Posición | Ala / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 24 de decembro de 1992 (31 anos) Greensboro, Carolina do Norte |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Archbishop Mitty (San Jose, California) |
Universidade | North Carolina (2011–2013) |
NBA Draft | 2014 / Rolda: 1 / Elección: 26 Por Miami Heat |
Carreira | 2014–2017 |
Historial de equipos | |
Texas Legends (2014) Charlotte Hornets (2014–2016) Memphis Grizzlies (2016) Rio Grande Valley Vipers (2016–2017) |
Samuel Peterson "P. J." Hairston Jr., nado o 24 de decembro de 1992 en Greensboro, Carolina do Norte, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
O 26 de xuño de 2014, Hairston foi seleccionado na 26ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Miami Heat, e foi traspasado inmediatamente ós Charlotte Hornets.[1] O 30 de xuño de 2015, Hairston uniuse de novo ós Hornets para Liga de Verán da NBA de 2015.[2]
O 16 de febreiro de 2016, Hairston foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos que tamén incluíu ós Miami Heat.[3]
O 30 de setembro de 2016, Hairston asinou cos Houston Rockets,[4] pero foi cortado o 24 de outubro de 2016.[5] Sete días máis tarde, fichou polos Rio Grande Valley Vipers, o afiliado dos Rockets na NBA D-League.[6]
Hairston anunciou a súa retirada coma xogador profesional en 2018, tras unha tempada sen xogar.[7]