Lung Boonmee raluek chat | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ลุงบุญมีระลึกชาติ |
Director | Apichatpong Weerasethakul |
Produtor | Simon Field Keith Grifith Charles de Meaux Apichatpong Weerasethakul |
Guión | Phra Sripariyattiweti |
Baseado en | Libro de Apichatpong Weerasethakul |
Intérpretes | Thanapat Saisaymar Jenjira Pongpas Sakda Kaewbuadee |
Fotografía | Sayombhu Mukdeeprom Yukontorn Mingmongkon Charin Pengpanich |
Montaxe | Lee Chatametikool |
Estudio | Kick the Machine |
Distribuidora | Kick the Machine |
Estrea | Festival de Cannes: 21 de maio de 2010 25 de xuño de 2010 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Tailandia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
|
Lung Boonmee raluek chat (en tailandés: ลุงบุญมีระลึกชาติ) é un filme tailandés en lingua lao[1] de 2010 dirixido por Apichatpong Weerasethakul. O filme tivo a súa estrea na 63ª edición do Festival de Cannes, onde recibiu a Palma de Ouro.
O filme de xénero fantástico forma parte dun proxecto multiplataforma denominado "Primitivo" que se centra na vila de Nabua na rexión tailandesa de Isan (de lingua lao) e da que forma parte unha vídeo instalación en sete partes e dúas curtametraxes de 2009. A obra ten como tema central a reencarnación da alma, céntrase dos últimos días da vida dun apicultor, o tío Boonme, que padece unha insuficiencia real e pasa as súas últimas horas nunha casa illada no medio da foresta e alí recibe a visita dos espíritos dos seus familiares defuntos, a súa dona e o seu fillo que regresa en forma non humana, grazas a estas visitas Boonmee pode chegar a explorar as súas vidas anteriores. A historia baséase nunha personaxe real recollido por Phra Sripariyattiweti, abade dun templo budista, nun libro que escribiu en 1983 no que conta a historia de Boonmee que dicía que podía recordar claramente as súas vidas anteriores [2]