O asalto do bou Eva foi un dos episodios máis tráxicos da represión franquista en Galiza. O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo.

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]

Os pasaxeiros, de distinta orientación política, eran os galeguistas José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao (curmáns de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), os socialistas Manuel Martínez Moroño, José Rodríguez Lorenzo e Fernando Rodríguez Lorenzo, e os comunistas Luís Álvarez González, Camilo Campos Méndez e o matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira.

Perfís

[editar | editar a fonte]

Historia

[editar | editar a fonte]

Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco. Arrimaron un barco alxibe do porto e asolagaron a bodega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense ós falanxistas.

Este suceso foi omitido polo réxime de Francisco Franco, e nulamente difundido durante a Transición española.

Segundo Xesús Alonso Montero, presidente do Foro pola Memoria:

"Un suicidio colectivo coma o do bou Eva non sucedeu en ningún outro lugar durante a Guerra Civil [...] se este país estivese normalizado, a historia do bou Eva estaría reflectida xa en películas, en libros ou no teatro".

Na literatura

[editar | editar a fonte]

O relato curto "Trae os mistos, arriba España" de Inma López Silva toma como base o asalto do bou Eva. Publicado por primeira vez en 2003,[10] está recollido no seu libro Tinta (2012).

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Ficha de José Losada Castelao.
  2. Ficha de Manuel Rodríguez Castelao.
  3. Ficha de Manuel Martínez Moroño.
  4. Ficha de José Rodríguez Lorenzo.
  5. Ficha de Frenando Rodríguez Lorenzo.
  6. Ficha de Luis Álvarez González.
  7. Ficha de Camilo Campos Méndez.
  8. Ficha de Carmen Miguel Agra.
  9. Ficha de Anxo Nogueira Nogueira.
  10. "Trae os mistos, arriba España". Dialnet. Consultado o 22 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]