Coordenadas: 42°23′23″N 8°05′05″O / 42.3897, -8.0847
serra do Cando | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Reserva da biosfera | ||
Ano de constitución: | 2004 | ||
Superficie: | 5458 ha. | ||
Lexislación: | Decreto 37/2014 | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Pontevedra, Ourense | ||
Concellos: | Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz | ||
Ríos: | río Verdugo e río Almofrei | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.