Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEPA, Zona húmida protexida, Zona húmida Ramsar | ||
Ano de constitución: | Xaneiro de 1990 (ZEPA), Xuño de 2004 (Zona húmida) | ||
Superficie: | 2.813 ha. | ||
Lexislación: | Decreto 72/2004 (ZEPA), 8 de maio de 1990 (Zona húmida) | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Pontevedra | ||
Concellos: | Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados e A Illa de Arousa | ||
Ríos: | río Umia | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como zona de protección de aves e zona húmida protexida.[1][2][3][4][5] [6][7] É tamén a zona Ramsar Complexo intermareal Umia-O Grove.[5][8] Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 2.813 hectáreas.[5]
Destaca pola súa flora e fauna da marisma e, especialmente, pola súa abundante e variada poboación de aves acuáticas invernantes e nidificantes. Ocupan a marisma da ría durante os seus pasos migratorios ou aniñan.[5]
Os límites da ZEPA e Ramsar "Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" abranguen varios espazos[5]:
Neste espazo atópanse varios endemismos de flora, como Cistanche phelypaea.[8] As especies da flora deste espazo en risco de extinción deste espazo natural son[5]:
Especie |
---|
Alyssum loiseleurii |
Arabis juressi |
Chaetopogon fasciculatus subsp. prostratus |
Cytisus insularis |
Limonium dodartii |
Linaria arenaria |
Lithothamnion corallioides |
Phymatholithon calcareum |
Scirpus pungens |
Utricularia minor |
Por esta ZEPA migran un amplo número de aves migratorias e aniñan. De feito, durante o período invernal poden contabilizarse ata 13.000 a 16.000 aves acuáticas co cal é o principal punto de aves acuáticas galego e o segundo das costas cantábrico-galaicas.[5] Abundan en número as especies limícolas e anáticas, ora invernantes ou non, e as ardeidas que invernan.[8] Algunhas especies a destacar están a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a gabita (Haematopus ostralegus), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e o furabuchos balear (Puffinus mauretanicus).[5]
As especies de aves en risco de extinción deste espazo natural son[5] :
Especie |
---|
Charadrius alexandrinus |
Circus cyaneus |
Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica |
Haematopus ostralegus |
Hydrobates pelagicus |
Phalacrocorax aristotelis |
Puffinus mauretanicus |
O "Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" está amparado baixo as figuras de protección[5] :
Ademais, a súa totalidade está amparada por outra figuras de protección da Rede Natura 2000, a Zona Especial de Conservación (ZEC) “Complexo Ons-O Grove”[9]. Este espazo natural inclúe ademais ás illas Ons.[5][9] Esta área tamén cadra parcialmente co IBA 003 "Ría de Arousa (O Grove)" do inventario de 1998 da SEO/BirdLife.