Infotaula de personaDesiderio Pernas
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1930 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Desiderio Pernas Martínez, nado en Vigo o 26 de marzo de 1930 e finado na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1996, foi un arquitecto galego recoñecido internacionalmente e artífice da introdución da nova linguaxe moderna en Vigo. Ademais da súa obra como arquitecto sentiu unha gran paixón pola pintura e a música, feito que se vería reflectido na súa obra.

Igrexa de Nosa Señora do Rocío.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Igrexa parroquial de San Paio de Lavadores.

Pernas naceu nunha familia vinculada ao mundo da construción feito que o levou a estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid unha vez rematados os estudos de secundaria na cidade olívica. En 1956 obtivo unha bolsa IASTE e trasladouse aos Países Baixos, onde traballou no departamento de Construción de escolas municipais na Haia e seguiu un curso de acústica na televisión de Delly. Ao ano seguinte consegue outra bolsa IASTE, esta para Inglaterra, onde colaborou na construción dun novo centro de televisión para a BBC preto de Londres.

Obtivo o título de arquitecto aos 28 anos, obtendo ao rematar a carreira a prestixiosa bolsa Fulbright e trasladouse a Chicago á Escola de Arquitectura do ITT, onde foi alumno de Ludwig Mies van der Rohe e recibiu cursos de especialización.

Teatro García Barbón, restaurado por Pernas entre 1982 e 1984.[2]

En 1963, estableceu o seu estudo de arquitectura en Vigo. Nese mesmo ano gañou o concurso de arquitecto escolar. Así, construíu escolas públicas ata 1972. En 1964 conseguiu o doutoramento. En 1970 construíu na cidade de Pontevedra un edificio para centro social e cultural do barrio de Campolongo, que desde 1984 alberga a delegación provincial do Instituto Nacional de Estatística.[3][4] No seu estudo de Vigo formáronse e colaboran outros arquitectos como José Herrero, Luis Manso, José M. Quinteiro ou Pedro López. En 1988 recibiu o Premio Dragados y Construcciones pola rehabilitación do Teatro García Barbón.

Pernas e os seus contemporáneos (Bar Boo, Alberto Baltar, Agustín Pérez Bellas, Tomás Pérez-Lorente,...) conseguiron introducir a linguaxe da arquitectura internacional en Vigo e foron os principais representantes do movemento moderno que significou un novo soplo de aire fresco na cidade.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Igrexa parroquial na Avda. de Castelao de Vigo, 42°13′05″N 8°44′55″O / 42.218188, -8.748546
  2. Teatro García Barbón na páxina do Concello de Vigo.
  3. "Edificios singulares". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2013. 
  4. "Campolongo arranca al Estado el compromiso para que los vecinos recuperen la sede de Estadística". Faro (en castelán). 28 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]