Liaoning Flying Leopards – No. 14 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1984 (39 anos) Memphis, Estados Unidos |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 86 kg (190 lb) |
Posición | Escolta |
Liga | CBA |
Información da carreira | |
Instituto | Central (Memphis, Tennessee) |
Universidade | SW Tennessee CC (2005–2007) Tennessee–Martin (2007–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 58 Por Boston Celtics |
Carreira | 2009−presente |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2009–2010) → Maine Red Claws (2009) Memphis Grizzlies (2010) → Dakota Wizards (2010) Washington Wizards (2010–2011) Guangdong Southern Tigers (2011) Qingdao DoubleStar (2011–2012) Austin Toros (2012) Cleveland Cavaliers (2012) Memphis Grizzlies (2012) Dongguan Leopards (2012–2013) Austin Toros (2013) Xinjiang Flying Tigers (2013–2014) Liaoning Flying Leopards (2014–2015) Los Angeles Clippers (2015) Liaoning Flying Leopards (2015−presente) |
Lester Hudson, nado o 7 de agosto de 1984 en Memphis, Tennessee, é un xogador profesional americano de baloncesto que actualmente xoga nos Liaoning Flying Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).
Hudson foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Boston Celtics. Durante os primeiros meses da tempada 2009-10, Hudson pasou o tempo entre os Celtics e o seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws. Foi cortado polos Celtics o 6 de xaneiro de 2010. Dous días máis tarde, foi contratado polos Memphis Grizzlies.[1] Os Grizzlies asignaron a Hudson aos Dakota Wizards da D-League o 28 de febreiro de 2010.[2] Foi cortado o 1 de xullo de 2010. Durante a liga de verán de 2010, xogou para os Washington Wizards, foi invitado aos adestramentos dos Wizards para a tempada 2010-11, e conseguiu entrar no equipo para xogar esa tempada. Tras xogar seis partidos, foi cortado polos Wizards o 21 de novembro de 2010.[3] Foi fichado de novo o 20 de decembro de 2010,[4] pero foi cortado de novo o 5 de xaneiro de 2011.[5]
En xaneiro de 2011, asinou co Guangdong Southern Tigers da Chinese Basketball Association. En novembro de 2011, asinou co Qingdao DoubleStar, tamén da liga chinesa. O 30 de marzo de 2012, Hudson asinou cos Cleveland Cavaliers o primeiro de dous contratos de dez días.[6] Adaptouse moi rapidamente ao equipo, anotando polo menos 23 puntos en tres partidos consecutivos a comezos de abril. O 20 de abril de 2012, tras rematar o segundo contrato de dez días cos Cavaliers, asinou cos Memphis Grizzlies un contrato para o resto da tempada 2011-12.[7] O 1 de outubro de 2013, asinou cos Utah Jazz.[8]