Elfrid Payton
Axente libre
Posición Base
Información persoal
Nacemento 22 de febreiro de 1994 (30 anos)
Luisiana Gretna, Luisiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Información da carreira
Instituto John Ehret (Louisiana)
Universidade Louisiana–Lafayette (2011–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Orlando Magic (2014–2018)
Phoenix Suns (2018)
New Orleans Pelicans (2018–2019)
New York Knicks (2019–2021)
Phoenix Suns (2021–2022)
Premios e galardóns
Primeiro equipo All-Rookie (2015)

Elfrid Payton, Jr., nado o 22 de febreiro de 1994 en Gretna, Luisiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2014, Payton foi seleccionado na 10ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Philadelphia 76ers. Na mesma noite do Draft, foi traspasado ós Orlando Magic.[1] O 2 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Magic.[2]

O 8 de febreiro de 2018, Payton foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2018.[3]

O 9 de xullo de 2018, Payton asinou un contrato cos New Orleans Pelicans.[4]

O 9 de xullo de 2019, Payton asinou cos New York Knicks.[5] O 19 de novembro de 2020, os Knicks cortaron a Payton.[6] Dez días máis tarde, o 29 de novembro de 2020, os Knicks asinaron de novo a Payton, cun contrato por unha tempada.[7]

O 10 de agosto de 2021, Payton asinou cos Phoenix Suns.[8]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Dario Saric Traded from Magic to 76ers for Rights to Elfrid Payton
  2. Magic Sign Gordon and Payton
  3. "Phoenix Suns Acquire Elfrid Payton from Orlando". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  4. "Pelicans sign free agents Elfrid Payton and Julius Randle". NBA.com. 9 de xullo de 2018. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  5. "New York Knicks Sign Five Players". NBA.com. 9 de xullo de 2019. 
  6. "Knicks Announce Roster Moves". NBA.com. 19 de novembro de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  7. "Knicks Re-Sign Elfrid Payton". NBA.com. 29 de novembro de 2020. Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  8. "Suns sign Elfrid Payton". NBA.com. 10 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]