Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 29 de abril de 1987 (37 anos) Ontario (California) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 113 kg (250 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Arizona State (2006-2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 31 Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Portland Trail Blazers (2009–2010) Indiana Pacers (2011–2013) San Antonio Spurs (2013–2015) Idaho Stampede (2015–2016) Los Angeles Clippers (2016) Los Angeles D-Fenders (2016) CSKA Moscova (2016) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2014) |
Jeffrey Curtis "Jeff" Ayres, antigamente coñecido coma Jeff Pendergraph, nado o 29 de abril de 1987 en Ontario (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.
Pendergraph foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Sacramento Kings, e os seus dereitos foron traspasados poucos despois aos Portland Trail Blazers. Asinou un contrato cos Blazers o 8 de setembro de 2009.[1] O seu primeiro partido na NBA foi o 22 de decembro de 2009 contra os Dallas Mavericks, onde anotou 2 puntos en 4 minutos de xogo.
Foi cortado polos Blazers antes do comezo da tempada en 2010 tras sufrir unha lesión nun encontro de postempada contra os Utah Jazz que non lle permitiría xogar no resto da tempada.
Asinou polos Indiana Pacers para a tempada 2011-12, e estivo moito tempo apartado do equipo debido a unha lesión no xeonllo sufrida o 10 de decembro de 2011.[2]
O 11 de xullo de 2013, asinou cos San Antonio Spurs.[3] O 15 de xuño de 2014, Ayres gañou o seu primeiro campionato da NBA despois de que os Spurs gañaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014.
En agosto de 2013, Pendergraph fixo unha solicitud en Arizona para cambiar o seu nome a Jeff Ayres, poñendo así o apelido do seu pai biolóxico.[4] O cambio foi anunciado oficialmente en setembro de 2013.[5]