Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1865 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de xullo de 1957 (92 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Aurora Manterola |
Premios
| |
Eduardo Cabello de Samano Ebrentz, nado en Filadelfia o 17 de abril de 1865 e finado en Vigo o 26 de xullo de 1957, foi un enxeñeiro, artífice do Porto de Vigo.
Fillo de Félix Cabello de Samano y Gutiérrez de la Concha, natural de Argomilla de Cayón, Cantabria, e Luisa Ebrentz y Collins, de Nova York, afincados en Cuba, onde eran propietarios de fábricas de azucre, Eduardo naceu nos Estados Unidos de América, estando alí a familia polos estudos dos seus irmáns máis vellos.[1] Coa familia de volta en Cuba, fixo cinco anos de Bacharelato no xesuíta Colexio de Belén da Habana.[a]
En 1882, tralo pasamento da súa nai, Eduardo trasladouse a Madrid a estudar enxeñaría, aloxándose na casa do tío do seu pai, o xeneral José Gutiérrez de la Concha, Marqués da Habana, Expresidente do Consello de Ministros do Goberno de España e daquela Presidente do Senado.[1]
Foi enxeñeiro director de obras do Porto de Vigo, promotor e impulsor das instalación portuarias da súa contorna, de Bouzas a Guixar, para o que fixo un ambicioso proxecto levado a cabo en gran parte.
Finou aos 92 anos de idade e foi soterrado no Cemiterio de Pereiró.[2]
Levan o seu nome unha rúa e a alameda lindeira, en Bouzas, Vigo,[3] onde hai unha escultura que lle dedicou Francisco Asorey.
En agosto de 1929 recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil. Foi nomeado fillo adoptivo da cidade en xaneiro de 1930 e en outubro dese mesmo ano outorgóuselle a Gran Cruz do Mérito Naval con Distintivo Branco.[4]
O seu xenro, Amador Montenegro López Saavedra, casado coa súa filla María Luisa Cabello Manterola, compilou e transcribiu as memorias do sogro, que foron publicadas en 1991 polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Madrid.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Cabello |