O motor de avión Liberty mostra a configuración V8.
Bloque dun motor V8 de American Motors Corporation.
Motor V8 nun Tauro Sport Auto V8 Spider.
Motor Renault F1 RS26 (2006), 2.398 cc V8

Un motor V8 é un motor con dous bancos de catro cilindros, que comparten veo de manivelas, formando unha "V".

Descrición

[editar | editar a fonte]

O V8 é unha configuración moi común para camionetas, automóbiles de gran tamaño e nos chamados "muscle cars". A súa cilindrada en raras ocasións é inferior aos 3.0L e chegou a achegarse aos 9.0L.

En moitas categorías de competición automobilística, especialmente nos Estados Unidos, este tipo de motores son comúns, úsanse na IRL e NASCAR. A Fórmula 1 comezou a tempada 2006 usando motores aspirados V8 de 2.4 L, reemplazando aos motores V10 de 3.0 L, nunha decisión encamiñada a reducir a potencia dos automóbiles.

Ángulos V

[editar | editar a fonte]

O ángulo entre bancos máis común é o de 90º. Esta configuración obtén un motor ancho e baixo en dimensións. Como moitos motores V6 e V10 foron resultado dos deseños do V8, normalmente usan o ángulo de 90º tamén, pero con algúns cambios, por exemplo bielas máis complexas, para igualar o ciclo de aceso.

Con todo, algúns motores V8 usan diferentes ángulos. Un exemplo notable é o Ford/Yamaha V8 usado no Ford Taurus SHO. Baseouse no Duratec V6 de Ford e comparte o ángulo V de 60º. Unha versión deste motor úsana os vehículos Volvo en 2005. En anos anteriores, Electro-Motive fabricou unha versión de 8 cilindros do seu modelo 567 Diésel de locomotora, que ten un ángulo de 45 grados entre os cilindros.

Cross-plane e flat-plane

[editar | editar a fonte]

Hai dous tipos de V8 que se diferencian polo tipo de veo de manivelas:

Notas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]