Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 6 de xuño de 1992 (32 anos) Chesterton, Indiana |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 116 kg (255 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Chesterton (Chesterton, Indiana) Brewster Academy (Wolfeboro, New Hampshire) |
Universidade | Michigan (2012–2014) |
NBA Draft | 2014 / Rolda: 1 / Elección: 21 Por Oklahoma City Thunder |
Carreira | dende 2014 |
Historial de equipos | |
Oklahoma City Thunder (2014–2016) →Oklahoma City Blue (2014–2016) |
Mitchell Neil William "Mitch" McGary, nado o 6 de xuño de 1992 en Chesterton, Indiana, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional e actual xogador de birlos.
O 26 de xuño de 2014, McGary foi seleccionado na 21ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Oklahoma City Thunder.[1] O 5 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Thunder.[2] Durante a primeira parte da súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Oklahoma City Blue da NBA Development League. McGary fixo o seu debut na NBA o 14 de decembro de 2014 contra os Phoenix Suns, facendo 3 puntos e 4 rebotes en 7 minutos de xogo.[3]