Adreian Payne
Información persoal
Nacemento 19 de febreiro de 1991
Dayton, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 108 kg (237 lb)
Posición Pivote / Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Jefferson Township (Dayton, Ohio)
Universidade Michigan State (2010–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 15
Por Atlanta Hawks
Carreira 2014-2022
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2014–2015)
Fort Wayne Mad Ants (2014)
Austin Spurs (2014–2015)
Minnesota Timberwolves (2015–2017)
→ Erie BayHawks (2016)
Orlando Magic (2017–2018)
→ Lakeland Magic (2017–2018)
Panathinaikos (2018)
Nanjing Monkey King (2018–2019)
Panathinaikos (2019)
ASVEL Basket (2019–2020)
Ormanspor (2021)
Juventus Utena (2021-2022)

Adreian DeAngleo Payne, nado en Dayton, Ohio, o 19 de febreiro de 1991 e finado en Orlando (Florida) o 9 de maio de 2022, foi un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2014, Payne foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Atlanta Hawks.[1] O 25 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Hawks tras acadar 12.5 puntos e 7.0 rebotes por encontro na Liga de Verán da NBA de 2014.[2]

O 10 de febreiro de 2015, Payne foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dunha futura elección da primeira rolda do Draft.[3]

O 21 de agosto de 2017, Payne asinou cos Orlando Magic.[4] O 26 de xaneiro de 2018, foi cortado polos Magic.[5]

Na mañá do 9 de maio de 2022, recibiu un disparo e faleceu en Orlando, Florida.[6]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Hawks Select Adreian Payne With 15th Pick". NBA.com. 26 de xuño de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  2. "Hawks Sign First-Round Draft Pick Adreian Payne". NBA.com. 25 de xullo de 2014. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  3. "Wolves Acquire Forward Adreian Payne from Atlanta". NBA.com. 10 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2015. 
  4. Denton, John (21 de agosto de 2017). "Magic Sign Adreian Payne to Two-Way Contract". NBA.com. Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  5. "Magic's Adreian Payne: Waived by Magic". cbssports.com. 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  6. Adreian Payne, former Michigan State basketball star, shot and killed Monday at age 31 (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]