-
Igrexa de Santa Marina de Cabral
Cabral | |
---|---|
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°13′24″N 8°39′24″O / 42.223311111111, -8.6566027777778Coordenadas: 42°13′24″N 8°39′24″O / 42.223311111111, -8.6566027777778 |
Poboación | 6.684 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 45[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Cabral é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembrive, Candeán e Lavadores e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 23 entidades de poboación, 22 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 6.684 habitantes (3.249 homes e 3.435 mulleres).
As súas entidades de poboación son as seguintes: Alza (376), Ameal (111), Becerreira (719), Besada (61), O Caeiro (587), O Carballal (416), O Casal (86), Cernades (233), A Feira (358), As Figueiras (66), As Fontiñas (825), O Gorxal (272), A Igrexa (185), Maceiriña (177), Molais (89), Nogueira (356), Parada (163), Peinador (65), A Penís (1.062), Requeixo (140), A Retorta (49), Rinxela (61) e O Sello (332). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Amaro, Borralliños, O Calvario, A Chan, Coto Grande, Gondarisco, Grileira, A Lameira, A Lomba, O Loureiro, A Mancoña, O Meixoeiro, As Patas, A Pebidal, A Ponte, As Rans, Remesil, O Riomao, San Pedro, Sanín, O Tanque e As Valadas.
Na parroquia atópase o aeroporto de Peinador, o IFEVI en Coto Grande e diversas instalacións industriais, como a fábrica do Grupo de Empresas Álvarez (un dos motores do desenvolvemento económico de Vigo). Destaca tamén o parque forestal da Becerreira.
Posúe preto de cen hórreos inventariados, a maioría con máis dun século de antigüidade, ademais de numerosos lavadoiros e petos de ánimas. A igrexa parroquial foi construída a mediados do século XVIII.[Cómpre referencia]
As festas máis importantes de Cabral son as da patroa Santa Mariña o día 18 de xullo, a Virxe das Dores a mediados do mes de setembro e a romaría do Pan de Millo no parque forestal de Coto Grande, ademais da festa do cabazo de Cabral no barrio do Carballal.
Lugares da parroquia de Cabral no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Alza | Amaro | Ameal | Becerreira | Borralliños | O Caeiro | O Calvario | O Carballal | O Casal | Cernades | A Chan | Coto Grande | A Feira | As Figueiras | As Fontiñas | Gondarisco | O Gorxal | Grileira | A Igrexa | A Lameira | A Lomba | O Loureiro | Maceiriña | A Mancoña | O Meixoeiro | Molares | Nogueira | Parada | As Patas | A Pebidal | Peinador | A Penís | A Ponte | As Rans | Remesil | Requeixo | A Retorta | Rinxela | O Riomao | San Pedro | Sanín | O Sello | O Tanque | As Valadas | Vesada |