Guimarei | |
---|---|
Torre de Guimarei. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′34″N 8°27′52″O / 42.67597305, -8.46451595Coordenadas: 42°40′34″N 8°27′52″O / 42.67597305, -8.46451595 |
Poboación | 391 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xiao de Guimarei é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 391 habitantes (196 mulleres e 195 homes), distribuídos en 19 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 589 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 417 persoas.
Na segunda semana de setembro celébrase a Feira da Becerra Selecta no Mercado Comarcal de Gando de Guimarei. Esa semana celébrase tamén a festa de Nosa Señora das Dores. O domingo e o luns de entroido hai festa. Tamén se celebra o San Xoán e o magosto no local do Outeiro.
Lugares da parroquia de Guimarei no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Campos | A Cardavella | O Cogoludo | A Costa | Covas | A Cruz | A Devesa | O Francés | Gudín | Ouzamerxe | A Painceira | A Pinguela | Portacartas | A Portela | Rial | San Xiao | A Torre | A Torrevella | Xerlís |