Bienvenue sur Galipedia, Elvire ! --Prevert(talk) 09:18, 23 marzo 2007 (UTC)

Benvida á Galipedia Elvire. Un dos efectos colaterais que está conseguindo á Galipedia é servir como punto de encontro dos galegos espallados polo mundo. Alédome moito que sexas orixinaria de Galicia e en concreto de Ourense, non temos moitos colaboradores desa zona, tamén é unha boa nova que colabores coa Wikipedia en francés posto que alí hai algúns erros nalgúns artigos relacionados con Galicia. Por desgraza non falo francés como parece suxerir a miña anterior menaxe de benvida, só consigo ler un pouco de aí o breve desa mensaxe, en realidade non require apenas coñecementos desa lingua. Con respecto ao galego, se tes interese en profundizar nas seguintes ligazóns tes a Normativa oficial do galego e un Curso de lingua galega. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:31, 26 marzo 2007 (UTC)
Fala con :

Aquis Q.

Por fin puidemos subir as imaxes de Alvaropv DGallaecia, pois antes non permitían en Flickr o uso comercial.

Alvaropv e mais eu temos opinións encontradas: el pensa que as miñas imaxes son mellores, eu penso que son mellores as súas. Por certo, usamos o mesmo modelo de cámara, pero a cámara, os obxectivos e o fotógrafo son diferentes.

Propuxen unha para imaxe da semana. Se queres reparar noutras para que a comunidade decida entre varias, vai a Commons:Category:Aquis Querquennis. Apertas

Comprendo perfectamente o que dis, inda que non entendo algo, pero non sei moi ben o que non entendo. Fai o que che apeteza, edita onde che apeteza, pero non me preguntes se non queres que responda: Lembra que fuches ti quen me preguntou polas fotos de Aquis Querquennis en Commons:User talk:Lmbuga/Discusións_anteriores_10#calidade. Tardei en responder porque se tardaron en subir esas imaxes ás que fixen referencia, pero o que eu fixen foi responder. É certo que me tomei a licenza de propor unha imaxe, pero non creo que sexa algo moi grave. Para min nin sequera ten importancia porque eu pensaba propoñela antes de que ti me preguntases-- Lmbuga / Conversa comigo  15:28, 18 de xuño de 2012 (UTC)

Cursiva e comiñas

Acouga un momento, muller! Vexo que estás facendo un bo labor engadindo ((Título en cursiva)) en moitos artigos. Non obstante, ten en conta que os títulos de cancións non van en cursiva, senón que van entre comas. Detectei unha edición que tiven que desfacer. Coido que hai algunha máis. Podes revisar as túas edicións? Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:53, 21 de xuño de 2012 (UTC)

Tes máis información no libro de estilo. --Toliño Fala aquí comigo 10:57, 21 de xuño de 2012 (UTC)

Wikipedia:A Taberna (novas)#Nova agresión a Galicia na Wikipedia española

Espero que te disculpes publicamente tras ler a miña aportación nesta páxina e, sobre todo, ler a conversa sobre a que opinaches sen sequera lela. CAGO NO DEMO!-- Lmbuga / Conversa comigo  22:16, 28 de xuño de 2012 (UTC)

RE: Nados en Dacar

Hai que estar sempre a eito! Bo traballo e a seguir! --Toliño Fala aquí comigo 13:17, 26 de xullo de 2012 (UTC)

RE: sansimonismo

Boas Elvire. Estiven fóra ata hoxe e por iso non che contestei. Claro que non pagaba a pena esperar pola resposta: non teño nin idea de se ese será o nome correcto ou non. En calquera caso, a formación semella coherente e chea de lóxica. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:21, 26 de xullo de 2012 (UTC)

Rub al-Khalí e Xaibah

Sobre o fr:Saint-simonisme

Recomendaría conservar a ortografía francesa saint-simonismo da raíz, por que:

  • é o que fan o resto das linguas, entre elas o inglés, salvo italiano;
  • nas linguas doutros alfabetos transliteran a pronuncia, polo que conservaría a ortografía orixinal para que quen saiba pronunciala teña unha guía: con todo, o que fagan eles xa nos queda moi lonxe para imitar;
  • entendo que non é unha palabra con moita tradición no galego, co cal deixaría como cultismo;
  • en principio, son partidario sempre de respectar as ortografías orixinais salvo adaptacións xa asentadas;
  • no VOLGA hai exemplos de apoio: chauvinismo, fauvismo (FR), prerrafael- (IT), (neo)darwinismo, gangsterismo, malthusian-, lamarck-, snob-, taylor- (EN), freudismo, (neo)kantismo, hitler-, naz(i)-, hegelian- (DE), nihil- (LA), ossian- (EIR), sikh- (transliterado), tsarismo (de tsar), stakhanov-, stalin-, trotsk(i)- (4 rusos transliterados), pero cartesianismo (asentado, derivado de cartesiano, que na época chegaba a través do latín), falanxismo (pola existencia do asociable falanxe, a través do latín), maquiavelismo (id., maquiavélico) e quixotismo (adaptado, asentado e con quixotesco);

Sobreira (parlez) 00:00, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Pero ¿como adaptan as outras linguas san/santo? Se eles fan saint ten lóxica que fagan saint-simonismo: non sabemos se é que conservan a ortografía saint ou é que, casualidades da vida, coincide coa súa. Para ratificar o que di Sobreira habría que saber que acontece con outros casos de San xxx. O único que se me ocorreu é San Petersburgo (nós) e Saint Petersburgo/Petersburg, Sankt Petersburg etc., casos onde cada quen escribimos o "San" como nos peta. Non sei se o exemplo vale pero seguro que a vós se vos ocorrerán paralelos máis acaídos. Sobreira sabe disto moito máis ca min, así que faille caso, pero a min me faltan argumentos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:11, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Ouh, vexo debate, vello debate! Mala sorte. A miña intervención é só unha opinión. Non podo dar datos de fontes directas, e os meus criterios son evidentemente opinables e subxectivos. Con todo, dáme que calquera postura nestes temas de adaptación, de terminoloxía, de estranxeirismos, de neoloxismos, é cuestionable, tanto se coincide comigo como se non. Non temos fontes primarias (salvo os atlas para toponimia estranxeira). Simplemente ofrezo argumentos e exemplos para a reflexión; os mesmos que para rebater os datos de Lameiro:

Sobreira (parlez) 23:54, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Briganti@

Non sería mellor xuntar Brigantium e Brigantium (homónimos) tal e como está Brigantia dado que a información é case a mesma? Sobreira (parlez) 19:32, 18 de agosto de 2012 (UTC)

Bellini

Boas Elvire! Efectivamente o nome real do compositor é Vincenzo (con N), erro meu, meteuseme na cabeza que era sen N (para min sempre foi Bellini a secas, sen apelido). Non creo que haxa ningún criterio sobre nomes propios de personalidades que vaian en contra da forma orixinal, xa o corrixo eu, mais se ves algún que se me pasara agradeceríache que o correxiras. Moitas grazas polo aviso, unha aperta!! Piquito (conversa) 22:39, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Xa de paso e se non é moita molestia, se podes mirar o que pon no último pentagrama da primeira páxina da partitura que aparece na ligazón da referencia da orquestración de I Capuleti e i Montecchi agradeceríacho, eu non consigo entender a letra (os outros instrumentos están todos, mais eso non son quen de entendelo), se podes claro, logo xa me encargo eu de levalo ao artigo. Hai días que llo preguntei a HombreDHojalata e non recibín noticia, debe estar liado, así que se mo podes mirar tí agradeceríacho. Moitisimas grazas, Piquito (conversa) 22:52, 20 de agosto de 2012 (UTC)
Moitas grazas Elvire! Non entendía nada a letra do manuscrito e non me cadraba con ningún instrumento. Dou xa por finalizada a sección de orquestración da ópera. Grazas de novo, un saúdo, Piquito (conversa) 19:52, 23 de agosto de 2012 (UTC)

RE:graciñas

Grazas a ti por comezar o artigo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:47, 21 de agosto de 2012 (UTC)

Filloas de sangue

Boas Elvire. Supoño que algo se pode facer (non sei dicir que non) pero que conste que non se cociñar máis alá dos ovos fritidos, café, sandwich e abrir conservas. Pero como isto non se trata dun recetario senón de algo máis, creo que será fácil atopar información. Dáme un par de días. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:59, 25 de agosto de 2012 (UTC)

Ordenar

Elvire, lémbroche que no {ordenar:} non se deben poñer os acentos gráficos [1].

Por outra banda, despois do signo de puntuación (a coma) hai que deixar un espazo. Parece unha parvada pero é moi importante para poder ordenar alfabeticamente.--. HombreDHojalata.conversa 22:27, 29 de agosto de 2012 (UTC)

Brigantium

Uff! Estou abrumado.

Un saudiño, Sobreira (parlez) 21:03, 12 de setembro de 2012 (UTC)


Recuperada?

Al'egrome de "verte".


Significa que est'as mellor?


(perd'on pola acentuaci'on, esta configuraci'on de teclado 'e extrana pra m'in). --. HombreDHojalata.conversa 24 de novembro de 2012 ás 14:44 (UTC)[responder]

Imaxe de Commons

Ola, Elvire; acabo de mirar que subiches a Commons esta imaxe como portada do libro Cantares Gallegos, mais o certo é que esa non é a portada, senón estoutra, que baixei desta páxina.

Impórtache mandar corrixir os datos da primeira, e se che cadra subir tamén a segunda? Porque en Commons non me aclaro demasiado ben, e igual fago un lío.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xaneiro de 2013 ás 04:35 (UTC)[responder]

Até sempre compañeira!

Por coñecer xente coma ti merece a pena o proxecto wiki. Até sempre Elvire, un pracer a túa compaña na Galipedia. --Alberte Si, dígame? 15 de maio de 2013 ás 10:59 (UTC)[responder]

-- Lmbuga / Conversa comigo  15 de maio de 2013 ás 13:34 (UTC)[responder]

Grazas Elvire polo teu traballo na Galipedia e polo galego, até sempre, --Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2013 ás 01:45 (UTC)[responder]

Foi un pracer coñecerte e traballar ao teu lado no proxecto. Até sempre Elvire. --Beninho (conversa) 16 de maio de 2013 ás 11:40 (UTC)[responder]

Despedida

Acabo de enterarme do falecemento de Elvire. Fun eu quen lle deu a benvida, por iso tamén quero dicir algo a modo de despedida. Naquela época sempre que chegaba un novo colaborador á Galipedia disposto a quedarse era un motivo de grande alegría. No caso de Elvire ademais cumpríase un soño que tiñamos daquela: que a Wikipedia en galego, a lingua e a cultura galega, chegara máis alá dos límites de Galicia. Son testemuña da valiosísima colaboración de Elvire, o rexistro do seu historial só recolle unha parte do seu traballo. Tiña un coñecemento moi profundo do significado do proxecto aínda que ela sempre se quitaba importancia. No tempo que tratei a Elvire aprendeume unhas cantas leccións sobre os wikis e as persoas que lle agradecín e agradezo enormemente. Hai tempo que penso que estamos en débeda con ela. Tiñamos que tela proposto como administradora da Galipedia aínda que co tempo os dereitos de administración do wiki poden rematar sendo unha carga máis que un signo de confianza. Agora esa débeda quedará como unha desas tarefas pendentes que nunca se rematan. Gustaríame que existise algún tipo de figura honoraria para que quede rexistro dese recoñecemento, que non se perda no esquecemento todo o que fixo por nós Elvire. --Prevertgl 14 de xuño de 2013 ás 10:56 (UTC)[responder]

Podería facerse unha páxina Wikipedia:Homenaxe ós galipedistas finados, similar, pero moito máis sinxela, á que teñen en en-wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xuño de 2013 ás 11:57 (UTC)[responder]
Grazas pola proposta Elisardojm pero non é iso ao que me refiro. Non sei exactamente como pero para min trátase máis de algo singular que recoñeza o valor único da súa contribución, non se trata de poñer o acento no feito do falecemento: administradora honoraria ou algo semellante. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14 de xuño de 2013 ás 12:16 (UTC)[responder]
Estou desolado. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xuño de 2013 ás 13:52 (UTC)[responder]
Comparto o espírito do que di Prevert. Non sei exactamente cal sería a fórmula. Aínda estou un pouco atordado por esta mala nova... --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xuño de 2013 ás 14:08 (UTC)[responder]

Comezamos practicamente xuntos no Galizionario, e botamos bastante tempo facéndonos compañía nun proxecto pequeno como é Wiktionary en galego. Tamén alí estivo ás portas da administración. E desde logo, tamén alí se botará moito de menos. A miña beizón, compañeira. [ Furagaitas * ] 14 de xuño de 2013 ás 20:02 (UTC)[responder]

Deixo aquí algúns datos. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xullo de 2013 ás 22:37 (UTC)[responder]

Helena

Boas, o artigo Helena, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2020 ás 17:53 (UTC)[responder]

Chartres

Boas, o artigo Chartres, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 17:09 (UTC)[responder]

Bourges

Boas, o artigo Bourges, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 16 de marzo de 2024 ás 19:38 (UTC)[responder]