Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Historial[editar a fonte]

Copio aquí o historial da páxina Diplomacia que por ser unha páxina baleira, sen contido salvo enlaces interwiki, polo momento ten que eliminarse segundo as regras de Wikipedia:Eliminación rápida. Rexistro aquí temporalmente o historial porque deu lugar a presentación dun novo usuario barsileiro. --Prevert(talk) 17:46, 9 Xan 2005 (UTC)

   *(actual) (derradeira)  15:58, 9 Xan 2005 Xelo2004 (benvida)
   *(actual) (derradeira) 15:40, 9 Xan 2005 201.9.188.107
   *(actual) (derradeira) 15:35, 9 Xan 2005 201.9.188.107
   *(actual) (derradeira) 15:30, 9 Xan 2005 201.9.188.107

Unha Correccion[editar a fonte]



Traslado aquí unha mensaxe dun usuario barsileño por ser este o lugar apropiado. Procede dunha páxina de discusión dun artigo que vai desaparecer, Saúdos. --Prevert(talk) 17:35, 9 Xan 2005 (UTC)

Mensaxe dun novo usuario brasileiro[editar a fonte]

Prezados amigos, sou brasileiro e tenho uma grande simpatia pela língua galega. Sempre que escrevo uma página em português, busco indicar o correspondente em galego. Gostaria de colaborar com a Galipedia. na pt.wikipedia sou Arouck]. um abraço. --201.9.188.107 14:30, 9 Xan 2005 (UTC)

Textos que necessitam revisão

Olá, amigos! Nos últimos dias, fiz uma grande ampliação no texto sobre o estado de Sao Paulo e, principalmente, sobre a cidade de São Paulo. Criei também, há poucos dias, os textos sobre constitución e república. São textos com muita informação, porém que precisariam de uma revisão gramatical. Uma vez revisados, posso abrir links para criar novos artigos (por exemplo, sobre escravidão, imigração, cidadão, Fórmula 1, etc). O texto sobre a cidade de São Paulo é bastante extenso, porém dá uma visão, acredito eu, razoavelmente boa sobre como é a cidade (comparando-se o meu texto com o de outras Wikipedias). Agradeço aos amigos se puderem revisá-los. Modéstia à parte, nossa Galipedia está de parabéns, pela quantidade e qualidade dos nossos textos. Um grande abraço a todos, e que tenhamos sucesso neste empreendimento! Joao Xavier 22:08, 10 Xan 2005 (UTC)

Cambio de posicion[editar a fonte]

  • Creo que podemos sacar ese cadro da páxina principal do concello ao referirse as parroquias, xa que nos artigos delas están especificados que os datos son de 2003. Saúdos. --Prevert(talk) 17:45, 26 Xan 2005 (UTC)

Protesta oficial á English Wikipedia[editar a fonte]

Fixen pública a seguinte protesta n'A Taberna da English Wikipedia:

Me (and in fact all the collaborators of Galician Wikipedia) are no happy with the related translation made for "Galician" in the wikipedia languages list performed above. The real translation for Galician in Galician is "GALEGO", not "gallego". Even wherever you may see the mistaken "gallego", never has been a Galician word. I only ask to whom who may concern to change please this error (as I don't know how to change it). Many thanks and best wishes.

Sobreira User

Espero que esteades de acordo comigo e estaría ben vixiar cando o mudan se algún día pasamos por alí. Estou facendo algunhas achegas sobre lingüística, pero non sei como implementar subcategorías (inda que de momento non parece importante porque non hai aínda unha gran cantidade de páxinas do tema nin están moi desorganizadas). Estaría ben facelo máis adiante segundo o modelo de Lingüística. Por outra banda, pronto informarei sobre o PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, presentado no Pazo de Congresos de SdC onte sábado 22 de xaneiro. Co gallo deste PXNLG se fixo coincidir os VIII Encontros para a Normalización da Lingua Galega organizados polo Consello da Cultura Galega. ¿é interesante meter algo disto? ¿onde?

Grazas, User:Sobreira

Unha de escudos[editar a fonte]

unha de mapas de parroquias[editar a fonte]

na paxina de Baleira teño xa incorporado un Mapa coa situacion das parroquias. Votadelle unha ollada haber que bos parece xD. un saudo--Xelo2004 22:56, 31 Xan 2005 (UTC)

sobre o 2 de xaneiro e un aspecto moi importante[editar a fonte]

Aqui lanzo a o remate desta efemeride no apartado de outros ¿haber que vos parece), suliño ademais que proximamente incorporo y vida de San Basilio o Grande (so que o voa a facer o estilo beato, para que a xente no se queixe de que tratamos nesta galipedia o artigo dende "lexos", que vexan que tamen no sabemos "acercar un pouco". Coma anecdota chistosa e sen animo de ofender. vin moitos libros que tratan dos temas sexuais e atreveriame a dicir que só un 5% diles presentan foto dos organos xenitais (home ou muller) e a maioria (incluindo as enciclopedias) soen recurrir os debuxos, e pouco mais (nalgun caso na que a enciclopedia este en cd's unha vision esquematica aloooo por lexos). Noso amigo rocastelo animouse a mais (puxo unha foto), e dende o meu punto de vista no criterio de información esta moi ven, (pode verse neste artigo: http://gl.wikipedia.org/wiki/Cl%C3%ADtoris) pero temos que ter en conta que a galipedia podena visitar dende xente de idade ate nenos (e istes ultimos se lles coincide estar cos seus pais ou titores) podennos tachar de pornograficos (a persardes de estar no seculo XXI seguen a haber demasiado puritanismo e tabu no aspecto relixioso). Isto podernos acarrear problemas coas asociacions de pais de alumnos por lo que é mellor advertir de anteman que esta galipedia pode conter material fotografico non acto para menores de 16 anos e cardíacos (salvo con fins de consulta e coñecemento e con consentimento dun maior -no caso dun neno-). A proposta esta feita (quixais no lugar non adecuado) e cabe a proposicion de debati-la. Pola miña parte e manteñome a favor xa que unha deterninada remodelación do artigo pode advertir que a foto é orientativa, con fins da formacion cultural e non de caracter relixiosa nin puritana. un saludo--Xelo2004 14:34, 13 Feb 2005 (UTC)


→ Desde a Portada: a) seguir as ligazóns das categorías ou dos artigos, b) buscar na caixa de procura, no caso de por o termo exacto amósase o artigo directamente ou se non unha páxina cunha serie de artigos que conteñen a palabra da procura.
→ Procura nun buscador, chegar a esa páxina depende dos termos introducidos na caixa de búsqueda.
→ Desde ligazóns de páxinas externas. (Neste momento hai moi poucos enlaces cara a Galipedia).
En consecuencia para chegar a esa páxina en concreto compré facer unha búsqueda precisa, e iso implica a vontade implicita e certo esforzo e coñecemento para chegar ata aí.
Chegados a este punto a cuestión a valorar é se o coñecemento almacenado nesta enciclopedia pode ser ofensivo para alguén. A resposta pola miña parte é que está relacionada co contexto, se colocaramos a imaxe en portada un usuario non avisado podería dicir que accedeu a un contido non desexado (pero tal como está agora non pode utilizar ninguén esa excusa), creo que non temos que poñer ningún aviso, é maís iso incluso podería representar un punto de vista non neutral. Revisei as ligazóns a outras wikipedias e nas wikipedias occidentais usan imaxes tan explícitas como esa ou esa mesma no artigo citado, e aínda que o que outros fagan é só indicativo -podería ocorrir que ningunha wikipedia usara a imaxe e nós decidiramos facelo- e unha axuda sabelo.
Penso que o que chama a atención desa imaxe fronte a outras imaxes explícitas (por chamalas dalgún xeito) que usan noutras wikipedias e que normalmente as imaxes dese tipo tentan ser completamente asépticas. Nesta imaxe hai dous aspectos que destacan: as uñas pintadas e as cores vivas, non obstante se aceptamos o argumento da ofensa sempre podemos atopar persoas que argumenten iso en calquera momento, ao ser un sentimento enteiramente subxectivo. En canto aos nenos, ese argumento tamén o vexo perigoso e moitas veces encobre a incomodidade dos adultos fronte a certos temas e o xeito de comunicalos. O obxecto desta enciclopedia é o coñecemento, polo tanto, debemos facer aquelo que contribúa a melloralo, resultarían máis ofensivos entón os erros, as inexactidudes, a falta de imparcialidade o descoido nos artigos que transmitir datos certos e verificables.
Certo é que a fotografía e máis rechamante porque hai pouco texto e polas razóns que citei antes, iso resólvese (se se quere asumir esa precaución) aumentando o texto e engadindo algún gráfico máis para que a imaxe non apareza en primeiro lugar. Bastaría con tomar un dos esquemas gráficos doutra wikipedia e profundizar no artigo (sobre todo porque o artigo trata dun tema bastante descoñecido non só para o gran público se non para a propia profesión médica, baste dicir que nos manuais de estudo de anatomía do século vinte aparecen e desaparecen as representacións gráficas segundo as sucesivas edicións. Hai unha doutora australiana -experta en anatomía- que podería engadir moito sobre iso e hai un programa moi clarificador da cadena Arte emitido en 'La noche temática' de TVE2 sobre o tema titulado El sexo de las mujeres).
Propoño que o que pode ser un problema se convirta nunha vantaxe facendo un artigo amplo e ben documentado. Saúdos. --Prevert(talk) 11:59, 15 Feb 2005 (UTC)

Falta Correxir[editar a fonte]

Esta ve esposto o apartado de Xeografía (dende que entras pola portada), entendese que os artigos estean por orde alfabética, pero o de "Xosé A. Cornide Saavedra e Folgueira", soa máis a un nome que a un accidente xeográfico (e entrndolle dentro o artigo o que expón nada ten que ver co de fora)´. un saudo--Xelo2004 20:34, 21 Feb 2005 (UTC)

Entendo que a clasificación de Cornide é automática, e que tes razón. Paso a renomear o artigo. Revisa, porfa.--Agremon 09:26, 11 Mar 2005 (UTC)


Festas -- Celebracións[editar a fonte]

Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega; antonte foi o Día Internacional da Muller. Nas efemérides o lugar para colocalos é en "Festas", que evidentemente non os descrebe ben. Propoño mudar o nome desta sección para "Celebracións", que pode englobar isto e máis as festas, tanto relixiosas como gastronómicas como populares, etc. Xosé 21:17, 10 Mar 2005 (UTC)

Aviso de erro nos códigos postais dos cadros das páxinas dos concellos de Lugo e Ourense[editar a fonte]

Decateime que cometín un erro en moitos dos cadros dos concellos nos apartado do código postal. Esta mensaxe é para avisar diso e para indicar que se tome o dato con precaución (como posiblemente trabucado aínda que non o sexa en todos os casos) mentres non revise todas as caixas para introducir o dato correcto. Desculpas. Saúdos. --Prevert(talk) 13:35, 20 Feb 2005 (UTC)


Babel[editar a fonte]

Pensáchedes en facer algo similar ó proxecto Babel da wiki española? Para os que non o sabedes, o proxecto Babel consiste en que cada un categorice a súa páxina de usuario dependendo das linguas que fale, facendo máis doada a comunicación entre usuarios. máis información (en castelán) eiquí

División[editar a fonte]

PD- había que pensar en dividir esta páxina en subpáxinas porque estase facendo moi grande (xa via polos 81 kilobytes) --Alyssalover(talk) 08:43, 10 Mar 2005 (UTC)

Apoio a idea, cunha ligazón ó comezo.--Agremon 09:26, 11 Mar 2005 (UTC)

Os seus cambios...[editar a fonte]

¡Ola!

Como non sei onde hai que cambialo o escribo aquí. Despois, se alguén me di como se pode modificar, xa me encargarei eu.

Nos parágrafos que aparecen debaixo dos caracteres especiais emprégase a terceira persoa do singular agás en 'Por favor, toma nota de que todas...', ¿non sería mellor escribir tome nota?

Outra: Do mesmo xeito, 'compromése a que', ¿non sería comprométese?

Última: ¿Coa nova modificación da RAG a forma correcta é grazas, gracias ou ambas as dúas son aceptadas?

Grazas ou gracias ;)

--Luisinho 22:58, 13 Mar 2005 (UTC)

  • ¿E sobre as outras?--Luisinho 00:01, 15 Mar 2005 (UTC)

Redireccionar os artigos dos países Moldavia e Bielorusia[editar a fonte]

Gostaría saber como se redirecciona un artigo, xa que creei estes dous artigos e tenho que redireccionalos aos artigos cos nomes nos seus idiomas propios. Se alguen pode axudarme ... un saúdo. --Porto 20:19, 19 Mar 2005 (UTC)

Imaxes de Consellerías e Ministerios[editar a fonte]

Alguén sabe se as imaxes propias que aparecen nas webs de consellerías e ministerios son dominio público (como pasa en Estados Unidos), ou teñen copyright, imaxino que en España será esta última opción, pero quen sabe.--Rocastelo 16:50, 27 Mar 2005 (UTC)

Sobre Wikisource[editar a fonte]

Para propoñer que un artigo vaia ao wikisource galego hai un proceso establecido en Wikipedia:Mantemento mover a wikisource. Hai tempo creei unha categoría chamada galego para agrupar os artigos na nosa lingua. En wikisource non temos administradores, polo tanto, de vez en cando hai que pasarse para desfacer os vandalismos, editando manualmente. Evitei poñer unha ligazón desde outras partes de wikisource á versión galega por falta de material. Se se decide enviar o material do antroido de ribadeo para alí, debería ser Agremon quen tería que aparecer no historial como creador desas páxinas. Se o fai outra persoa que non sexa él, debe indicar exactamente a orixe do documento, día e hora e autor. Paréceme que facelo así e un modesto xeito de homenaxear a aqueles que contribuiron a que a Galipedia sexa o que é hoxe, e sen Agremon nunca o teríamos conseguido. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:15, 29 Mar 2005 (UTC)

Remato de ver o anterior (debeu ser escrito nunha desas tempadas que non practico de galipedista) Onte propúxome Rocastelo tomar mans á obra e mover a Wikisource, e quedamos de facelo en conxunto. O material do Antroido debe ir alí, e o de citas a Wikiquotes. Pero aínda non somos moitos, e hai que facer as cousas con coidado e orde (eu en concreto teño a tendencia ó desorde). É dicir, imos adiante coa Wikisource en galego, pouco a pouco.

E gracias por louvar unha labor de fai tempo. Se me permitides un comentario, moitas veces asino co lema un 'un máis, un menos, pero un'; é dicir, ás veces mellor, ás veces peor, pero intentando estar presente. E eso creo que é o que tentamos facer todo o equipo, o máis do tempo, de xeito inconsciente. Tomar conciencia deso pode parecer unha tontería, pero pouco a pouco pode axudar a vérmonos como equipo e á nosa labor a longo prazo... ainda que pasemos tempadas con pouca ou nula actividade.--Agremon(contacto) 19:31, 15 maio 2005 (UTC)

Vexo que aparece a proposta de petición co nome de 'wikisource'. Propoño pasar a 'Wikifontes'.--Agremon(contacto) 20:33, 15 maio 2005 (UTC)

permiso de concesión de utilización de imagenes aéreas[editar a fonte]

xa cursei a solicitude de permiso para concesion de imaxénes aéreas, para ilustrar parroquias, vilas e concellos. Para elo dirixinme a seguinte paxina e espuxen o seguinte texto (en castelán): consulta sobre utilización de imágenes: Hemos visto la página de Sigpac y la multitud de información que ello abarca. Somos usuarios que colaboran con una enciclopedia de modo voluntario y sin ánimo de lucro. Puede verlo en la seccion gallega (y en idioma gallego) la portada de este proyecto (del cual nos abalan Google como Yahoo) http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada. Nuestra pregunta es la siguiente: (que por lo que se ha observado no estan actualizadas, ya que las de region gallega son del 2003; y desde aquellas a hoy hay infraestructuras que ya han cambiado) ¿Se puede utilizar las imágenes proporcionadas por el visor para ilustrar algunos articulos de Parroquias, Villas o Aldeas, mencionando si se desea de que fuente son procedentes?. Aclaro que no estamos interesados en las medidas y las delimitaciones de los terrenos ni las propiedades en sí. simplemente la fotografía aérea con fines de ubicación e ilustración de los mencionados articulos. Por favor, si esta pregunta no corresponde a esta sección agradecemos que nos indique a que sección debemos de dirigirnos para formular la petición. Quedamos a la espera de su respuesta y su posterior beneplácito (si se decide la concesión). A/A los adminitradores. O indicarlle a tecla "grabar" encontreime coa mensaxe que que os texto non debe de sobrepasa-los 1000 carácteres. En previas voltas non vin esa mensaxe por nengures, polo que é moi provable que no esté completo todo o de arriba exposto e haxa que repeti-la operación de novo. Vamos a esperar unha semana haber se responden o buzon de Gmail (que xa está en castelán) e podemos deducir que facer. Saudos, se alguén ten alguna proposta para resumir este termo o que piden, que o espoña na taberna/propostas. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:23, 16 Abr 2005 (UTC)

Hemos visto página de Sigpac y la multitud de información que ello abarca. Somos usuarios que colaboran en una enciclopedia de modo voluntario sin ánimo de lucro. Puede verlo en la seccion gallega (en idioma gallego) la portada de este proyecto (avalado por Google y Yahoo) http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada. Nuestra pregunta es: (ya que no estan actualizadas, las de Galicia son del 03; hoy las infraestructuras han cambiado) ¿Se puede utilizar las imágenes proporcionadas por visor para ilustrar articulos de Villas, Aldeas y otros, mencionando si desea la fuente de procedencia?. No se esta interesado en medidas y delimitaciones de terrenos y demas. Solo la fotografía aérea con fines de de ilustración de los mencionados articulos. Por favor, si esta pregunta no corresponde a esta sección agradecemos nos indique donde dirigirnos para formular la petición. Quedamos a espera de respuesta y/o posterior beneplácito (si decide la concesión). A/A adminitradores.". Agora a paxina xa me deu a indicacion de que o gardara correctamente, tan só cabe espera haber se hai resposta. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:13, 1 maio 2005 (UTC)

RESPUESTA:

Para los usuarios privados, a fecha de hoy no se ha establecido un procedimiento concreto para la cesión de material, siendo este asunto objeto de debate por parte de la Mesa de Coordinación del SIGPAC. En cualquier caso, puede remitirse una solicitud por escrito debidamente justificada a la Subdirección General de Armonización Normativa y Sistema Integrado del FEGA, c/. Almagro, 33, 20004 - Madrid. En cuanto se haya establecido el procedimiento mencionado, se procederá a dar el curso que corresponda a dicha solicitud.

Se antes estábamos coas mans cruzadas, polo de momento temos que seguir namentres non haxa alguna nova máis. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:04, 10 xullo 2005 (UTC)

Resaka das letras[editar a fonte]

Dende a facultade das CC da Comunicación de Pontevedra estamos a organizar a II Resaka das Letras Galegas que consiste nun concurso para premiar as mellores webs en galego e promocionar ao mesmo tempo o idioma na rede. Calquera persoa pode entrar e propoñer algún candidato (eu proporei a galipedia ;)). Todavía non temos totalmente acabada a páxina da organización pero podedes visitala en www.resakadasletras.es.vg

Grazas pola vosa colaboración!!! --Rubi 19:15, 13 maio 2005 (UTC)


Índices e "Táboas de contidos"[editar a fonte]

Desafortunadamente, a confusión entre estes dous termos extendeu-se nos últimos anos debido a unha má tradución nos procesadores de textos (nomeadamente, no MS-Word). Con efeito, se nun procesador con esta tradución deficiente ides a "inserir índice" veredes que non é precisamente un índice o que se crea, senón un índice analítico.

Propoño que se corrixa esta tradución defectuosa. Xosé(Contacto) 18:31, 25 maio 2005 (UTC)

Vacacións[editar a fonte]

Por fin rematei os malditos exames e mañá marcho de vacacións. Estarei fóra de circulación ata finais de agosto así que deséxovos un bo verán a todos ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 8 xullo 2005 16:19 (UTC)

E2mb0t[editar a fonte]

Colegas de wikipédia, desculpem-me se escrevo em português. Sou um colega da wikipédia em português. Gostaria de pedir a avaliação da comunidade da wikipédia em galego sobre mais um bot, o User:E2mb0t, que será usado principalmente para cuidar dos interwikis. Acredito que deveria haver uma integração muito maior entre nossas duas wikipédias e pretendo fazer um pouco disso com o bot. Obrigado pela atenção e sucesso para vocês. --E2m 00:52, 15 xullo 2005 (UTC)

Galicia en Commons[editar a fonte]

Comunidade galegofalante en commons[editar a fonte]

Xa hai o xerme da comunidade galega en Commons, na páxina Commons:A Taberna está a páxina de discusión. Anímovos a rexistrarvos en commons e aumentar a participación galega alí. A vosa colaboración non é preciso que sexa aportando imaxes, tamén é necesario traducir moitos artigos ao galego e axudar na clasificación das imaxes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:40, 24 setembro 2005 (UTC)

Localized date formats need to be verified[editar a fonte]

Dear Wikipedians,

I need your help to look at date formats for your language. I created a large list of formats here. Please take a look and fix any mistakes or add any new formats. This will help interwiki bot to match en:April 1, fr:1 avril, ru:1 апреля, zh:4月1日, and all other sites together.

What's needed: Look here at every format for your language, fix any mistakes, note any exceptions (some languages have 1st, 2nd, 3rd, etc naming schemas, or year 1 is written as '1 (year)' unlike all other years).

Also, I would like to receive a bot status on your site for my bot User:YurikBot. It will be mostly involved in interwikies.

Thank you!!!

You can contact me at en:Yurik (--70.192.56.68 21:59, 24 setembro 2005 (UTC))

Galipedia.org[editar a fonte]

  • Parece que é así e iso pode supor un problema para o proxecto, posto que non temos ningunha información sobre as condicións dese rexistro, e non se fixo por ninguén relacionado coa Fundación Wikimedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:05, 15 outubro 2005 (UTC)

Bos días, son novo aquí e teño algunhas dúbidas[editar a fonte]

Lin a axuda e os arquivos de benvida pero non teño claro o funcionamento da enciclopedia. Por exemplo, no artigo de Beethoven gustaríame corrixir algunhas cousas e engadir outras. ¿Téñoo que poñelo na parte de discusión para que alguén o corrixa ou o fago eu mesmo? Perdón por facer esta pregunta porque supoño que estaredes fartos dela. User:Toulousain

Halloween[editar a fonte]

Bos días, son novo nestes lares, (ainda non estou rexistrado), pero advertín que na sección de música figura o grupo Halloween como Helloween, polo que propoño que se cambie. Quixen facelo eu mesmo, pero non sei cómo editar a palabra que figura como entrada. Un saúdo

Problemas con Wikisource[editar a fonte]

Artigos coma o de Galiza e Mendinho presentan ligazons a Wikisource. Estas apuntan a version inglesa en lugar da galega polo que non estan operativos. Asi todolos estos enlaces quedarian correxidos o instante. --Stoni(talk) 23:15, 19 novembro 2005 (UTC)

Galipedia - Brazo político del BNG?[editar a fonte]

Se define "El Bierzo" como "parcialmente galegofalantes", lo cual es cierto, aunque debería engadirse que sólamente lo es en un cuarto del territorio berciano. Sin embargo, nada se dice acerca del leonés en Valdeorras. Esto no es enciclopédico y convierte a la Galipedia en un brazo mediático del nacionalismo gallego, y como tal será denunciado ante la opinión pública.

1. Nosoutros en nengún momentu pidimos a negún miembru d´esta wikipedia que me dixera cuála ye la sua filiación política. Asina que nun fales de la Constitución Hespañola. Dixi namái - y calténgulu- que muitos de los artículos fuenun manipulaos mediáticamente por tesis que nun fican mui llueñe de las anesionistas del BNG.

2. Sobru´l vandalismu creigu que siempres tá inxustificáu. Outra cousa ye que seya entendible nuna wikipedia tan favoratible a tesis ultranacionalistas comu ye ésta.

3. Nun esiste lu que chamáis "galego estándar". Ou ye que nun hai deillas versiones de la escrita gallega (hespañolista y llusista)?.

4. Nun podéis dicire que´l Bierzu fala gallegu cuandu cenciellamente ye mentira nun 75%. Esu ye anesionismu de mena nacionalsocialista.

Un saludu (you entaméi en castellán, vosoutros sigisteis en gallegu, you respondivos en llionés, nun vos paezca mal)



Preguntiña[editar a fonte]

apreciados amigos, pareceremos cansones e todo pero lles rogamos que nos perdoen e axúdennos a saber sobre o articulo de : Tona, Santander, Colombia.

queremos saber quen o borro, e se tamén nos podrian proceder a enviar unha copia, non é que saibamos quen fixo tal artigo, tampouco nos atribuímos a súa autoria, pero queremos colaborar tanto coa wiki asi mesmo como cos municipios pequenos a manter a súa presenza enciclopedica neste sitio, e pois como tamén somos santandereanos desexamos reeditarlos e republicarlo asi como complementarlo , para maior contribucion a todas as partes.

moitas grazas.

e perdoen a nosa linguaxe sinxela

NOTA; isto documento foi traducido por: http://sli.uvigo.é/tradutor/ , polo tanto non nos facemos responsabels de calquera erro xurdido froito da traduccion. grazas pola súa paciencia.


--[[User:DGDIC| DGDIC [[ User Talk: DGDIC| (Cha Valte Deseigas Dacierourú Dago Pu Favote entrar Etcá a Dacierre)]]]] 22:53, 18 decembro 2005 (UTC)

Mover o curso de galego a Galilibros[editar a fonte]

Ola,

Que vos parecería mover o curso de lingua galega da Galipedia a Galilibros? Cando engadín as páxinas á Galipedia, Galilibros non existía

Saúdos, Roberto --Rabalde 16:53, 21 decembro 2005 (UTC)