Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña unha poboación de 189 persoas (101 mulleres e 88 homes), distribuída en 4 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 270 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.
- Igrexa de Santa María de Paradela, do século XVIII.
- As nenas de Paradela/ elas son moi bailadoras,/ bailan na punta do pé/ como se foran señoras [2].
- Canta, miña prima, canta./ ¡No adro de Paradela/ non entra mellor garganta [3].
- O pandeiro toca ben,/ as ferreñas danlle o son,/ as meniñas que o tocan/ de Paradela elas son [4].
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Fermín Bouza-Brey (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 90, 15.06.1931, 108.
- ↑ Fermín Bouza-Brey (colector): "Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 96, 15.12.1931, 236.
- ↑ Fermín Bouza-Brey (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 90, 15.06.1931, 108. No texto: danlle o són.