O Pagador de Promessas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | O Pagador de Promessas |
Director | Anselmo Duarte |
Produtor | Oswaldo Massaini |
Guión | Anselmo Duarte |
Baseado en | O Pagador de Promessas de Dias Gomes |
Intérpretes | Leonardo Villar Glória Menezes Norma Bengell Dionísio Azevedo |
Música | Gabriel Migliori |
Fotografía | H. E. Fowle |
Montaxe | Carlos Coimbra |
Estudio | Cinedistri |
Distribuidora | Cinedistri Embrafilme |
Estrea | 6 de agosto de 1962[1] |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Brasil |
Xénero | Drama |
Na rede | |
O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.[1]
O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962,[2] converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo. Tamén foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 35ª edición dos premios.[3]
Zé do Burro (Leonardo Villar) é un pequeno terratenente da Rexión Nordeste do Brasil. O seu mellor amigo é un burro. Cando o burro cae enfermo terminal, Zé promete a un orisha do Candomblé, Iansan, que se o burro se recupera dará a súa terra aos pobres e cargará cunha cruz dende a súa granxa ata a igrexa de Santa Bárbara en Salvador, Baía, onde ofrecerá a cruz ao párroco local. Cando o burro sanda, Zé comeza a súa viaxe de sete leguas (46 km). O filme comeza cando Zé, coa súa esposa Rosa (Glória Menezes), chega á igrexa. O párroco (Dionísio Azevedo) négase a aceptar a cruz cando oe a promesa pagá de Zé. Entón todos comezan a manipular o inocente Zé.