Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente.[1][2] Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.
Os parques naturais galegos comezáronse a declarar a partir de 1978, co monte Aloia, e reguláronse cunha figura propia e conxunta en 2016. En 2019, Galicia contaba con seis parques naturais[3]:
Nome | Data de declaración | Superficie (ha.) |
---|---|---|
Baixa Limia - Serra do Xurés | 11 de marzo de 1993[4] | 20.920 |
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán | 5 de xuño de 1992[5] | 996,25 |
Fragas do Eume | 11 de agosto de 1997[6] | 9.125,65 |
O Invernadeiro | 5 de xuño de 1997[7] | 5.722 |
Monte Aloia | 4 de decembro de 1978[8] | 746,29 |
Serra da Enciña da Lastra | 3 de maio de 2002[9] | 3.151,67 |
As illas Cíes foron declaradas en 1980 como parque natural e declaradas, a canda as demais illas das Rías Baixas, como Parque Nacional das Illas Atlánticas.[3][10] Aínda que o declarase o goberno central, e ao igual que os demais parques naturais, compételle xestionar este parque á comunidade autónoma galega.[2]
Os seguintes espazos naturais galegos ou ben foron avaliados nalgún momento como posibles candidatos a declarar como parques naturais ou ben algunhas entidades ou grupos teñen reivindicaron a súa declaración:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque natural |