Real Madrid – No. 23 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1987 (36 anos) Maó, Menorca |
Nacionalidade | España |
Altura | 1,92 m (6 ft 3.75 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Liga | ACB |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2005 |
Historial de equipos | |
Bàsquet Manresa (2005–2007) | |
Premios e galardóns | |
|
Sergio Llull Melià, nado o 15 de novembro de 1987 en Maó, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Mide 1,92 metros, pesa 95 kg e pode xogar nas posicións de base e escolta.
Llull comezou xogando nas canteiras do La Salle Mahón e do CB i Unió Manresana. Fixo o seu debut na Liga ACB co Bàsquet Manresa na tempada 2005-06, o 8 de xaneiro de 2006. Esa mesma tempada xogou 11 partidos coma cedido no Finques Olesa. Á seguinte tempada estivo de volta no Manresa, e en maio de 2007 fichou polo Real Madrid.[1] En 2010, Llull estendeu o seu contrato co Real Madrid ata o ano 2014.[2]
Foi elixido polos Denver Nuggets na 34ª posición do Draft da NBA de 2009. Os Houston Rockets mercaron os seus dereitos por unha cantidade preto dos 2.25 millóns de dólares.[3]