Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-au) Oscar Jack Piastri 6 de abril de 2001 (23 anos) Melbourne, Australia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de carreiras , piloto de Fórmula Un |
Lingua | Inglés australiano |
Nacionalidade deportiva | Australia |
Deporte | automobilismo |
Oscar Jack Piastri, nado en Melbourne o 6 de abril de 2001, é un piloto de carreiras australiano que compite actualmente na Fórmula Un para McLaren, antes foi o piloto de reserva do Alpine F1 Team na tempada 2022, xa que estivo anteriormente no academia de pilotos do equipo. Gañou a Formula Renault Eurocup de 2019 con R-ace GP, e gañou o Campionato de FIA de Formula 3 de 2020 e o Campionato de Fórmula 2 de 2021 con Prema Racing. Só é o sexto piloto que gaña o campionato de GP2/Fórmula 2 na súa tempada de novato, e o quinto piloto que gaña o campionato de GP3/Fórmula 3 e o Campionato de GP2/Fórmula 2 en tempadas consecutivas. Fixo o seu debut na Fórmula 1 no 2023 pilotando para McLaren.
Oscar Piastri é fillo de Chris e Nicole (de solteira MacFadyen) Piastri en Melbourne, Australia. Asistiu ao Haileybury College Melbourne e ao Haileybury College do Reino Unido como alumno de internado cunha bolsa deportiva.[1][2][3] Chris Piastri serviu como mecánico do seu fillo durante os primeiros anos de Oscar nas carreiras en Australia e agora é o fundador e propietario de HP Tuners, unha empresa de software de diagnóstico de vehículos para automóbiles.[4] Oscar ten tres irmás.[5] Ten devanceiros italianos, iugoslavos e chineses.[6][7][8]
Piastri comezou a correr con coches teledirixidos a nivel nacional antes de comezar a súa carreira de karting en 2011.[9] Despois de ser profesional e competir en varias carreiras e campionatos australianos en 2014,[10] Piastri comezou a competir en Europa e outros campionatos de karting sancionados pola CIK-FIA con Ricky Flynn Motorsport ao ano seguinte. Trasladouse ao Reino Unido para avanzar na súa carreira como pilotor en 2016, rematando sexto no Campionato do Mundo de 2016 en Bahrain.[11][12][13]
A principios de 2016, Piastri conseguiu o seu primeiro patrocinio importante, HP Tuners (fundado e propiedade do seu pai), que axudou a financiar a súa andaina nas carreiras. Amosouno no seu traxe de carreiras e no seu coche durante as tempadas da serie GP3, F3 e F2. Máis tarde, en 2016, Piastri fixo o seu debut nun monopraza en roldas seleccionadas do Campionato de Fórmula 4 dos EAU con Dragon F4, logrando dous podios para ocupar o sexto lugar do campionato.[14]
En 2017 Piastri foi elixido como parte da formación do TRS Arden Junior Racing Team para o campionato británico Británico de F4.[15] Alí logrou seis vitorias e seis pole positions para rematar como subcampión de Jamie Caroline.[16][17]
En decembro de 2018, Piastri participou na proba de postempada en Yas Marina con Trident.[18]
En 2018, Piastri fixo o seu debut no campionato, reencontrándose con Arden.[19] Conseguindo tres podios, cunha segunda posición na segunda carreira en Hockenheim, rematou a tempada noveno no campionato.[20]
En decembro de 2018, anunciouse que Piastri cambiaría aos vixentes campións por equipos R-ace GP para o campionato 2019.[21] Obtivo a súa primeira vitoria na serie en Silverstone[22] e repetiu cunha segunda vitoria no mesmo circuíto un día despois.[23] Converteuse no primeiro piloto en gañar tres carreiras en 2019 tras conseguir a vitoria en Spa-Francorchamps en xullo,[24] e converteuse no campión tras lograr unha vitoria e o cuarto posto na rolda final en Yas Marina.[25]
Competiu no Campionato da FIA Fórmula 3 de 2020 co equipo Prema Racing. Gañou a súa carreira de debut na categoría en Austria. Subiu ao podio tres veces seguidas nas roldas 3 e 4, e volveu gañar na 2ª carreira de Barcelona. Subiu ao podio por última vez na 1ª carreira de Monza. Na última rolda, Piastri terminou sétimo na 2ª carreira, o que lle permitiu coroarse campión por tres puntos, por diante de Théo Pourchaire e o seu compañeiro Logan Sargeant.[26]
En 2021 continuou en Prema para competir no Campionato da FIA de Fórmula 2.[27] A súa primeira vitoria na categoría foi na 2ª carreira da primeira rolda.[28] Grazas aos bos resultados que inclúen dous podios en Mónaco, un en Bakú e outro en Silverstone, Piastri tomou o liderado do campionato despois da cuarta rolda, superando a Guanyu Zhou, o seu compañeiro de equipo na Academia Alpine.[29] Nas últimas catro xornadas logrou catro pole positions e cinco vitorias que lle permitiron facerse co título na última xornada do ano.[30]
Piastri uniuse á Renault Sport Academy en xaneiro de 2020.[31][32] Despois de gañar o Campionato da FIA de Fórmula 3 no 2020, participou na súa primeira proba de Fórmula 1 en outubro co Renault F1 Team, conducindo o Renault R.S.18 no Circuíto Internacional de Bahrain xunto aos pilotos compañeiros na académia Christian Lundgaard e Zhou Guanyu.[33] Seguiu sendo parte da agora rebautizada Academia Alpine en 2021 e pilotou o Alpine A521 na proba de novos pilotos de postemporada no Circuíto de Yas Marina en decembro.[34]
Despois da súa vitoria na Fórmula 2, Piastri foi nomeado piloto de reserva do Alpine F1 Team para a tempada 2022.[35] Tamén estivo dispoñible como piloto reserva para McLaren tras un acordo entre os dous equipos.[36] Participou en máis sesións de probas no Alpine A521 durante toda a tempada, incluíndo o Circuíto das Américas, Circuíto Internacional de Losail e Circuíto de Silverstone.[37][38][39]
Alpine e Piastri chegaron a un acordo para finalizar o contrato de Piastri con Alpine o 12 de novembro de 2022, o que lle permitiu pilotar para McLaren na sesión de probas do Gran Premio de Abu Zabi.[40]
Piastri correu para McLaren no 2023 xunto a Lando Norris.[41][42] Alpine acordou rescindir o contrato de Piastri antes de tempo para permitir que Piastri se una a McLaren na sesión de probas de postempada inmediatamente despois do Gran Premio de Abu Zabi de 2022.[43] Na súa primeira carreira no Gran Premio de Bahrain, Piastri foi o primeiro retirarse da carreira na volta 14, onde o seu coche non se reiniciou tras un cambio de volante.[44]
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Vitorias | Poles | V/Rápidas | Podios | Puntos | Posición | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016–17 | Formula 4 UAE Championship | Dragon F4 | 11 | 0 | 0 | 0 | 2 | 94 | 6º | |
2017 | F4 British Championship | TRS Arden Junior Team | 30 | 6 | 6 | 5 | 13 | 376.5 | 2º | |
Formula Renault NEC | Arden Motorsport | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 26 | 21º | ||
2018 | Formula Renault Eurocup | Arden Motorsport | 20 | 0 | 0 | 0 | 3 | 110 | 8º | |
Formula Renault NEC | 8 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | NC† | |||
2019 | Formula Renault Eurocup | R-ace GP | 19 | 7 | 5 | 6 | 11 | 320 | 1º | |
2020 | FIA Formula 3 Championship | Prema Racing | 18 | 2 | 0 | 4 | 6 | 164 | 1º | |
2021 | FIA Formula 2 Championship | Prema Racing | 23 | 6 | 5 | 6 | 11 | 252.5 | 1º | |
2022 | Fórmula 1 | BWT Alpine Formula One Team | Piloto de reserva | |||||||
McLaren F1 Team | ||||||||||
2023 | Fórmula 1 | McLaren F1 Team | 22 | 0 | 0 | 2 | 2 | 97 | 9º* | |
2024 | Fórmula 1 | McLaren F1 Team | 9 | 0 | 0 | 1 | 1 | 81* | 6º* |
† Como Piastri era un piloto invitado, non podía puntuar.
(clave) (As carreiras en negra indican a pole position; as carreiras en cursiva indican puntos para a volta rápida dos dez primeiros clasificados)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2020 | Prema Racing | RBR FEA 1 |
RBR SPR 8 |
RBR FEA 4‡ |
RBR SPR 5 |
HUN FEA 2 |
HUN SPR 2 |
SIL FEA 2 |
SIL SPR Ret |
SIL FEA 7 |
SIL SPR 6 |
CAT FEA 6 |
CAT SPR 1 |
SPA FEA 5 |
SPA SPR 6 |
MNZ FEA 3 |
MNZ SPR Ret |
MUG FEA 11 |
MUG SPR 7 |
1º | 164 |
‡ > Outorgáronse a metade de puntos xa que se completou menos do 75 % da distancia da carreira.
(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican puntos pola volta rápida para os dez primeiros clasificados)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2021 | Prema Racing | BHR SP1 5 |
BHR SP2 1 |
BHR FEA 19† |
MON SP1 8 |
MON SP2 2 |
MON FEA 2 |
BAK SP1 Ret |
BAK SP2 8 |
BAK FEA 2 |
SIL SP1 6 |
SIL SP2 4 |
SIL FEA 3 |
MNZ SP1 4 |
MNZ SP2 7 |
MNZ FEA 1 |
SOC SP1 9 |
SOC SP2 C |
SOC FEA 1 |
JED SP1 8 |
JED SP2 1 |
JED FEA 1‡ |
YMC SP1 3 |
YMC SP2 Ret |
YMC FEA 1 |
1º | 252.5 |
† O piloto non rematou a carreira, pero clasificouse xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira.
‡ Outorgáronse a metade de puntos xa que se completou menos do 75 % da distancia da carreira.
(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2024 | McLaren F1 Team | McLaren MCL61 | Mercedes F1 M14 E Performance 1.6 V6 t |
BHR 8 |
SAU 4 |
AUS 4 |
XAP 8 |
CHN 87 |
MIA 136 |
EMI 4 |
MON 2 |
CAN 5 |
ESP |
AUT |
GBR |
HUN |
BEL |
NED |
ITA |
ACE |
SIN |
USA |
MEX |
BRA |
LVG |
QAT |
ABU |
6º* | 81* |
2023 | McLaren F1 Team | McLaren MCL60 | Mercedes F1 M14 E Performance 1.6 V6 t |
BHR Ret |
SAU 15 |
AUS 8 |
ACE 11 |
MIA 19 |
EMI C |
MON 10 |
ESP 13 |
CAN 11 |
AUT 16 |
GBR 4 |
HUN 5 |
BEL Ret2 |
NED 9 |
ITA 12 |
SIN 7 |
XAP 3 |
QAT 21 |
USA Ret |
MEX 8 |
BRA 14 |
LVE 10 |
ABU 6 |
9º | 97 |
|url=
incorrecto (Axuda). Brand. 11 de decembro de 2021. Parámetro descoñecido |dataacceso2=
ignorado (Axuda)
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oscar Piastri |