Axente libre | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1988 (36 anos) Irvine, Estados Unidos |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Woodbridge (Irvine, California) |
Universidade | Gonzaga (2007–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 15 Por Detroit Pistons |
Carreira | 2009−presente |
Historial de equipos | |
Detroit Pistons (2009–2013) Khimki BC (2011) Memphis Grizzlies (2013) Toronto Raptors (2013–2014) San Antonio Spurs (2014–2015) → Austin Toros (2014) Erie BayHawks (2015) Atlanta Hawks (2015) Victoria Libertas Pesaro (2015–2016) Manama Club (2016) Galatasaray (2016–2017) Hapoel Jerusalem (2017–2018) Reyer Venezia (2018–2022) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2014) |
Austin Darren Daye, nado o 5 de xuño de 1988 en Irvine (California), é un xogador estadounidense de baloncesto profesional. Actualmente é axente libre, sendo o seu último equipo o Reyer Venezia Mestre da LBA italiana. Durante a súa formación xogou para instituto Woodbridge, en Irvine, onde fixo unha media de 30,9 puntos, 12,4 rebotes e 5,4 tapóns por partido, e para a Universidade de Gonzaga.
Foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons. Durante o lockout da NBA de 2011, xogou para o Khimki BC ruso.[1] O 30 de xaneiro de 2013, Daye e Tayshaun Prince foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de José Calderón nun traspaso entre tres equipos que mandou a Rudy Gay ós Toronto Raptors.[2]
O 1 de agosto de 2013, Daye asinou cos Toronto Raptors.[3] O 20 de febreiro de 2014, Daye foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Nando de Colo.[4] Os Spurs conseguiron o campionato da NBA en 2014 tras vencer ós Miami Heat nas Finais da NBA por 4-1; a achega de Daye nos playoffs foi dun rebote en seis minutos de xogo. O 17 de febreiro de 2015, foi cortado polos Spurs.[5]