Orlandina Basket – No. 3 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1987 (36 anos) Raeford, Carolina do Norte |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 79 kg (175 lb) |
Posición | Base |
Liga | Lega Basket Serie A |
Información da carreira | |
Instituto | Hoke County High School Raeford, Carolina do Norte Westover, Fayetteville, Carolina do Norte |
Universidade | VCU (2005–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 20 Por Utah Jazz |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Utah Jazz (2009) Oklahoma City Thunder (2009–2013) Portland Trail Blazers (2013) Washington Wizards (2013–2014) Philadelphia 76ers (2014) Pallacanestro Varese (2015) Nizhny Novgorod (2015–2016) Pallacanestro Varese (2016–2017) Orlandina Basket (2017–presente) |
Eric Demarqua Maynor, nado o 11 de xuño de 1987 en Raeford, Carolina do Norte, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Orlandina Basket da Lega Basket Serie A.
Maynor foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Utah Jazz. Asinou un contrato por dous anos con Utah o 1 de xullo de 2009 cun valor de 1.3 millóns de dólares na súa tempada coma rookie.[1]
O 22 de decembro de 2009, Maynor foi traspasado xunto con Matt Harpring aos Oklahoma City Thunder a cambio dos dereitos de Peter Fehse.[2]
O 21 de febreiro de 2013, Maynor foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dos dereitos NBA do grego Giorgos Printezis.[3]
O 10 de xullo de 2013, Maynor asinou cos Washington Wizards.[4]
O 20 de febreiro de 2014, Maynor foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos, que tamén incluía ós Wizards e ós Denver Nuggets.[5]