Saint Laurent | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Saint Laurent |
Director | Bertrand Bonello |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Bertrand Bonello |
Fotografía | Josée Deshaies |
Montaxe | Fabrice Rouaud |
Estudio |
|
Distribuidora | EuropaCorp Distribution |
Estrea | Festival de Cannes: 17 de maio de 2014![]() |
Duración | 150 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Biográfico |
Orzamento | 8,7 millóns de dólares[2] |
Recadación | 2,4 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Saint Laurent é un filme francés de 2014 dirixido e escrito por Bertrand Bonello. Está protagonizado por Gaspard Ulliel, quen interpreta a Yves Saint Laurent, Jérémie Renier como Pierre Bergé e Louis Garrel como Jacques de Bascher. O resto do elenco está composto por Léa Seydoux, Amira Casar, Aymeline Valade e Helmut Berger.[3][4] O filme céntrase na vida de Saint Laurent dende 1967 até 1976, época na que a súa fama como deseñador de moda estaba no seu punto álxido.[5] O filme competiu pola Palma de Ouro na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014[6] e estreouse nos cinemas o 24 de setembro de 2014.[5]
Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[7]