Esta páxina ofrece algúns principios de boa conduta para traballar cos demais na Wikipedia.

As persoas que colaboran na Wikipedia poden proceder de países e culturas diferentes. É posible diferir amplamente nos puntos de vista, perspectivas e opinións. É de vital importancia tratar as outras persoas con respecto para conseguir grao efectivo de colaboración na construción desta enciclopedia global.

Principios de conduta na Wikipedia[editar a fonte]

Evita as críticas indirectas

Procura evitar o uso de comiñas e outros recursos que impliquen críticas ou indirectas, nos resumos de edición e mais nas páxinas de conversa. Por respecto aos demais usuarios, as críticas da edición doutra persoa, da redacción e elección da terminoloxía ou calquera resposta crítica a un comentario debe facerse de xeito claro, directo e explícito, de maneira que poida ser facilmente entendida e respondida.

Ten presente que o sarcasmo non é tan fácil de transmitir na escrita e pode malinterpretarse. Á hora de expresar críticas deben evitarse as insinuacións, os dobres sentidos e as sutilezas excesivas ou inxustificadas. Este punto tamén axuda ao editor que recibe a crítica a entender correctamente a situación e dar unha resposta aos problemas. Isto tamén pode axudar a aquelas persoas que non teñan o galego como lingua materna.

Cando sexa necesario utilizar este estilo de comunicación para ser conciso ou ilustrativo, o mellor é explicar o significado das comiñas ou de calquera outra indirecta expresada.

Por descontado, a comunicación crítica de calquera maneira e en relación a calquera asunto debe ser cívica, debe asumir a boa fe e non debe ser dura cos novatos. En caso de dirixirse ao comportamento dun editor ou a outros aspectos dun comentarios, as críticas en ningún caso deben constituír un ataque persoal.

Como evitar o abuso das páxinas de conversa[editar a fonte]

A maioría da xente séntese orgullosa do seu traballo e punto de vista. É fácil ferir o ego de alguén debido á edición dun artigo, mais as páxinas de conversa non son o lugar axeitado para contraatacar. Son un bo lugar para calmar os ánimos ou reparar o dano causado, pero, sobre todo, o seu verdadeiro propósito é forxar acordos que beneficien os artigos asociados a elas. Se alguén non está de acordo contigo, intenta entender o motivo e toma un tempo na conversa para achegar boas razóns para pensar que o teu modo de pensar é o mellor.

O proceso de mellora empregado na Wikipedia é iterativo e a análise crítica do traballo anterior é parte necesaria dese traballo. Se non estás preparado para que o teu traballo sexa minuciosamente examinado, analizado e criticado posiblemente a Wikipedia non é o lugar axeitado para ti.

Non desacredites ou ataques persoalmente ás outras persoas polas súas edicións. Dicir dunha persoa que é "racista" ou "sexista" fai que se poñan á defensiva. Isto fai difícil debater sobre os artigos dun modo produtivo. Se tes que facer unha crítica, faino amable e construtivamente. Evita o uso de diatribas, mesmo se as utilizas sen intención de atacar, para non dar pé á súa interpretación como ataques persoais.

Outro consello práctico é deixar clara a postura que se está defendendo, especialmente nas respostas. Nas respostas, pódense usar citas textuais doutras persoas, pero sempre é mellor parafrasear ou explicar a interpretación que se lles dá ás palabras. Pódese indicar isto con expresións como "Como semellas dicir..." ou "Segundo entendín das túas palabras..." para remarcar que son interpretacións. Antes de saír a dicir que alguén está errado, reflexiona uns segundos para asegurarte de que non malinterpretaches as súas palabras.

Cómpre lembrar tamén que a edición dos comentarios dun editor nunha páxina de usuario está mal visto, mesmo se a edición é unha corrección ortográfica ou gramática.

Traballar cara ao punto de vista neutral[editar a fonte]

Cando se tratan casos nos que se produciu unha posible violación da política sobre o punto de vista neutral é moi recomendable obrar como se describe a continuación.

Primeiro de todo, pregunta na páxina de conversa do artigo sobre os aspectos do mesmo que consideras que non seguen o punto de vista neutral[1] e suxire redaccións alternativas. Se non hai resposta, fai as modificacións propostas. Se obtés resposta, intenta chegar a un acordo sobre a redacción definitiva. Deste xeito, ao acadar un consenso, evítanse as guerras de edición. Porén, a desvantaxe é que o artigo permanece nun estado insatisfactorio durante un período de tempo máis longo; isto pódese solucionar puntualmente incluíndo un marcador que advirta do problema, como ((Atención)).

Algunhas cousas a ter presentes

Os artigos da Wikipedia deben representar todos os puntos de vista relevantes, no canto de impoñer un sobre outro. Isto significa que os editores deben deixar as súas opinións persoais e consideracións á parte ao escribir o artigo. As páxinas de conversa non existen para debater xuízos de valor sobre cales son os puntos de vista certos e equivocados. Para iso hai grupos de conversa en blogs públicos e outros wikis. Utiliza as páxinas de conversa dos artigos para falar sobre as exactitudes/inexactitudes ou os problemas de obxectividade do artigo, non para facer propaganda.

A Wikipedia invita a todo o mundo a ser valente, aínda que é sabio destacar que é posible ser demasiado valente. Antes de iniciar unha discusión, pregúntate: Paga a pena discutir sobre isto? Podo achegar un resumo coa miña de edición e agardar que os demais expresen opinións? As miñas accións teñen consecuencias que non considerei?

As conversas pódense levar ao correo electrónico ou ás páxinas de conversa de usuario se non son esenciais para o artigo. Se non conxenias con alguén, non interactúes con esa persoa máis do necesario. Os conflitos innecesarios distraen o resto da tarefa de facer unha boa enciclopedia. O acoso dentro do wiki é completamente improdutivo. Se tratarse dun xeito máis amigable non axuda, poida que o mellor sexa que esas persoas se eviten canto sexa posible.

Como xa comentamos antes, a edición das palabras asinadas por outra persoa nunha conversa non é, por regra xeral, aceptable. Unha modificación nun comentario pode alterar o significado orixinal e terxiversar a opinión do editor que o emitiu. Evita editar os comentarios doutros usuarios a menos que sexa necesario.

Outros consellos[editar a fonte]

Unhas palabras de despedida de Larry Sanger:[2]

Notas[editar a fonte]

  1. A menos que violen claramente a política do punto de vista neutral, en cuxo caso deberían retirarse coa maior brevidade, especialmente nas biografías de persoas vivas.
  2. Publicadas por Larry Sanger na súa páxina de usuario o 14 de febreiro de 2003.