Les Parapluies de Cherbourg
Ficha técnica
Título orixinalLes Parapluies de Cherbourg
DirectorJacques Demy
ProdutorMag Bodard
GuiónJacques Demy
Intérpretes
MúsicaMichel Legrand
FotografíaJean Rabier
Montaxe
  • Anne-Marie Cotret
  • Monique Teisseire
Estudio
  • Parc Film
  • Madeleine Films
  • Beta Film GmbH
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFrancia 19 de febreiro de 1964
Duración91 minutos
Orixe Francia
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental[1]
XéneroDrama romántico e musical
Recadación7,6 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0058450 Filmaffinity: 891194 Allocine: 495 Rottentomatoes: m/the_umbrellas_of_cherbourg_1964 Allmovie: v51641 TCM: 94321 Metacritic: movie/the-umbrellas-of-cherbourg TV.com: movies/the-umbrellas-of-cherbourg Netlix: 1077059Editar o valor em Wikidata

Les Parapluies de Cherbourg é un filme musical de 1964 producido entre Francia e Alemaña do Oeste[3] que foi escrito e dirixido por Jacques Demy, con música e letra de Michel Legrand. Catherine Deneuve e Nino Castelnuovo protagonizan a dous amantes na cidade francesa de Cherbourg, separados polas circunstancias que lles tocou vivir. O diálogo do filme cántase enteiramente como un texto recitativo, incluída a conversación casual, e é cantado ou composto, como algunhas óperas e musicais escénicos.[4] Foi considerado como a parte central dunha "triloxía romántica" informal de Demy cuxos filmes comparten algúns dos mesmos actores, personaxes e aspecto xeral, situándose despois de Lola (1961) e antes de Les Demoiselles de Rochefort (1967).

Les Parapluies de Cherbourg gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1964. Nos Estados Unidos, estivo nomeado a catro Premios Óscar, incluíndo mellor filme internacional, mellor guión orixinal (Demy) e mellor banda sonora (Demy e Legrand). O tema principal do filme, "Je ne pourrai jamais vivre sans toi", foi nomeado ao Óscar á mellor canción orixinal.

En 2018, unha enquisa de críticos de BBC Culture clasificaron o filme entre os 100 mellor filmes de todos os tempos en lingua non inglesa.[5]

Sinopse

A acción transcorre entre 1957 e 1963. Divídese en tres partes e escenas cronolóxicas.

Na última escena, anos despois, é Nadal, e Guy está felizmente casado, ten un fillo (François) e atende a rica Genevieve na súa estación de servizo. O breve encontro será o último; a nena que acompaña a Geneviève é obviamente a filla de Guy: chámase Françoise. Cada un seguirá a súa vida.[7]

Personaxes

Notas

  1. "Les Parapluies de Cherbourg". Londres: British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  2. "Les Parapluies de Cherbourg", JP's Box-Office.
  3. "The Umbrellas of Cherbourg (1964)". BFI (en inglés). Consultado o 2021-07-13. 
  4. The Criterion Collection
  5. "The 100 greatest foreign-language films". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2021-07-14. 
  6. "YouTube - Les Parapluies de Cherbourg". 
  7. "YouTube - Ending of "The Umbrellas of Cherbourg"". 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas