Alfa Romeo 158, 159, 159A, 159B, 159M | |
Matriz | Alfa Romeo |
Deseño | Gioacchino Colombo |
Produción | Voiturette (1938-1947) Fórmula 1 (1946-1951) |
Configuración | |
Carrozaría | Monopraza de carreiras, tubular |
Configuración | Motor 8 en liña |
Dimensións | |
Peso | 700 kg. |
Características técnicas | |
Motor | Alfa Romeo 158/159 |
Modelos relacionados | |
Antecesor | 12C |
Sucesor | 177 |
O Alfa Romeo 158/159, tamén coñecido como o Alfetta (Alfa pequeno ou Alfiña en italiano[1]), é un coche de carreiras Grand Prix producido polo fabricante italiano Alfa Romeo. É un dos coches de carreiras máis exitosos que se produciron: o 158 e o seu derivado, o 159, obtiveron 47 vitorias de 54 Grandes Premios inscritos.[2] Foi desenvolvido orixinalmente para a fórmula voiturette anterior á segunda guerra mundial (1937) e tiña un motor sobrealimentado de 1,5 litros de 8 cilindros en liña. Despois da segunda guerra mundial, o coche foi acptado para a nova Fórmula Un introducida en 1947. En mans de pilotos como Nino Farina, Juan Manuel Fangio e Luigi Fagioli , dominou as dúas primeiras tempadas do Campionato Mundial de Pilotos.
A primeira versión deste exitoso coche de carreiras, o 158, fíxose durante 1937/1938. A principal responsabilidade da enxeñaría foi de Gioacchino Colombo.[3] A clase voiturette era para coches de carreiras con motores de 1,5 litros, situándose na mesma relación coa fórmula superior do Gran Premio (normalmente para motores de 3 litros) que a Fórmula Dous fai hoxe coa Fórmula Un. Os coches de carreiras de 3 litros de Alfa en 1938 e 1939 eran o Tipo 308, 312 e 316.
O 158 debutou co equipo oficial Alfa Corse na Coppa Ciano Júnior en agosto de 1938 en Livorno, Italia, onde Emilio Villoresi logrou a primeira vitoria do coche. Nese momento o motor de 1479,56 cc (58,0 x 70,0 mm) producía ao redor de 200 CV (150 kW) a 7000 rpm.[4] coa axuda dunha compresor Roots dunha sóa etapa. Máis éxito obtivo na Coppa Acerbo, Coppa Ciano e Gran Premio de Trípoli en maio de 1940.[5] Pronto a segunda guerra mundial parou o desenvolvemento do coche durante seis anos. Despois da guerra, o motor desenvolveuse aínda máis para empurrar 254 CV (187 kW) en 1946.
En 1947, o Alfetta púxose de novo en servizo. As novas regras permitían 1500 cc sobrealimentados e 4500 cc de motores de aspiración natural. O 158 volveuse modificar, esta vez para producir máis de 300 CV (220 kW) e definiuse como Tipo 158/47. O coche fixo un tráxico debut no Gran Premio de Suíza de 1948, onde Achille Varzi perdeu o control do seu coche e morreu. Outra perda para o equipo produciuse na práctica para o Gran Premio de Bos Aires de 1949, onde Jean-Pierre Wimille morreu nun accidente (conducindo con Simca-Gordini).[6]
En 1950, o 158 declarouse apto para o novo Campionato Mundial de Pilotos. O coche gañou todas as carreiras nas que competiu durante a primeira tempada de Fórmula Un, era incrible que un coche orixinario de 1938 resultara tan vitorioso, moi probablemente porque todos os outros construtores (poucos como había) tiñan menos cartos para construír e desenvolver os seus coches e o Alfa tiña moito tempo de desenvolvemento. O equipo Alfa Romeo incluía pilotos con talento como Giuseppe Farina e Juan Manuel Fangio, o último dos cales máis tarde gañou o Campionato Mundial de Pilotos cinco veces.
Ao final da tempada 1950 de Fórmula 1, produciuse unha versión máis actualizada, coñecida como 159, que se usou para a tempada 1951. Esta versión tiña a suspensión traseira remodelada, o vello eixo abatible substituíuse por un eixo De-Dion e o motor produciu ao redor de 420 CV (309 kW) a 9600 rpm. O 159 tiña unha velocidade máxima de 305 km/h e pesaba 710 kg.[7] Con todo, para conseguir esta potencia, o motor de deseño simplista foi equipado con supercargadores máis grandes ao longo do tempo. Este feito, combinado coa rica mestura necesaria para queimar metanol no motor deu lugar a unha economía de combustible extremadamente pobre: os 159 consumian 190 litros cada 100 km.1,5 miles per imperial gallon (190 litres per 100 kilometres; 1,2 miles per US gallon),[8] en comparación cos Talbot-Lagos da época , que consumian 31 litros cada 100 km..[9] O Gran Premio do Reino Unido de 1951 en Silverstone foi o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que non gañou un Alfa principalmente porque Fangio e Farina tiveron que parar dúas veces simplemente para recargar os seus coches, e o Ferrari de José Froilán González ao consumir menos combustible gañou a carreira, con Fangio segundo. Aínda así, o Alfa tivo vantaxes no rendemento e con vitorias en Suíza, Francia e España, Fangio gañou o primeiro dos seus cinco grandes premios ese ano. Para a súa penúltima carreira no Campionato Mundial (ata 1979), o Gran Premio de Italia no Monza, Alfa Romeo introduciu unha nova versión evolucionada coñecida como 159M, a "M" que significa Maggiorata ("ampliada").[10]
Despois dunha proposta sen éxito de Alfa Romeo para obter axuda do goberno para facer fronte aos custos de desenvolvemento, o equipo anunciou a súa retirada das carreiras de Gran Premio a finais de 1951 (deixando o desenvolvemento do Alfa Romeo 160 de 2´5 litros).[11] Isto, combinado con problemas para outros equipos de Fórmula Un levou a un decreto da FIA que todas as carreiras do Gran Premio para o Campionato Mundial de Pilotos de 1952 e 1953 serían para coches que cumprisen a regulamentación da Fórmula 2 en lugar de Fórmula Un.[11]
A última vitoria do Gran Premio do coche produciuse en 1953 no Gran Premio de Merano, Italia.
Data | Tipo | Carreira | Localización | Clase | Piloto |
---|---|---|---|---|---|
7 de agosto de 1938 | 158 | Coppa Ciano | Livorno | Voiturette | Emilio Villoresi |
11 de setembro de 1938 | 158 | Gran Premio de Milán | Monza | Voiturette | Emilio Villoresi |
30 de xullo de 1939 | 158 | Coppa Ciano | Livorno | Voiturette | Giuseppe Farina |
13 de agosto de 1939 | 158 | Coppa Acerbo | Pescara | Voiturette | Clemente Biondetti |
20 de agsoto de 1939 | 158 | Gran Premio de Suíza | Bremgarten | Voiturette | Giuseppe Farina |
12 de maio de 1940 | 158 | Gran Premio de Trípoli | Libia | Voiturette | Giuseppe Farina |
21 de xullo de 1946 | 158 | Gran Premio das Nacións | Xenebra, Suíza | - | Giuseppe Farina |
1 de setembro de 1946 | 158 | Gran Premio de Valentino | Turín, Valentino Park | F1 fóra de campionato | Achille Varzi |
30 de setembro de 1946 | 158 | Gran Premio de Milán | Milán, Sempione Park | - | Carlo Felice Trossi |
8 de xuño de 1947 | 158 | Gran Premio de Suíza | Bremgarten | - | Jean-Pierre Wimille |
29 de xuño de 1947 | 158 | Gran Premio de EuropA | Spa | - | Jean-Pierre Wimille |
13 de xuño de 1947 | 158 | Gran Premio de Bari | Bari | - | Achille Varzi |
7 de setembro de 1947 | 158 | Gran Premio de Italia | Milán, Sempione Park | - | Carlo Felice Trossi |
4 de xullo de 1948 | 158 | Gran Premio de Suíza | Bremgarten | - | Carlo Felice Trossi |
18 de xullo de 1948 | 158 | Gran Premio de Francia | Reims | - | Jean-Pierre Wimille |
5 de setembro de 1948 | 158 | Gran Premio de Italia | Turín, Valentino Park | - | Jean-Pierre Wimille |
17 de outubro de 1948 | 158 | Gran Premio Autodromo | Monza | - | Jean-Pierre Wimille |
16 de abril de 1950 | 158 | Gran Premio de San Remo | Ospedaletti | - | Juan Manuel Fangio |
13 de maio de 1950 | 158 | Gran Premio de Europa | Silverstone | Fórmula 1 | Giuseppe Farina |
21 de maio de 1950 | 158 | Gran Premio de Mónaco | Mónaco | Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
4 de xuño de 1950 | 158 | Gran Premio de Suíza | Bremgarten | Fórmula 1 | Giuseppe Farina |
18 de xuño de 1950 | 158 | Gran Premio de Bélxica | Spa | Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
2 de xullo de 1950 | 158 | Gran Premio de Francia | Reims | Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
9 de xullo de 1950 | 158 | Gran Premio de Bari | Bari | - | Giuseppe Farina |
30 de xullo de 1950 | 158 | Gran Premio das Nacións | Xenebra, Suíza | - | Juan Manuel Fangio |
15 de agosto de 1950 | 158 | Coppa Acerbo | Pescara | - | Juan Manuel Fangio |
26 de agosto de 1950 | 158 | International Trophy | Silverstone | F1 fóra de campionato | Giuseppe Farina |
3 de setembro de 1950 | 158 | Gran Premio de Italia | Monza | Fórmula 1 | Giuseppe Farina |
27 de maio de 1951 | 159 | Gran Premio de Suíza | Bremgarten | Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
2 de xuño de 1951 | 159 | Ulster Trophy | Dundrod | - | Giuseppe Farina |
17 de xuño de 1951 | 159 | Gran Premio de Bélxica | Spa | Fórmula 1 | Giuseppe Farina |
1 de xullo de 1951 | 159 | Gran Premio de Francia | Reims | Fórmula 1 | Luigi Fagioli/Juan Manuel Fangio |
28 de outubro de 1951 | 159 | Gran Premio de España | Pedralbes | Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
2 de setembro de 1951 | 159 | Gran Premio de Bari | Bari | - | Juan Manuel Fangio |
1953 | 159 | Gran Premio de Merano | Italia | - | Juan Manuel Fangio |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Motor | Modelo | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | 158 | Alfa Romeo 158 1.5 L8 | P | GBR | MON | 500 | SUI | BEL | FRA | ITA | 88 | -* | ||
Giuseppe Farina | 1 | Ret | 1 | 4 | 7 | 1 | ||||||||
Juan Manuel Fangio | Ret | 1 | Ret | 1 | 1 | Ret | ||||||||
Luigi Fagioli | 2 | Ret | 2 | 2 | 2 | 3 | ||||||||
Reg Parnell | 3 | |||||||||||||
Gianbattista Guidotti | NTS | |||||||||||||
Consalvo Sanesi | Ret | |||||||||||||
Piero Taruffi | Ret | |||||||||||||
1951 | 159 | Alfa Romeo 158 1.5 L8 | P | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | ESP | 75 | -* | |
Giuseppe Farina | 3 | 1 | 5 | Ret | Ret | 3 | 3 | |||||||
Juan Manuel Fangio | 1 | 9 | 1 | 2 | 2 | Ret | 1 | |||||||
Toulo de Graffenried | 5 | Ret | 6 | |||||||||||
Consalvo Sanesi | 4 | Ret | 10 | 6 | ||||||||||
Gianbattista Guidotti | NTS | |||||||||||||
Luigi Fagioli | 1 | |||||||||||||
Felice Bonetto | 4 | Ret | 3 | 5 | ||||||||||
Paul Pietsch | Ret |
* O Campionato de Construtores non celebrouse ata 1958.
O 158/159 Alfetta segue sendo un dos coches máis exitosos da historia da Fórmula Un, gañando todas as carreiras nas que participou en 1950 e gañando 4 das 7 carreiras (cun podio en todas as outras 3) en 1951.
|title=
e |título=
redundantes (Axuda); |archive-url=
e |urlarquivo=
redundantes (Axuda); |archive-date=
e |dataarquivo=
redundantes (Axuda); |access-date=
e |data-acceso=
redundantes (Axuda)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfa Romeo 158/159 Alfetta |