A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.
Trátase dun pequeno cordal montañoso duns 25 quilómetros de lonxitude, que se estende en dirección N-S. Forma parte do conxunto de serras, denominadas polos xeógrafos, en conxunto, a dorsal atlántica ou dorsal galega, que atravesa Galiza desde a Estaca de Bares - serra da Faladoira - ata a serra do Faro de Avión, nos lindes entre Ourense e Pontevedra, seguindo unha liña de dirección meridiana, de arredor de 200 km. A serra da Cova da Serpe separa aproximadamente os concellos de Curtis e Sobrado, na provincia da Coruña, dos de Guitiriz e Friol na de Lugo.
A serra serve para a cría de gando vacún e cabalar libre. Pola zona hai grandes plantacións de piñeiros. No cumio da serra hai varias antenas de telecomunicacións e un parque eólico.
Nome do Parque Eólico | Concello | Muíños | Data | Empresa | Potencia kW |
---|---|---|---|---|---|
P. E. Cova da Serpe | Friol, Guitiriz | 12 | 2009 | Parque Eólico Cova da Serpe SL | 24.000 |
P. E. Amplición Cova da Serpe | Friol, Guitiriz | 12 | 2012 | Parque Eólico Cova da Serpe II SL | 25.200 |
Espazos protexidos de Galicia | |
---|---|
Parque nacional: | |
Parque natural: | Monte Aloia (1978) - Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (1992) - Baixa Limia - Serra do Xurés (1993) - Montes do Invernadeiro (1997) - Fragas do Eume (1997) - Serra da Enciña da Lastra (2002) |
Monumento natural: | |
Rede Natura 2000: | Zona especial de conservación (ZEC) (en Galicia) - Lugar de importancia comunitaria (LIC) (en Galicia) - Zona de especial protección para as aves (ZEPA) (en Galicia) |
Zona húmida protexida: | |
Reserva da biosfera: | Terras do Miño (2002) - Área de Allariz (2005) - Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá (2006) - Río Eo, Ozcos e Terras de Burón (2007) - Reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés (2009) - As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (2013) - Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel (2021) |
Outros: |