Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

exónimos en galego[editar a fonte]

como non sei se pór isto en "Técnica" ou en "Políticas", vén para acá.

Podedes ver aquí a noticia dun proxecto da Consellaría de Innovación e Industria e da CRTVG para crear unha base de datos en liña de topónimos internacionais en galego. Contará coa colaboración do ILG e a RAG, para estabelecer criterios xerais de adaptación dos nomes de lugar estranxeiros e indicacións para a súa pronuncia. Esta base de datos vai abranguer o nome de todos os países e as súas capitais, as principais cidades, provincias e rexións, ademais dos principais accidentes xeográficos, que hán constituír un Atlas Galego en liña.

Penso que isto afectará directamente á galipedia dun modo moi positivo. Poderemos estar de acordo ou non cos nomes do futuro Atlas, pero polo menos unificaranse criterios.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 19:52, 4 setembro 2008 (UTC)

Si, creo que vai ser de moita axuda. A ver se sae cedo e podemos botarlle unha ollada. --Albert galiza 15:11, 6 setembro 2008 (UTC)

Teixido, Cedeira[editar a fonte]

Rematei de elaborar as caixas de lugares de Cedeira e atopei un pequeno problema que paso a comentar. Á hora de facer as caixas consultei o Nomenclátor e decateime que non atopaba Teixido por ningures. Busquei no Ige e atopeino como un lugar da Parroquia de Régoa, porén cando buscas no Nomenclátor parroquias co nome de Teixido si aparece, mais non o fai cando buscas as parroquias de Cedeira. Logo a miña dúbida é Teixido, Cedeira ou Teixido, Régoa, Cedeira? Unha vez tomada a decisión deberiamos anular unha das dúas entradas.--PepedoCouto 09:12, 22 setembro 2008 (UTC)

Pronuncia[editar a fonte]

¿Plantexouse algunha vez a posibilidade de recoller a pronuncia dos títulos dos artigos? Refírome especialmente a nomes de personaxes, etc, estranxeiros. Furagaitas* 01:27, 23 setembro 2008 (UTC)

Pois creo que nunca se prantexou. Refíreste a unha transcrición fonética? Ademais, tamén dispoñemos de arquivos de audio con algunhas pronunciacións como por exemplo Dostoievski: http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Ru-Dostoevsky.ogg
Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 15:13, 23 setembro 2008 (UTC)
Vexo que captaches a idea. Eu non pensara no do arquivo de audio, pero tampouco non está mal. A transcrición fonética é un recurso que utilizan algunhas enciclopedias en papel, que me parece interesante, e que non recordo ter visto en ningunha Wikipedia... Furagaitas* 22:11, 23 setembro 2008 (UTC)
As duas fanse un exemplo, en:Beijing a pronuncia escrita en en, e o arquivo audio en fr:Pékin.ElviraConversa comigo 05:56, 24 setembro 2008 (UTC)

Políticas e Tabernas[editar a fonte]

Como se nota que é domingo... . O que quero e saber se as nosas políticas e tabernas teñen cor, se non o teñen, poderíamos pasar a facelo, como xa se fai noutras Wikipedias; por exemplo, na Wikipedia en Castelán faise así:

Na Taberna
Nas Políticas

Reserva da biosfera[editar a fonte]

Un gracioso meteu a zoca varias veces no artigo Reserva da biosfera aínda que logo parece que o reverteu e agora non se visualizan no texto. Aínda así, procedín a bloquealo unha semana. O caso é que esas "gracias" seguen aparecendo ó edita-lo artigo, como se estivesen en formato nowiki. Ademais non se ven as notas, cando sí que está a sección e as "references". Algún administrador con máis coñecementos debería botar un vistazo e solucionalo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:09, 31 outubro 2008 (UTC)

Vin o escribiches e corrixino eu. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:16, 31 outubro 2008 (UTC)

Sondaxe de opinión[editar a fonte]

Na wiki fr atopei isto : [[3]]. Semella estar en varias wikis. Eu conto facelo en fr, agás esista en galego e sexa mellor que o faga en galego se hai unha razón. ? ElviraConversa comigo 18:48, 3 novembro 2008 (UTC)

Parece que non o hai en galego. Si o hai en castelán, e portugués, para que non entenda o francés. Saúdos, Miguel.lima 21:36, 3 novembro 2008 (UTC)
Por certo, deixo os enlaces: portugués e castelán. Miguel.lima 21:37, 3 novembro 2008 (UTC)

Solicito o bloqueo da IP 83.167.137.85 Se mirades as súas contribucións limítanse a Vandalismo no artigo Vila de Cruces, introducindo sempre o nome dun persoeiro que non existe. Grazas. --Xas (fálame) 14:40, 12 novembro 2008 (UTC)

¿Que significa...?[editar a fonte]

No artigo corazón, ¿que significa o modelo ((Link FA|zh))? Pedro --Lameiro (conversa) 23:45, 10 decembro 2008 (UTC)

Debería significar que foi artigo destacado en zh.wp, que xuraría que é un dos chineses. --Xabier Cid Conversa 00:35, 11 decembro 2008 (UTC)
Ese modelo fai que nas interwikis apareza o artigo nesa lingua cunha estreliña, en referencia a que é un artigo de calidade nesa wikipedia. Alberte Si, dígame? 11:21, 11 decembro 2008 (UTC)

Valencia[editar a fonte]

No artigo Valencia quedan uns enormes espazos en branco totalmente antiestéticos. ¿Alguén sabe solucionar este problema? Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 11 decembro 2008 (UTC)

Tradución ó galego de obras en castelán[editar a fonte]

No artigo Santiago Ramón y Cajal divídense as súas obras en 4 grupos: Científicas, Memorias, Artigos e Monografías, e Outros. Os títulos destas obras están en castelán (ou francés) no apartado de Artigos e Monografías, pero traducíronse ó galego nos outros tres grupos. Como queira que parece seguro que non as publicou en galego ¿é correcto facermos esa tradución? A verdade é que non parece nin coherente (traducir uns si e outros non) nin respectuoso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:44, 12 decembro 2008 (UTC)

Deberiamos ter un espazo de anexos para estas cousas, si. --GallaecioE logo? 00:38, 31 decembro 2008 (UTC)

tradutores automáticos[editar a fonte]

Un exemplo do dano que poden face-los tradutores automáticos cando non son revisados. Nos artigos cromosoma e cromosomas aparece esta frase: "Severo Oita completa o código xenético". Así naceu a forma "galega" do apelido Ochoa (Severo Ochoa). Vivir para ver: a realidade supera a ficción. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:36, 14 decembro 2008 (UTC)

Isto podería usalo Alberte para as súas anotacións sobre vandalismos. Vale que non son vandalismos puros e duros, pero o seu toque teñen :-) --GallaecioE logo? 00:51, 31 decembro 2008 (UTC)

Extrasolar, Planeta Extrasolar e Exoplaneta[editar a fonte]

Coma non sabia onde facer a miña pregunta pois vai aquí, ben, mirando ó artigo Exoplaneta dinme conta que existían moitas ligazóns a Planeta extrasolar, coma significan exactamente o mesmo e non estaba feito este último, fixen unha redirección de planeta extrasolar a exoplaneta, nada problemático; o problema ben que sen querer atopei Extrasolar, un artigo que o seu editor debeu chamar planeta extrasolar que esta bastante anticuado; pero esto non é todo xa que se un se puxese a mirar cal das dúas versións é o mellor, se Exoplaneta ou Extrasolar, daríase conta que o primeiro é un esbozo e que o segundo coma mínimo carece de moita información (parte dela errada).

Que se fai nestes casos??? --Xabier Cancela (fálame 21:55, 21 decembro 2008 (UTC)

Sobre a palabra alcume[editar a fonte]

Na Galipedia en moitos modelos úsase a palabra 'alcume' como sinónimo de sobrenome ou semellante. No número 88 de 'Un idioma preciso' tratan de 'Alcumes na Internet' nesa páxina din "O 'nome que se lle dá a unha persoa, tomado dos seus defectos físicos, morais ou doutras circunstancias’ coñécese como alcume ou alcuño." Á vista diso creo que deberiamos reconsiderar o uso de alcume co significado de sobrenome. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:59, 23 decembro 2008 (UTC)

Non me refiro ao sobrenomes que aparecen como alcumes nos campos da caixas de información (iso si habería que referencialos) senón ao uso xeralizado da palabra alcume para refirirse a eses sobrenomes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:32, 23 decembro 2008 (UTC)
Si, si, xa te entendo. O que digo eu é que non comparto ese matiz: que sobrenome sexa neutro e alcume despectivo, e para min alcume e sobrenome (e outros) son perfectamente sinónimos. E apostaría algo a que para a maioría dos galegos tamén. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:47, 23 decembro 2008 (UTC)
Pra min son o mesmo. De feito, uso alcume con normalidade, e a metade das veces non ten nada que ver con defectos. --GallaecioE logo? 00:57, 31 decembro 2008 (UTC)

Categoría:Xitanos[editar a fonte]

O asunto leva ano e pico debatíndose -é un dicir- o borrado desta categoría Categoría:Xitanos. Alberte e mais eu apoiamos o borrado e Hugo propón unha votación, o que fai que non o borre directamente. Eu sigo pensando que non debemos categorizar por razas. De feito raza negra ou amerindio están categorizados en categoría:antropoloxía. Tamén é certo que en español manteñen a categoría Gitanos e en portugués Ciganos, e tamén en francés e inglés estan como Grupos Étnicos de... Insisto porque para tomar unha decisión (manter, borrar) sería bo contar con máis opinións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:58, 23 decembro 2008 (UTC)

Bo Nadal !![editar a fonte]

Nestas datas tan entrañables quixera mandarlle a toda a comunidade da Galipedia unha aperta moi forte e a miña profunda e sincera gratitude polo ano tan apaixonante que pasei aquí.

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO  !!!

--Furado 16:58, 24 decembro 2008 (UTC)

Sobre os artigos solicitados[editar a fonte]

Ola a todos. Levo uns días a realizar os artigos solicitados sobre a música (a que me estou dedicando case en exclusiva dende que comencei na Galipedia) que podo ver no portal da comunidade. Como non sei como ni quen escolle estos artigos viña a preguntar aquí (¿é o lugar correcto?) se o artigo que se pide baixo o nome Liet-Laviut se refire a en:Liet-Lavlut, xa que é o unico artigo o que atopei que podería referirse nos outros idiomas. De ser así, habería que cambialo nome (cousa que a día de hoxe non sei como facer). Un saúdo --Jordav 20:38, 27 decembro 2008 (UTC)

Causa do borrado dunha páxina[editar a fonte]

Acabo de borrar "Wikipedia:Categorización de artigos" e por pulsar onde non debía apareceu motivado como "Vandalismo". Que conste en acta que de vandalismo nada de nada. Foi a solicitude do autor, Gallaecio, e a culpa de que constase ese motivo é exclusivamente miña. Laméntoo, amigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:17, 30 decembro 2008 (UTC)

:-) Agora quedará no meu expediente... Un saúdo! --GallaecioE logo? 00:18, 31 decembro 2008 (UTC)
Non sei por que lle dades tanta importancia. Se che falan dun usuario de Galipedia non te acordas, pero se che din que fixo vandalismo, xa che soa máis. :-) (PS: moitas grazas polas molestias --GallaecioE logo? 01:15, 3 xaneiro 2009 (UTC)) Bueno, só pasaba para dicirvos:

Feliz aninovo!!!![editar a fonte]

-) (dise aninovo? saqueino de Shin Chan) --GallaecioE logo? 23:10, 31 decembro 2008 (UTC)