Axente libre | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 7 de xaneiro de 1994 (30 anos) Memphis, Tennessee |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 116 kg (255 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Southwind (Memphis, Tennessee) |
Universidade | Tennessee (2011–2014) |
NBA Draft | 2014 / Rolda: 2 / Elección: 35 Por Utah Jazz |
Carreira | dende 2014 |
Historial de equipos | |
Memphis Grizzlies (2014–2015) → Iowa Energy (2014–2015) Miami Heat (2015–2016) → Sioux Falls Skyforce (2015–2016) Sioux Falls Skyforce (2016) Denver Nuggets (2016) Sioux Falls Skyforce (2017) Zhejiang Golden Bulls (2017–2018) Sioux Falls Skyforce (2018) Memphis Hustle (2019) Xinjiang Flying Tigers (2019–2020) |
Jarnell D'Marcus Stokes, nado o 7 de xaneiro de 1994 en Memphis, Tennessee, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
O 26 de xuño de 2014, Stokes foi seleccionado na 35ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Utah Jazz. Na mesma noite do Draft, foi traspasado ós Memphis Grizzlies.[1] Durante a súa tempada de rookie, foi asignado en varias ocasións ós Iowa Energy da NBA Development League.[2]
O 10 de novembro de 2015, Stokes foi traspasado xunto a Beno Udrih ós Miami Heat, a cambio de Mario Chalmers e James Ennis.[3] Durante o seu período nos Heat foi asignado en varias ocasións ós Sioux Falls Skyforce, afiliado dos Heat na NBA D-League.[4]
O 18 de febreiro de 2016, Stokes foi traspasado ós New Orleans Pelicans, a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2018.[5] O día seguinte, foi cortado polos Pelicans.[6]
O 15 de setembro de 2016, Stokes asinou cos Denver Nuggets.[7] O 15 de novembro de 2016, foi cortado polos Nuggets tras participar en tan só dous partidos.[8]