Coordenadas: 42°46′33″N 7°16′26″O / 42.775964, -7.273784
A serra do Oribio é unha das serras orientais de Galiza. Esténdense en dirección E-SO por terras dos concellos de Samos e Triacastela. Está limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo río Lóuzara A serra está conformada por pelitas. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria e na leste do Lóuzara.
Está incluída como espazo natural no denominado Ancares-Courel.
O punto de maior elevación é o pico Oribio, con 1.447 metros sobre o nivel do mar.
Os regueiros do Medo e do Albela
e os rianchos que descen do Oribio
trenzaron o río; (...)
é xuntarse nas agras de Lózara