cruz latina de brazos redondos co cristo crucificado no anverso.
A festa patronal celébrase o día 10 de xullo. Tamén se celebra o San Ramón o primeiro sábado de setembro.
Lugares da parroquia de Remesar no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea Grande | Cibreiros | A Devesa | A Fonte Soutelo | O Outeiro | Peizás | A Rabeta | O Rego | Vilanova | A Vilasusán |