O macizo do Forgoselo, na comarca das Pontes é unha cordilleira montañosa de rocha granítica, composta por veigas de importante valor ecolóxico e xeolóxico[1]. Na vexetación do monte homónimo predominan as queirugas. O outro monte do macizo é o monte Fontardión.[2] Os puntos de maior altura son o alto de Racamonde con 542 metros sobre o nivel do mar, e a pena do Escoitadoiro, situada a 518 msnm[3].