Frades | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Frades. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°42′57″N 8°34′05″O / 42.71596325, -8.56801703Coordenadas: 42°42′57″N 8°34′05″O / 42.71596325, -8.56801703 |
Poboación | 180 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Frades, do latín Fratres "irmáns", seguramente monxes dunha congregación relixiosa, é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 a súa poboación era de 180 persoas (95 mulleres e 85 homes), distribuídos en 7 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 172 persoas.
A romaría dos milagres de Requián celébrase o 28 de agosto en Requián. Hai misas pola mañá e pola tarde, e procesión da Virxe.
Lugares da parroquia de Frades no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Casalpaio | Chaín | Frades | Requián | Subión | O Vilar | Vilariño |