Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26 |
---|
¿Algunha vez se propuxo nesta ou noutra Wikipedia modificar o logo por outras razóns que non sexa acadar certo número de artigos? Por exemplo, facer un logo da Galipedia para o Nadal, outro para o Samaín, outro para o Día das Letras Galegas... algo polo estilo. Nunca o vin en ningunha Wikipedia, pero penso que estaría ben. Propúxose algunha vez? --GallaecioE logo? 17:25, 2 xaneiro 2008 (UTC)
Nos artigos dos concellos temos un modelo "Hab info" que recolle os datos de poboación de 1900, 1930, 1950, 1981 e 2004. Antes vén a cifra dos habitantes en 2005 (nos exemplos que acabo de mirar) como último censo. A estas alturas, acabado de publica-lo censo a 1 de xaneiro de 2007, cómpre actualizar estes datos. Podo facelo eu, ós poucos, pero antes propoño cambia-lo modelo para recolle-los datos de 1900, 1950 (fóra 1930), 1981 (¿por que ese ano tan raro e non 1980? Claro que a ver agora quen busca os datos de 1980), 2000 (por ser unha cifra redonda, como as anteriores), 2006 e 2007 (estes dous dan a evolución máis actual. Todo isto implica que ese dato da poboación a último censo que antes ía no texto agora irá no cadro. Espero haberme explicado e espero decisións. Pedro --Lameiro (conversa) 12:35, 4 xaneiro 2008 (UTC)
Unha mellora para Mediawiki:Noexactmatch. Está collida da española, a ver que vos parece:
Moi importante: na Wikipedia non se aceptan en ningún caso textos con copyright sen o permiso explícito dos seus autores. En particular, a maioría das páxinas web (indiquen ou non o seu autor ou copyright) teñen copyright, polo que o seu contido é inadmisible aquí. Ten en conta que copiar este tipo de materiais pode causar serios danos ao proxecto. Para máis información, podes ler Wikipedia:Copyrights.
E se alguén a mellora moito mellor :) --☣Banjo tell me 21:02, 8 xaneiro 2008 (UTC)
Moi importante: na Wikipedia non se aceptan en ningún caso textos con copyright sen o permiso explícito dos seus autores. En particular, a maioría das páxinas web (indiquen ou non o seu autor ou copyright) teñen copyright, polo que o seu contido é inadmisible aquí. Teña en conta que copiar este tipo de materiais pode causar serios danos ao proxecto. Para máis información, pode ler Wikipedia:Copyrights.
A mín pareceriame ben que a mensaxe poña unha ligazon dicindo onde a persoa pode reclamar, por si lle parece o bloqueo inxusto, e que sexa outro sitio co do responsábel do bloqueo. Pero non sei si na Galipedia eso é posible. Pa mín non é o mismo poder ir conversar na sua propia paxina e facer unha reclamcion a comunidade.ElviraConversa con mi 15:55, 19 xaneiro 2008 (UTC)
Wikipedia é unha enciclopedia colaborativa escrita por moitos dos seus lectores.
A min tamen me gosta, so por aportar algo proporia este micro-cambio:
saudos.----Maañón 16:29, 5 febreiro 2008 (UTC)
Ola, bon día.
Acabo de atopar isto: "Ejercicios prácticos: Me he tirado a la Sueca. Por detrás. La sueca en vez de tirarse cuescos, caga bombones. Buscad el artículo en ambas frases."
Nesta páxina: http://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/Os_determinantes/O_artigo
"Vexamos algúns exemplos:
Vou ao cine tofo fumado Estou coa miña nai cajando peidos Ela saíu da cociña e mañan sairei do armario Camiño pola penamoa e pillo unhas chutas Xa estou na casa da tua moza Eses coches son dunhas mulleres de Vigo, moi putas Manolo marchou cuns amigos a beber absenta e esnifar cocaina Vou saír nun intre. boas noites ata mañan Tes que collelo cun garfo e queimar o jaco nunha culler"
Un saúdo.
Acabo de rexistrarme, (e editar de novo as mensaxes anteriores) e nunca traballei con isto. Coido que me vou a apuntar xa que actitudes como a amosada poñenme dos nervos. Tedeme paciencia. ;)
As mensaxes de bloqueo que lle chegan aos usuarios rexistrados dan unha mensaxe con erros de formato e dicindo que podes debater o bloqueo na túa páxina de conversa. O problema é que o usuario bloqueado non pode editar na súa páxina de conversa. Eso é falso. Estráñame sendo unha mensaxe de Mediawiki que non funcione, pero habería que revisala, posto que xenera un estado de absoluta indefensión. Se algún administrador quere revisalo, envíolle a captura de pantalla. Alma (fálame eiquí) 23:19, 13 febreiro 2008 (UTC)
A ver se fose posible que alguén que entenda disto poña un pouco de orde nestas categorías:
Estes artigos non se titulan como San XXX ou Santa XXX, senón que o patronímico é o título (claro que tamén hai redireccións: San Pedro remite a Pedro, papa; pero Pedro vai a unha páxina de homónimos). Nalgún caso comparten categoría (Martiño de Tours). San Xoán é un caso especial, pois reireccióna ás fogueiras de San Xoán.
Se separámo-los antropónimos do santo correspondente, ¿non dá moi pouco xogo? Se escribimos un artigo sobre o santo ¿que diría o artigo do antropónimo?
Conclusión: boto en falta unha política ou descrición do procedemento (unhas normas xerais, vamos), para saber como encabeza-lo artigo se o que queremos é escribir sobre o nome da persoa ou sobre o santo/santa que dá nome a esa persoa. E que non esqueza outras realidades: Xullo (nome e mes), Domingo (nome e día), Xoán (nome, evanxelista, un usurpador romano, mil santos, a fogueira, o mes de xuño). NIn os mil topónimos que levan o nome do santo correspondente.
Espero da vosa intelixencia que vos axude a entenderme porque non me quedou clara a cousa. Pedro --Lameiro (conversa) 23:45, 7 marzo 2008 (UTC)
Ben, non é o día e seguramente non é a hora, pero vou aló. Xa teño batido con problemas deses, e creo que en boa parte están producidos porque é un tema ao que sempre se chegou colateralmente. O único asumido (polo que eu sei e ata onde eu sei) é que os santos do rito católico que sexan merecentes de ter artigo non deberán levar o encabezamento san/santo/santa', porque ese é un título que lle concede unha certa comunidade de crentes. O que se debería usar é Martiño de Tours ou Martiño Dumio para referirse a eses persoeiros. Polo que te refires aos antropónimos, non teño moi claro que o nome Xabier teña contido abondo para estar nunha enciclopedia. Dos antropónimos pódense facer explicacións etimolóxicas, mencionar algúns exemplos históricos, se se queren algunhas equivalencias noutros idiomas e creo que ben pouco máis. Ao mellor iso dá pra un artigo, pero ao mellor non, e en realidade é só unha páxina de homónimos con un plus etimolóxico (e con moita prevención). E en todo caso, é algo bastante inabranxíbel, porque as anas, as marías e as tareixas témolas a man, pero Obama tamén é un nome, e non sei eu se ten moito xeito que teña artigo de seu en tanto que tal nome. E dito isto vou para a cama, que hoxe foi un día duro, e mañá ha de selo máis. --Xabier Cid 00:30, 8 marzo 2008 (UTC)
Só unha nota. Agora remato de deixar unha sucinta nota de agradecemento http://en.wikipedia.org/wiki/User_talk:ILVI#gl.wikipedia.org na páxina de ILVI.--Agremon(contacto) 21:53, 8 marzo 2008 (UTC)