Titane | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Titane |
Director | Julia Ducournau |
Produtor | Jean-Christophe Reymond |
Guión | Julia Ducournau |
Intérpretes |
|
Música | Jim Williams |
Fotografía | Ruben Impens |
Montaxe | Jean-Christophe Bouzy |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Cannes: 13 de xullo de 2021 |
Duración | 108 minutos[1] |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Terror |
Recadación | 4,6 millóns de dólares[2][3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Titane é un filme franco-belga de terror[4][5] de 2021 escrito e dirixido por Julia Ducournau. Está protagonizado por Agathe Rousselle no papel de Alexia, unha muller que, tras resultar ferida nun accidente de tráfico cando era nena, ten unha placa de titanio colocada na cabeza. O resto do elenco está composto por Vincent Lindon, Garance Marillier e Laïs Salameh.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 13 de xullo de 2021, onde Ducournau se converteu na segunda muller directora en gañar a Palma de Ouro, o meirande galardón do festival, así como na primeira muller en gañalo en solitario.[6] Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[7][8]
1939-1959 |
|
---|---|
1960-1979 |
|
1980-1999 |
|
2000-presente |
|