Cousin, Cousine | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Cousin, Cousine |
Director | Jean-Charles Tacchella |
Produtor | Daniel Toscan du Plantier |
Guión | Jean-Charles Tacchella Danièle Thompson |
Intérpretes | Marie-Christine Barrault Victor Lanoux Marie-France Pisier |
Música | Gérard Anfosso |
Fotografía | Eric Faucherre Georges Lendi Michel Thiriet |
Montaxe | Marie-Aimée Debril Agnès Guillemot |
Distribuidora | Gaumont |
Estrea | 19 de novembro de 1975 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | 400 000 dólares |
Recadación | 8,7 millóns de dólares |
Na rede | |
Cousin, Cousine é un filme francés de 1975 dirixido por Jean-Charles Tacchella e protagonizado por Marie-Christine Barrault, Victor Lanoux e Marie-France Pisier. Escrito por Tacchella e Danièle Thompson, o filme trata de dous curmáns por matrimonio que se coñecen nunha voda e desenvolven unha estreita amizade. Despois de que os seus cónxuxes resultan infieis, a amizade dos curmáns leva a unha apaixonada relación amorosa.[1] Cousin, Cousine foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 49ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[2]
Dous curmáns distantes vense por primeira vez nunha voda. Cando se fan amigos, todo o mundo comeza a pensar que son amantes. Ao descubriren que os seus respectivos cónxuxes están traizoándoos, deciden confirmar as súas sospeitas.[3]