Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1906 Turín, Italia | |||||||||||||||||||
Morte | 30 de xuño de 1966 (59 anos) Chambéry, Francia | |||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico | |||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio Monumental de Turín | |||||||||||||||||||
Datos persoais | ||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Italia (1946–1966) Reino de Italia (1906–1946) | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||
Lingua | Lingua italiana | |||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | |||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | ||||||||||||||||||||
Giuseppe Emilio "Nino" Farina, nado en Torino o 30 de outubro de 1906 e finado en Aiguebelle 30 de xuño de 1966, foi un piloto de Fórmula 1 italiano, e o primeiro campión mundial da categoría, gañando o título en 1950. Foi tamén o Campión de Italia en 1937, 1938 e 1939. Durante a súa carreira de trinta anos como piloto sufriu varios accidentes.
Nado en Torino, Farina foi o maior dos irmáns Farina, o seu pai Giovanni, xunto ao seu irmán Battista Farina, fundara a empresa de carrozarías de coche Carrozzeria Pininfarina. Giuseppe comezou a pilotar un Temperino de dous cilindros, á idade de tan só nove anos. Converteuse en Doutor en Ciencias Políticas (aínda que algunhas fontes din enxeñería), tamén destacou no esquí, fútbol e atletismo. Rematou unha carreira curta como oficial de cabalería do exército italiano para satisfacer unha ambición diferente: as carreiras de motor.[1][2][3][4][5]
Cando aínda era un universitario Farina comprou o seu primeiro coche, un Alfa Romeo de segunda man, e correu na subida Aosta-Gran San Bernardo de 1925. Ao tratar de vencer ao seu pai, estrelouse, rompendo o ombreiro e sufrindo cortes no rostro, establecendo unha tendencia que continuou ao longo da súa carreira propensa aos fallos. O seu pai terminou en cuarto lugar.[1][2][4][6]
As súas primeiras experiencias en pista fíxoas con Maserati, aínda que a súa carreira comezaría a florecer co seu pase a Alfa Romeo, onde tivo como compañeiro de equipo a Tazio Nuvolari. A fins da década dos 30, Farina gañou varios Gran Premios menores, que lle permitiron obter o título de campión italiano de pilotos durante tres anos seguidos (1937-1939). No ano seguinte lograría o seu primeiro triunfo grande, no Gran Premio de Trípoli de 1940, en Libia. No momento en que estaba chegando á súa madurez como piloto, desatouse a segunda guerra mundial, e pasarían oito anos antes de que Farina puidese gañar outro Gran Premio.
Na posguerra, Nino tomou parte en varios grandes premios cun Maserati propio, logrando desta forma un triunfo no Gran Premio de Mónaco de 1948. Cando a Fédération Internationale de l'Automobile anunciou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, Farina asegurouse unha praza no equipo Alfa Romeo, xunto a Juan Manuel Fangio e ao italiano Luigi Fagioli, ao mando dun dos aparentemente invencibles 158 Alfetta. Farina obtivo 3 vitorias nas 7 carreiras do campionato, e logrou así o seu primeiro campionato mundial na categoría. Era o cumio da súa carreira.
En 1951, viuse obrigado a facer o papel de escudeiro de Fangio, cuxo ritmo de carreira foi demasiado para Farina. O italiano logrou un único triunfo no Gran Premio de Bélxica, aínda que gañou algunhas das carreiras non válidas para o campionato. Tras o seu pase a Ferrari en 1952, Farina viuse outra vez pasado por un piloto máis novo, esta vez Alberto Ascari, quen logrou 9 vitorias consecutivas en carreiras polo campionato entre 1952 e 1953.
O primeiro triunfo de Farina en Ferrari, que á vez sería o último dos seus 5 triunfos no campionato mundial de F1, produciuse no Gran Premio de Alemaña de 1953, disputado en Nürburgring. Nese ano, tamén formou un equipo co seu amigo da F1 Mike Hawthorn, para disputar e gañar as 24 horas de Spa. A principios de 1954, Farina gañou unha proba do Campionato Mundial de Auto Deportivos, aínda que tempo despois sufriu graves queimaduras nun accidente na saída de Monza. O italiano intentou regresar ás pistas en 1955 tomando calmantes, e logrou finalizar na zona de puntos nalgunha carreira. Con todo, dándose conta de que non podería alcanzar o seu nivel de outrora, decidiu retirarse ao final desa tempada.
En 1956, Farina planificou o seu regreso nas 500 millas de Indianápolis, pero sufriu unha lesión no seu pescozo durante unha carreira menor en Monza. Tras a súa recuperación, intentou regresar ás pistas en Indianápolis, pero desistiu tras presenciar a morte dun compañeiro que estaba probando o auto que lle correspondía a Farina.
Figura notable dos primeiros anos da Fórmula 1, Farina era recoñecido polo seu estilo de manexo e a súa intelixencia, pero tamén pola súa petulancia e o seu desprezo polos seus rivais na pista.
Logo da súa retirada, Farina involucrouse nas distribuidoras de Alfa Romeo e Jaguar e máis tarde asesorou á fábrica de Pininfarina.[1][2]
Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, cando ía como espectador camiño do Gran Premio de Francia de 1966, Farina perdeu o control do seu Lotus Cortina nos Alpes de Savoia, cerca Aiguebelle, chocou contra un poste de telégrafos e morreu no acto. Non só asistía como espectador, senón tamén por unha película, ao longo da tempada fora o asesor e o dobre na pilotaxe do actor francés Yves Montand, que interpretaba a un ex campión do mundo na película Gran Premio.[1][2][6][7][8]
Tempada | Series | Posición | Equipo | Coche |
---|---|---|---|---|
1933 | Coppa Principessa di Piemonte [9] | 3º | Alfa Romeo 2300 | |
1934 | Masarykuv Okruh [10] | 1º | Scuderia Subalpina | Maserati 4CM |
Giro d’Italia [11] | 2º | Lancia Astura V8 | ||
Gran Premio de Biella [2] | 3º | Scuderia Subalpina | Maserati 4CM | |
1935 | Bergamo GP [2] | 2º | Scuderia Subalpina | Maserati 4CM |
Gran Premio de Biella [2] | 3º | Scuderia Subalpina | Maserati 4CM | |
AIACR European Championship [12] | 21º | Gino Rovere | Maserati 6C-34 | |
1936 | Mille Miglia [13] | 2º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 8C 2900 A |
Penya Rhin Grand Prix [2] | 3º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 8C-35 | |
Circuíto de Milán [2] | 3º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 8C-35 | |
Gran Premio di Modena [2] | 3º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 8C-35 | |
AIACR European Championship [14] | 14º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 8C-35 | |
1937 | Italian Championship [1] | 1º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 12C-36 |
Gran Premio di Napoli [15] | 1º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 12C-36 | |
Mille Miglia [13] | 2º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 8C 2900 A | |
Turin Grand Prix [15] | 2º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 12C-36 | |
Circuíto de Milán [16] | 2º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 12C-36 | |
AIACR European Championship [17] | 7º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 8C-35 | |
AAA National Championship [18] | 7º | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 8C-35 | |
1938 | Italian Championship [1] | 1º | Alfa Corse | Alfa Romeo Tipo 316 |
Pontedecimo-Giovi [19] | 1º | Alfa Corse | Alfa Romeo 2900B MM | |
Coppa Ciano [15] | 2º | Alfa Corse | Alfa Romeo Tipo 316 | |
Coppa Acerbo [15] | 2º | Alfa Corse | Alfa Romeo Tipo 316 | |
Gran Premio d’Italia [20] | 2º | Alfa Corse | Alfa Romeo Tipo 316 | |
AIACR European Championship [21] | 8º | Alfa Corse | Alfa Romeo Tipo 312 Alfa Romeo Tipo 316 | |
1939 | Campionato Italiano [1] | 1º | Alfa Corse | Alfa Romeo 158 |
GP d’Anvers [22] | 1º | Alfa Corse | Alfa Romeo 8C 2900B/412S | |
Coppa Ciano [23] | 1º | Alfa Corse | Alfa Romeo 158 | |
Prix de Berne [24] | 1º | Alfa Corse | Alfa Romeo 158 | |
Coppa Acerbo [25] | 3º | Alfa Corse | Alfa Romeo 158 | |
AIACR European Championship [26] | 13º | Alfa Corse | Alfa Romeo 158 | |
1940 | Gran Premio di Tripoli [27] | 1º | Alfa Corse | Alfa Romeo 158 |
Mille Miglia [28] | 2º | Alfa Romeo 6C 2500 SS Spider Touring | ||
1946 | Grand Prix des Nations [29] | 1º | Alfa Romeo 158 | |
1948 | Gran Premio Internacional del General San Martín [30] | 1º | Scuderia Milano | Maserati 8CL |
Grand Prix des Nations [31] | 1º | Maserati 4CLT | ||
Grand Prix Automobile de Monaco [32] | 1º | Maserati 4CLT | ||
Circuíto de Garda [33] | 1º | Ferrari 125 | ||
1949 | Copa Acción de San Lorenzo [34] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 125C |
Lausanne Grand Prix [35] | 1º | Maserati 4CLT/48 | ||
Grande Prêmio da Cidade de Rio de Janeiro [34] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 125C | |
Daily Express BRDC International Trophy [36] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 125 | |
1950 | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 [37] | 1 | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158 Alfa Romeo 159 |
Gran Premio do Reino Unido de 1950 [38] | 1º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158 | |
Gran Premio de Suíza de 1950 [39] | 1º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158 | |
Gran Premio di Bari [40] | 1º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158 | |
Daily Express BRDC International Trophy [41] | 1º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158 | |
Gran Premio de Italia de 1950 [42] | 1º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158 | |
Gran Premio Internacional del General San Martín [43] | 2º | Dott G. Farina | Maserati 4CLT | |
Copa Acción de San Lorenzo [43] | 3º | Dott G. Farina | Maserati 4CLT | |
1951 | Gran Premio de París [44] | 1º | Scuderia Milano | Maserati 4CLT |
Ulster Trophy [44] | 1º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159A | |
Gran Premio de Bélxica de 1951 [45] | 1º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159A | |
Woodcote Cup [46] | 1º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159 | |
Festival of Britain Trophy [46] | 2º | Scuderia Milano | Maserati 4CLT | |
Grand Prix de Pau [44] | 3º | Scuderia Milano | Maserati 4CLT | |
Gran Premio de Suíza de 1951 [47] | 3º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159A | |
Gran Premio de Italia de 1951 [48] | 3º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159M | |
Gran Premio de España de 1951 [49] | 3º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159M | |
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 [50] | 4º | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159A Alfa Romeo 159M | |
1952 | Gran Premio di Napoli [51] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 |
Gran Premio dell’Autodromo di Monza [52] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1952 [53] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio de Francia [54] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio de París [55] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio de Bélxica de 1952 [56] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Grand Prix de la Marine [57] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio de Francia de 1952 [58] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio de Alemaña de 1952 [59] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Grand Prix de la Comminges [60] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio dos Países Baixos de 1952 [61] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Woodcote Cup [62] | 2nd | G.A. Vandervell | Ferrari 375 Thinwall | |
Gran Premio di Siracusa [63] | 3º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
1953 | Gran Premio Ciudad de Buenos Aires [64] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 |
Gran Premio di Napoli [65] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Grand Prix de Rouen-les-Essarts [66] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | |
Daily Express Trophy [67] | 1º | G.A. Vandervell | Ferrari Thinwall | |
24 Heures de Spa Francorchamps [68] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 375 MM Pinin Farina Berlinetta | |
Gran Premio de Alemaña de 1953 [69] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Internationales ADAC-1000 km Rennen Weltmeisterchaftslauf Nürburgring [70] | 1º | Automobili Ferrari | Ferrari 375 MM Vignale Spyder | |
12 h Casablanca [71] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 375 MM Berlinetta | |
Gran Premio dos Países Baixos de 1953 [72] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio de Suíza de 1953 [73] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio de Italia de 1953 [74] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1953 [75] | 3º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio do Reino Unido de 1953 [76] | 3º | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | |
Gran Premio di Monza [77] | 3º | Scuderia Ferrari | Ferrari 250 MM Vignale Spyder | |
1954 | 1000 km Buenos Aires [78] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 375 MM |
Gran Premio di Siracusa [79] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | |
Grand Prix d’Agadir [80] | 1º | Scuderia Ferrari | Ferrari 375 Plus | |
Gran Premio da Arxentina de 1954 [81] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | |
Gran Premio Ciudad de Buenos Aires [82] | 3º | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | |
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954 [83] | 8º | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | |
1955 | Gran Premio da Arxentina de 1955 [84] | 2º | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 |
Gran Premio de Bélxica de 1955 [85] | 3º | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | |
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1955 [86] | 5º | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158/50 | Alfa Romeo 8 en liña | GBR 1 |
MON Ret |
500 |
SUI 1 |
BEL 4 |
FRA 7 |
ITA 1 |
1º | 30 | ||
1951 | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159A | Alfa Romeo 8 en liña | SUI 3 |
500 |
BEL 1 |
FRA 5 |
4º | 19 (22) | |||||
Alfa Romeo 159B | GBR Ret |
ALE Ret |
||||||||||||
Alfa Romeo 159M | ITA 3* |
ESP 3 |
||||||||||||
1952 | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | Ferrari 4 en liña | SUI Ret |
500 |
BEL 2 |
FRA 2 |
GBR 6 |
ALE 2 |
NED 2 |
ITA 4 |
2º | 24 (27) | |
1953 | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | Ferrari 4 en liña | ARX Ret |
500 |
NED 2 |
BEL Ret |
FRA 5 |
GBR 3 |
ALE 1 |
SUI 2 |
ITA 2 |
3º | 26 (32) |
1954 | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | Ferrari 4 en liña | ARX 2 |
500 |
FRA |
GBR |
ALE |
SUI |
ITA |
ESP NCG |
8º | 6 | |
Ferrari 553 | BEL Ret |
|||||||||||||
1955 | Scuderia Ferrari | Ferrari 625/555 | Ferrari 4 en liña | ARX 2** |
5º | 10 1/3 | ||||||||
Ferrari 625 | MON 4 |
|||||||||||||
Ferrari 555 | 500 |
BEL 3 |
||||||||||||
Lancia D50 | Lancia V8 | NED |
GBR |
ITA NTS |
* Indica unidade compartida
** No Gran Premio da Arxentina de 1955, Farina finalizou en 2º (compartido con Trintignant e González) e 3º lugar (compartido con Maglioli e Trintignant). Concedeuselle un terzo dos puntos de cada resultado.
(key)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158/50 | Alfa Romeo Straight-8 | PAU | RIC | SRM | PAR | EMP | BAR 1 |
JER | NAT Ret |
NOT | ULS | PES | STT | INT 1 |
GOO | PEN | ||||||||||||||||||||||||
Dr. Giuseppe Farina | Maserati 4CLT/48 | Maserati L4C | ALB NC |
NED | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1951 | Giuseppe Farina | Maserati 4CLT/48 | Maserati L4C | SYR Ret |
PAU 3 |
RIC | SRM DNA |
PAR 1 |
NED Ret |
ALB | PES | |||||||||||||||||||||||||||||||
Maserati 4CLT/50 | BOR NCG |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alfa Romeo 158 | Alfa Romeo 8 en liña | INT 9 |
ULS 1 |
SCO | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alfa Romeo 159 | BAR Ret |
GOO 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1952 | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | Ferrari 4 en liña | RIO | SYR 3 |
PAU ALT |
IBS | MAR Ret |
AST | INT DNA |
ELÄ | NAP 1 |
EIF | PAR 2* |
ALB | FRO | ULS | MNZ 1 |
LAC | ESS | MAR 2 |
SAB Ret |
CAE | DAI | COM 2 |
NAT | BAU Ret |
MOD 4 |
CAD | SKA | MAD | AVU | JOE | NEW | RIO | |||||||
Ferrari 375 | Ferrari V12 | VAL Ret |
RIC | LAV | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1953 | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | Ferrari 4 en liña | SYR Ret |
PAU Ret |
LAV | AST | BOR Ret |
INT | ELÄ | NAP 1 |
ULS | WIN | FRO | COR | EIF | ROU 1 |
STR | CRY | AVU | USF | LAC | DRE | BRI | CHE | SAB | NEW | CAD | SAC | RED | SKA | LON | MOD | MAD | BER | JOE | CUR | |||||
Ferrari 375 | Ferrari V12 | ALB Ret |
PRI | GRE | ESS | MID | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1954 | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | Ferrari I4 | SYR 1 |
PAU 5 |
LAV | BOR | INT | BAR | CUR | ROM | FRO | COR | BRC | CRY | ROU | CAE | AUG | COR | OUL | RED | PES | SAC | JOE | CAD | BER | GOO | DAI | ||||||||||||||
1955 | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | Ferrari I4 | NZL | BUE | VAL Ret |
PAU | GLO | BOR Ret |
INT NCG |
NAP | ALB | CUR | COR | LON | DAR | RED | DAT | OUT | AVO | SYR |
* Indica unidade compartida con André Simon
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Scuderia Ferrari | Mike Hawthorn | Ferrari 340 MM Pininfarina Berlinetta | S5.0 | 12 | DSC (Repostaxe ilegal) |
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1936 | Scuderia Ferrari | Eugenio Siena | Alfa Romeo 8C 2900A | Compr. | Ret (Válvula) | ||
1953 | Scuderia Ferrari | Mike Hawthorn | Ferrari 375 MM Pininfarina Berlinetta | S | 260 | 1º | 1º |
Ano | Equipo | Co-Piloto | Coche | Clase | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|
1934 | Scuderia Subalpina | Luigi Della Chiesa | Alfa Romeo 6C 1750 | T2.0 | Ret | |
1936 | Scuderia Ferrari | Stefano Meazza | Alfa Romeo 8C 2900A | +2.0c | 2º | 2º |
1937 | Scuderia Ferrari | Stefano Meazza | Alfa Romeo 8C 2900A | S+2.0 | 2º | 2º |
1938 | Alfa Corse | Stefano Meazza | Alfa Romeo 8C 2900B | S3s/4.5 | Ret (Accidente) | |
1940 | Paride Mambelli | Alfa Romeo 6C 2500 SS | 3.0 | 2º | 1º | |
1953 | Ferrari Spa | Luigi Parenti | Ferrari 340 MM Touring Spyder | S+2.0 | Ret (Accidente) | |
1954 | Scuderia Ferrari | Luigi Parenti | Ferrari 375 Plus | S+2.0 | Ret (Accidente) |
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Scuderia Guastella | Bill Spear | Ferrari 340 Mexico Vignale Spyder | S | NTS |
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Scuderia Ferrari | Piero Scotti | Ferrari 375 MM | S+2.0 | 1º | 1º |
Ano | Chasis | Motor | Saída | Final | Equipo |
---|---|---|---|---|---|
1956 | Kurtis Kraft | Ferrari | NSC | Bardahl | |
1957 | Kurtis Kraft | Offenhauser | NSC | Giuseppe Farina Racing |
Predecesor: - |
Campión da Fórmula 1 1950 |
Sucesor: Juan Manuel Fangio |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nino Farina |