Fenerbahçe – No. 1 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1987 (37 anos) Sainte-Catherine, N-PC |
Nacionalidade | Francia |
Altura | 1,89 m (6 ft 2.5 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2006 |
Historial de equipos | |
Cholet Basket (2006–2009) Valencia BC (2009–2012) San Antonio Spurs (2012–2014) → Austin Toros (2012–2014) Toronto Raptors (2014) CSKA Moscova (2014–2019) Fenerbahçe (2019–presente) |
Nando de Colo, nado o 23 de xuño de 1987 en Sainte-Catherine-lès-Arras, é un xogador de baloncesto profesional francés que xoga no Fenerbahçe da Basketbol Süper Ligi. Os seus pais son portugueses.
De Colo fixo o seu debut profesional na tempada 2006-07 na Ligue Nationale de Basketball co Cholet Basket. Foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2009 polos San Antonio Spurs. Despois, en 2009, foise ao Power Electronics Valencia da Liga ACB.
En xullo de 2012 decidiu dar o salto á NBA, e asinou un contrato por dous anos cos San Antonio Spurs.[1] Durante as súas dúas tempadas en San Antonio, foi asignado en varias ocasións ós Austin Toros, afiliado dos Spurs na NBA Development League.
O 20 de febreiro de 2014, foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Austin Daye.[2]
De Colo é membro da selección nacional de baloncesto de Francia, e xogou con eles no EuroBasket 2009, EuroBasket 2011, EuroBasket 2013 e o Campionato do Mundo da FIBA de 2010.