Axente libre | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 28 de marzo de 1991 (33 anos) Savannah, Xeorxia |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 81 kg (179 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Liberty County (Hinesville, Georgia) |
Universidade | Tennessee (2010–2014) |
NBA Draft | 2014 / Rolda: 2 / Elección: 58 Por San Antonio Spurs |
Carreira | dende 2014 |
Historial de equipos | |
Melbourne United (2014–2015) Delaware 87ers (2015–2016) Phoenix Suns (2016) Cleveland Cavaliers (2016–2017) → Canton Charge (2016) Baskonia (2017) Washington Wizards (2018–2020) → Capital City Go-Go (2018–2019) Denver Nuggets (2020) Detroit Pistons (2020) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2016) |
Jordan Tyler McRae, nado o 28 de marzo de 1991 en Savannah, Xeorxia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
O 26 de xuño de 2014, McRae foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2014 polos San Antonio Spurs. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Philadelphia 76ers.[1] O 29 de agosto de 2014, McRae asinou co Melbourne United australiano para a tempada 2014-15.[2]
O 29 de xaneiro de 2016, McRae asinou un contrato de dez días cos Phoenix Suns.[3] Ese mesmo día fixo o seu debut na NBA, facendo 12 puntos, 4 asistencias e 2 rebotes en 25 minutos de xogo, na derrota dos Suns por 102-84 contra os New York Knicks.[4]
O 28 de febreiro de 2016, McRae asinou un contrato de dez días cos Cleveland Cavaliers.[5] O 9 de marzo de 2017, asinou un contrato multianual cos Cavaliers.[6]
O 20 de agosto de 2017, McRae asinou un contrato dunha tempada co Saski Baskonia da Liga ACB.[7]
O 20 de setembro de 2018, McRae asinou un contrato cos Washington Wizards e os Capital City Go-Go da NBA G League.[8]
O 6 de febreiro de 2020, McRae foi traspasado ós Denver Nuggets a cambio de Shabazz Napier.[9] O 1 de marzo de 2020, McRae e os Nuggets chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.
O 3 de marzo de 2020, McRae asinou cos Detroit Pistons.[10]