Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1895 Castrelos, España |
Morte | 31 de marzo de 1987 (91 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , fotógrafo |
Pseudónimo literario | Bene |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Xesús Conde González |
Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en Castrelos (Vigo) o 7 de maio de 1895 e finado na mesma cidade Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.
Foi mordomo, taxista, pintor e finalmente xornalista e fotógrafo. Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e na escola de Xornalismo de El Debate. Foi redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, correspondente da Axencia Logos e colaborou noutras publicacións. Como fotógrafo participou na fundación da Agrupación Fotográfica Gallega e recibiu algúns premios. Foi un dos primeiros xornalistas que escribiu en galego.[1]