Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26 |
---|
Hai tempo que quería facer esta pregunta. ¿Que entendemos por artigo "enciclopédico"? ¿Que criterios temos, se é que os temos, para decidilo? ¿Onde poñémo-lo listón para admitir ou non un artigo na Galipedia? Excluímos, queda claro, copyvios, vanglorias, artigos ofensivos e paridas diversas. Excluímos tamén artigos que teñen o seu sitio no Galizionario (entradas de dicionario, non de enciclopedia). ¿Vale todo o demais? ¿Valen, concretamente e para que me entendades, os artigos recentemente creados sobre os 11 lugares de Graba, Silleda, que unicamente din que pertencen a Graba, Silleda e o número de habitantes? ¿Caben na nosa Galipedia os 8 artigos sobre os 8 lugares de Canedo, A Pobra do Brollón? ¿É enciclopédico o de A Casanova, Triabá, Castro de Rei e o seu porco vietnamita? Di Estevoaei que ten visto artigos con menos: ¿un artigo con menos ca estes exemplos é un artigo enciclopédico?
É o eterno dilema entre cantidade e calidade. Ou sobre se o tamaño importa ou non (o tamaño da Galipedia e mailo tamaño dos seus artigos). Eu son dos que prefiriría menos artigos e máis completos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:22, 4 abril 2008 (UTC)
Vin eses artigos á tarde, pero cumpríame algo de calma pra meterme con eles. Fareino deseguida. Pero antes quería responderche sobre o concepto de enciclopédico. Dicir que un lugar pertence a unha parroquia (algo que polo demais xa se di no título) non é enciclopédico. Para que un artigo deba manterse ten que ter un contido substancial, e aí, loxicamente, varían os criterios. Eu son un tipo inclusionista en xeral, e prefiro solucionar artigos antes que borralos. Pero entendo que un artigo que non inclúa ligazóns porque nin sequera ten contidos pra incluílas, non debe manterse. Con todo, é verdade que hai lugares dos que pouco se pode dicir, e que, dende un punto de vista estrutural, son necesarios: non tería moito xeito que tivesemos tres lugares dunha parroquia porque nun hai un castro, no outro unha igrexa e no outro está un cruceiro do XVIII, e outros dous lugares non aparecesen porque non teñen ningunha desas tres cousas. En todo caso, se un artigo é enciclopédico ou non é unha cuestión de interpretación, e pode e debe discutirse cada caso concreto. Tamén podería ser que alguén puidese facer un artigo de 100 liñas sobre calquera deses lugares, así que non é algo que teña que ver coa entidade, senón co artigo. Non sei se me explico. --Xabier Cid 00:05, 5 abril 2008 (UTC)
Outra consideración, ó fío da anterior, é o marcador dos artigos en progreso. O primeiro é que tódolos artigos da Galipedia poden -e deben- considerarse en progreso continuo (melloras de redacción, ampliación de información, referencia-los datos, engadir imaxes, etc.). Quero crer que o marcador naceu coa idea de que o utilizara o editor que estaba traballando e ampliando o artigo. Con esa marca, o editor recoñece que o artigo non está completo pero manifesta (ó meu entender) que está traballando nel. Cando considere que xa non pode achegar máis (o que non quere dicir que outra persoa non poida facelo), saca a marca e deixa o artigo "normalizado".
O uso deste marcador nun artigo no que o único que se fai é unha introdución sen intención de seguir "progresando" é (ó meu entender) un uso inadecuado. Non parece de recibo abrir un artigo, poñe-lo marcador de progreso e deixalo esquecido para que o que veña atrás que arree. Temos artigos marcados "en progreso" hai anos e moitas veces un xa non sabe se segue sendo necesaria tal marca.
Esta debería ser outra fronte de traballo na liña de calidade vs. cantidade: rematar cos artigos "en progreso". Completa-lo artigo ata onde sexa posible (si, dentro do que podemos chamar "normal"), ou ser valentes e cargarse ese artigo que non progresa por moita marca que lle poñamos. E esta decisión ten que ter un prazo. Non sei, ¿tres meses?
Pedro --Lameiro (conversa) 23:49, 4 abril 2008 (UTC)
Non sei se debemos porlle un prazo. Tampouco creo que haxa que borrar a maior parte dos artigos en progreso. Pero concordo plenamente contigo en que as marcas de 'en progreso' son unha incongruencia, e que debemos facer que desaparezan, pouco e pouco. Que cada vez que atopamos unha decidamos se borrar a marca ou borrar marca e artigo. Para os artigos nos que alguén está traballando existe a marca en uso. E ben que abonda. --Xabier Cid 00:08, 5 abril 2008 (UTC)
Temos dous artigos Límicos e Civitas Limicorum, que conteñen exactamente o mesmo texto (o primeiro wikificado, o segundo non), nos que onte editou un mesmo usuario: 88.11.126.19 modificando o contido anterior. Non teño nin idea dos "Pobos prerromanos de Gallaecia" para xulga-los artigos orixinais e valorar cal procede e cal non. Tampouco sei volver á edición anterior boa no segundo artigo, onde semella que fixo a desfeita. Aí queda o aviso para que alguén vexa os cambios e recupere o que tiñamos (e, se procede, darlle un aviso á IP). Pedro --Lameiro (conversa) 21:46, 5 abril 2008 (UTC)
Acabo de descubrir que temos dúas categorías do mesmo nivel: Categoría:Ecoloxía e Categoría:Medio Ambiente, cada unha con contidos similares. Unha subcategoría de Ecoloxía é Medio Ambiente, pero non ten o mesmo contido que aquel. Aí temos outro chollo co que traballar estes días. Pedro --Lameiro (conversa) 22:48, 6 abril 2008 (UTC)
A páxina de homónimos lagarto non ten sentido. A entrada principal tería que ser lagarto (sen máis, e non como hoxe temos: lagarto, saurio) e, cando proceda, xa se creará outra co título Lagarto (Brasil) (ou Lagarto, Brasil, non sei). Pedro --Lameiro (conversa) 17:45, 8 abril 2008 (UTC).
Estimados amigos:
Son Jesús Arribi e traballo como profesor de ciclos formativos no IES San Clemente, en Santiago.
Os Departamentos de Informática e Galego deste centro público estamos a organizar unha actividade para dar a coñecer a Galipedia entre o profesorado (preto de 70 persoas). Os obxectivos desta actividade son, principalmente, tres:
Para esta sesión informativa que, probablemente, se impartiría o próximo venres día 9 de maio, gustaríanos contar coa axuda dalgún dos administradores da Galipedia (ou de varios, se o cosiderades oportuno).
A duración do relatorio podería ser en torno a 1 hora. Nel explicaríase a natureza da Galipedia, obxectivos, filosofía, normas, ou calquera outra cousa que vos pareza de interese. Máis adiante organizaríamos outra sesión de volcado de contidos propiamente ditos, tamén en función da aceptación que tivese a primeira sesión.
Por favor, se algún de vós me puidera confirmar o seu interese en participar nesta sesión estaríamos moi agradecidos.
Gracias de antemán.
Un saúdo.
J. Arribi 77.27.5.53 15:58, 30 abril 2008 (UTC)
Vou tentar contactar con esta persoa en función dos datos que fornece (que non son demasiados, a verdade), por proximidade xeográfica. O de Ordes: onte quedei coa organizadora para mañá a ver como facemos. Sobre o "temario" da charla, teño unha idea (wikiproxectos, os piares, dinámicas na comunidade) e non é que non queira ensinalo: é que estou un pouco vago. Mañá coméntovos de que falamos. Se alguén quere vir, quedamos de atoparnos na porta do Reixa (entre rúa Vilar e Nova creo que é) ás 19.45, pero igual logo nos movemos. -- Sobreira (parlez) 11:20, 7 maio 2008 (UTC)
Ola a todos outra vez. Veño do instituto SClemens e falei con JArribi: sería inicialmente para o profesorado e de 45-60 minutos. Convenimos en que xa era un pouco precipitado facer algo para pasado mañá, pero que aínda se podía aproveitar que a semana que vén era a das letras galegas como excusa para comezar coa iniciativa e picar a curiosidade de xente que, por outra banda, pode ter bastante boa predisposición. Fun creando xa algún "temario": tédelo en http://gl.wikibooks.org/wiki/Usuario:Sobreira#charlas (odedes editar alí sen problemas se tedes máis ideas). Son máis partidario da espontaneidade pero se puidese gravaría o choio para logo transcribir o máis interesante. Mañá pola tarde máis, que falo coa de Ordes. E, por suposto, calquera persoa máis é benvida. Aínda non xantei, así que me igual por iso me comín a sinatura: -- Sobreira (parlez) 14:27, 7 maio 2008 (UTC)
-- Sobreira (parlez) 07:55, 15 maio 2008 (UTC)
Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:08, 7 maio 2008 (UTC)
No artigo O Grove mantémo-lo marcador "Eleccións en progreso" que supoño que xa é tempo de borralo. Se ese marcador se creou para incluí-los datos das municipais do ano pasado (¡xa choveu un ano!), esa información xa está posta e ó día. Se pretendía algo máis, vós diredes qué falta. Supoño que este problema do marcador obsoleto afectará a moitos outros concellos, pero cada un fala do que sabe. Así que ¿que fago? ¿podo borralo? Pedro --Lameiro (conversa) 17:32, 7 maio 2008 (UTC)
Asumo que vos interesará como foi o das charlas, e créome na responsabilidade de contalo, así que aí vai a batalla do avó para quen queira lela:
Cheguei con moito tempo a Ordes así que fun tomarme unha hamburguesa ó campo da feira, e fun de safari fotográfeco porque paresce ser que non tiñamos afotos da vila. Aghora están despoñibles nunha galería ligada dende o artigo de Ordes. Non son grande cousa, ademáis coa miña acámara, pero menos é nada. A verdade é que ben difícil é facerlle unha foto ó concello sen que saia o tráfeco, porque hai unha cantidade de camións de cara..o (xentileza de Sogama), co cal íame xa chegando o tempo para ire á sede de Comarcas e aparecer con tempo de montar o portátil. Dixéranme que alí non había rede, así que gravei algunhas páxinas de proxectos (wikt,wiki,source,books,species,commons,meta) e idiomas (moito se sorprenderían despois ó escoitar que había wikis en cherokee ou sioux). Chegaron os outros convidados: un de Vieiros, outro de .gal e un escritor que publicou a súa obra en liña e descargable nunha editorial (como non) da comarca de Vigo. Estabamos na porta na hora de comezo e non aparecera ninguén de público. Pasou o tempo e tampouco. Un pouco tempo máis e a xente que entraba ía ó curso de encaixe ou pandeireta (é un dicir). Chegaron dous asistentes, fumamos un pito con eles por se viña alguén máis (que foron 2) e entramos. Comezou o de puntoGal e logo fun eu.
Tiña idea de gravarme pero os nervios puidéronme (ou a vergoña). Fun ensinándolles o do guión que expuxen pero unhas cantas veces diversei (irse por los cerros de Úbeda, Jaén) e tiven que cortarme a min mesmo. Contra remataba, como o ordeñador levaba tempo sen enchufado, meu pobriño, comezoulle a pitar a baterida e tiven que apagalo porque xa rematara e por non montar un espectáculo de cables. Como foi a fin de contas? Un pequeno desastre porque non bastante desordenado, pero aprendín que as anécdotas son moi agradecidas para cativar a atención popular. Mea culpa por non preparar con máis detalle o que ía dicir, pero en realidade non moito máis se podía facer porque os asistentes non eran do máis esperable: o universo receptor (léase público de 4 e logo outra máis) era entre 40 e 55 anos approx. (a unha sooulle o móbil por segunda vez e volvimos ser 4). Insistín en
O que máis me dá que valeu é que foi unha práctica para a mañá seguinte.
Insistiron en regalárennos un pendroio USB (pen-drive ou memory-stick) que levei comigo pero que se alguén precisa non teño problema en pasar, e uns carteis-mapas das provincias e comarcas que galantemente cedería o día seguinte ó compostelán Instituto de ...
Son un desastre. A charla era ás 11 e quedei durmido ata as 10.00!! Collín a bici e cheguei con tempo dabondo de sobra. Púxenme en contacto con JArribi que estaba en clases e fomos preparar xa algo con algo de tempo por se acaso. Non chegara máis ca un asistente na hora sinalada, o cal non era indicativo de ausencia senón de impuntualidade, así que fomos fumar co asistente para que non escapase (é broma). Volvimos e xa había varios profes e profas (10 ou mesmo 15), de mellor disposición e maior receptividade potenciais cós do día anterior. Tamén me puideron os nervios para autogravarme co meu MP3: a verdade é que un estaba ó que estaba e non pensaba en inmortalizarme para as xeracións futuras. Cómpre dicir que neses momentos había profesores en clase así que a asistencia parece que foi boa, parece ser que moitos eran profesorado de galego. Contra a metade chegaron algúns alumnos, dos cales quedaron a metade (intentei dirixirme a eles tamén coa mirada e mesmo movín a pantalla que mos tapaba, para que non sentisen que só ía co profesorado). Tamén neste caso divaguei polos outeiros de Jaén, pero a maior concentración e frecuencia de anécdotas (que ás veces tampouco nin viñan ó caso), mesmo batallas do día anterior, parece que tivo máis éxito ou que o público era máis receptivo. Por suposto, puxen a wikipedia alemana e inglesa e o wiktionary francés polas nubes. Ata houbo interrupcións (non falo literalmente) con preguntas ou mesmo aplicacións (a idea que apareceu é a de facer inclusións de material docente que teñen). Interesoulles por exemplo que para as fórmulas non se precisase un editor específico, fixen un exemplo de inclusión in vivo de ligazóns ou imaxes na Wikipedia:Zona de probas e aproveitei para falarlles un pouco máis profundamente da comunidade, IPs e a wikietiqueta. Unha pregunta recorrente foi o da fiabilidade. A miña resposta foi unha tríada:
Non houbo oportunidade para faceren unhas probas de edición na sala de informática, pero púxenme á disposición de quen quixese editar nun futuro para solucionar problemas e rematamos. En petit comité despois, a directora aconselloume non moverme tanto xestualmente na exposición porque distrae a atención (algo difícil porque me ven de familia materna). Agasalláronme cunha colonia que difícilmente servirá para a metade dos galieditores, pero tampouco teño problema en declarar na alfándega. E xa estou canso de escribir e vós estarédelo de ler, así que finiquito (de Córdoba). Se alguén quere saber algún detalle máis, que pregunte. -- Sobreira (parlez) 20:32, 19 maio 2008 (UTC)
Por certo, sobre a colonia inmigrante de posibles futuros editores adquiridos: JArribi dixo que ía ser difícil facer algo máis no que queda de curso porque lles chegan os exames e que el mesmo non sabía se o ano que vén iría ter destino outra vez aquí, pero que o contacto estaba feito (ó cal eu tamén asentín) e que a ver o ano próximo... Das probas gráficas, a de Ordes tirou fotos da charla e dixo que tiña fotos da zona que podía ceder, a ver se contacto con ela para este tema. -- Sobreira (parlez) 21:02, 19 maio 2008 (UTC)
Creo que na distribución das parroquias estámolo facendo como se estas coincidisen plenamente cos concellos cando a realidade está ben lonxe de ser esa, e estamos utilizando como única referencia o nomenclátor da Xunta como se tal fose directamente a toponimia oficial tal como se aprobou, cando non é máis que unha elaboración sobre os datos que aparecen no DOG, que son os únicos que son oficiais. E así se collemos o decreto no que se aproba a toponimia da provincia de Ourense (DOG que establece a toponimia oficial na provincia de Ourense (PDF) vemos que as parroquias non coinciden coa división en concellos, hai parroquias con lugares de dous concellos, e por poñer un exemplo estamos tratando como se houbese dúas parroquias que se chaman San Vitoiro da Mezquita, unha na Merca:
e outra en Allariz:
Cando oficialmente son unha soa que se divide en dous concellos, tal como establece o decreto que oficializa a toponimia da provincia de Ourense e que di:
Allariz
A Merca
Semella boa solución a que xa aplicou Xabier, supoño que tamén podemos facer unha pequena variación no marcador de parroquias do concello informando de que a parroquia tamén ten parte das súas terras noutro concello. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:54, 3 xuño 2008 (UTC)
Como ya se anunció aquí, a finales del año pasado comenzó la discusión sobre el chapter de Wikimedia España. Todos los interesados pueden pasarse por la página o apuntarse a la lista de correo para obtener más información. En esta fase estamos ultimando los estatutos de la Asociación. Saludos. Gaianauta 2008-06-03
Ó borra-los resultados das municipais de 2007 en Melón (porque xa constan no cadro), que unha IP meteu nunha sección de "Política", non sei qué facer cos datos de 2003. ¿Consérvase nalgunha páxina o histórico das municipais dos diferentes concellos? Pedro --Lameiro (conversa) 14:29, 8 xuño 2008 (UTC)
Esta tarde, o anónimo 213.60.164.19 baleirou a páxina Superbikes e pasou o seu contido a un novo artigo, Superbike (nótese o singular), que creou. Carronada desfixo esa primeira acción e a consecuencia é que temos dous artigos exactamente iguais co mesmo título, un en singular e outro en plural. Como non sei nada de motos nin de campionatos de motos non sei cal se debe borrar e prefiro deixar aquí este aviso para que o faga outro. No caso de borra-lo plural, tede en conta o historial. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:57, 14 xuño 2008 (UTC)
¿Ten sentido crear artigos para describir unha rúa? Véxase Avenida de Augusto García Sánchez, creado esta tarde. A miña opinión persoal é que non, agás cando houbese unha rúa nalgures cunhas características moi especiais, o que non é o caso desta. Pedro --Lameiro (conversa) 21:02, 14 xuño 2008 (UTC)
Hola! Soy C'est moi, un sysop de es@wikipedia. El motivo de este post es para informarles que hemos creado un canal de IRC (w:es:WP:IRC) (con la idea original de Pasqual de ca@wikipedia) para las wikipedias de la península, el canal se llama #wikimedia-iberia. Pueden accesar desde aquí aquí , si tienen un cliente de IRC. O pueden usar un cliente externo como este y darle /join #wikimedia-iberia. Cualquier duda pregúntenme a mí o a Pasqual, de preferencia en es@wikipedia. Muchos saludos. —C'est moi @eswiki @enwiki 21:14, 8 june 2008 (UTC)
Modelo:Usuario IRC Wikimedia-Iberia Miguel.lima 10:41, 10 xullo 2008 (UTC)
Unha encarga para quen teña man en Commons. Hai alí unha categoría titulada como "Category:Anatomia del corpo humano". A pesar do título en castelán+galego, o texto está en inglés. Pero eu ía polo do título, que haberá que converter en "del cuerpo humano", se ha ir en castelán, ou "do corpo humano" se vai en galego. Nótese que ese extraño "del corpo" aparece varias veces máis, ademais de no título. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:52, 7 agosto 2008 (UTC)
Como algúns de vós saberedes, exite un proxecto chamado Betawiki que serve para manter, actualizar e facer correccións nas mensaxes MediaWiki (as cales forman a interface da Wikipedia). Ben, de cando en vez as mensaxes cambian de redacción e alí marcan as que quedan obsoletas para que os usuarios as actualicen. Malia isto, as mensaxes que foron creadas aquí (enténdase a Galipedia) non se actualizan automaticamente co texto da mensaxe xenérica (a de Betawiki)... e disto é do que vos vou falar. Neste inicio (un pouco prematuro) do "curso wikipédico" intentarei ir actualizando os centos de mensaxes que foron cambiando dende que foron creadas aquí (hai máis de dous anos, como mínimo). Quero avisalo para que, se queredes, me vaiades vixiando por se cometo algún erro para corrixilo, ou por se pensades que podedes mellorar unha mensaxe máis do que eu o fixen, ou me botedes a bronca se o fixen mal e antes estaba mellor... :( todo hai que dicilo ;). Nos resumos de edición porei algo como: «Mantemento das mensaxes MediaWiki: actualizacións/melloras/correccións». --Toliño Fala aquí comigo 12:05, 22 agosto 2008 (UTC)