Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.)

Na terminoloxía de Internet, un trol[1] é unha persoa que busca intencionadamente interromper as discusións en Internet (por exemplo en foros) ou anoxar os seus participantes, para o que adoita empregar mensaxes groseiras, ofensivas ou fóra de tema coa intención de provocar a reacción dos demais. A palabra tamén se emprega para describir ditas mensaxes.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O emprego contemporáneo do termo xurdiu nos grupos de noticias de Usenet a finais dos anos 1980. Adoita crerse que é un diminutivo da frase trolling for suckers (aproximadamente, ‘pescando pailáns’), que á súa vez deriva da expresión inglesa trolling for fish, alusiva a unha técnica de pesca na que se vai deixando tras un bote unha sedela con cebo ou chamarices para atraer os peixes.

O uso da palabra xeneralizouse probablemente debido ó seu apropiado segundo significado, o dos trols da mitoloxía escandinava e os contos infantís, retratados a miúdo coma criaturas feas e odiosas inclinadas á maldade. A imaxe do trol baixo a ponte no conto Os tres cabriños rabuxentos (tamén coñecido coma O xigante e as tres cabriñas) enfatiza a reacción negativa do trol cara ós estraños que se adentran no seu contorno físico, particularmente por aqueles que teñen a intención de pastar nos seus dominios sen permiso.

Círculos viciosos

[editar | editar a fonte]

Para moita xente, a característica distintiva do comportamento dun trol é a percepción do intento por trastornar a comunidade dalgún xeito: escribir mensaxes incendiarias, sarcásticas, disruptivas ou humorísticas destinadas a arrastrar os demais usuarios a unha confrontación infrutuosa. Canto maior sexa a reacción da comunidade, máis probable será que o usuario volva a comportarse coma un trol, pois irá crendo que certas accións logran o seu obxectivo de provocar o caos. Isto fixo que xurda o protocolo a miúdo repetido na cultura de Internet: «Non alimente o troll» (Don't feed the troll).

A miúdo ocorre que alguén escribe unha mensaxe sincera sobre o que será emocionalmente sensible. Os troles habilidosos saben que unha forma sinxela de enfadalo é afirmar deshonestamente que dita persoa é un trol. Noutras ocasións, unha persoa pode non entender ou encaixar inmediatamente nas normas sociais dun foro onde a maioría dos participantes si o fan. Como resultado, actuar lixeiramente fóra das normas (a miúdo non intencionadamente e por razóns lexítimas) fai que dita persoa sexa cualificada de trol. Ás veces pode ser difícil distinguir entre un usuario que simplemente ten valores, puntos de vista ou ideas diferentes e un que se comporta intencionadamente coma un trol. Desafortunadamente, moitos usuarios reaccionan agresivamente á primeira impresión dun suposto trol, o que ás veces leva a que usuarios novatos desgustados ou minorías políticas sexan considerados troles.

Cultura trol

[editar | editar a fonte]

A longa historia dos troles e o forte apoio cara ó discurso anónimo e pseudónimo en Internet suxiren que a historia do «troll anónimo» está só nos seus comezos. Se pode considerarse coma unha «cultura», formada por xente que non se coñece entre si, agás mediante a experiencia común de ser rexeitados en foros de Internet, é cuestionable, pero algúns afirman que é posible e que xa está ocorrendo.

Hai fortes evidencias disto na existencia de foros que afirman existir especificamente para dar apoio ós troles, para intercambiar trucos e identificar brancos que outros troles poden estar provocando ou discutindo frutiferamente.

A cultura trol obsérvase mellor nos troles que non coñecen aos outros cos que traballan. Debido a que os métodos comúns de crear mensaxes incendiarias son moi coñecidos e obxecto de bromas en moitos sitios de Internet, é ás veces posible para un trol identificar outro trol en acción. Un trol actuando sobre outro trol crea a miúdo tal cantidade de aparente drama entre eles que se toma en serio por observadores que non sexan troles (especialmente se toman partido por algún bando). O resultado final é que os dous troles poden colaborar para lograr que a discusión do foro xire en torno a eles ou que unha conversación saia de tema máis eficazmente que se o fixesen sen axuda.

Os troles como falsificadores de identidade

[editar | editar a fonte]

Inicios

[editar | editar a fonte]

Antes de que Deja News comezara a arquivar Usenet, os informes sobre os troles eran imprecisos, con poucas probas que estudar. Con todo, a partir de entón os enormes arquivos estiveron dispoñibles para os investigadores. Pode que o primeiro caso (aínda que pouco documentado) sexa a saga de 1982-83 de Alex e Joan nos foros de CompuServe. Van Gelder, un periodista da revista Ms., documentou en 1996 o incidente nun artigo en dita publicación. Alex (na vida real un psiquiatra cincuentón moi tímido de Nova York) facíase pasar por unha rimbombante e antirrelixiosa muller muda chamada Joan, atada a unha cadeira de rodas tras un accidente de coche, «para poder relacionarse mellor coas súas pacientes femininas». Esta farsa prolongouse durante dous anos, e Joan chegou a converterse nun personaxe enormemente detallado cunha colección de relacións emocionais. Todo comezou a virse abaixo cando Joan persuadiu a unha das súas amigas en liña para que tivese unha aventura con Alex.

Mesmo aqueles que case non coñecían a Joan sentíronse implicados —e en certa forma traizoados— polo engano de Alex. A moitos de nós gústanos crer que a comunidade en liña é unha utopía do futuro, e o experimento de Alex demostrounos a todos que a tecnoloxía non é un escudo contra as mentiras. Perdemos a nosa inocencia, cando non a fe.
Van Gelder, 1996, p. 534

Os troles nos anos 1990

[editar | editar a fonte]

Unha das primeiras referencias a un trol no arquivo de Usenet de Google foi feita polo usuario Mark Miller sobre outro usuario chamado Tad (8 de febreiro de 1990) [1] Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Con todo, non está claro se o termo «troll» se usou no seu sentido actual, ou se foi simplemente unha elección casual dun epíteto:

Estás tan lonxe de ser capaz de entender algo do que calquera di aquí que isto só leva á inutilidade. O verdadeiramente triste é que de verdade cres que estás gañando. Es unha terrible dilapidación de recursos naturais – por favor reintégrate na cadea alimentaria... estúpido troll flatulento.

A máis probable orixe do termo pode atoparse na expresión trolling for newbies (que significa aproximadamente ‘pescando novos’), que a comezos dos anos 1990 fíxose popular no grupo de Usenet alt.folklore.urban. O seu uso era algo diferente á actual noción de trol, sendo unha broma privada relativamente suave sobre os usuarios novos consistente en facer preguntas ou mencionar temas de conversación tan trillados que só un deles respondería seriamente. Outros estenderon o termo para incluír a práctica de representar o papel dun usuario seriamente desinformado ou inxenuo, mesmo en grupos onde non se era un participante habitual, pero estas tentativas foron a miúdo máis broma que provocación. En tales contextos, o substantivo «troll» adoitaba referirse ó acto máis que ó autor.

Algúns usuarios veteranos de Usenet continuaron insistindo nestas primeiras definicións mesmo despois de que o termo fose aplicado máis xeralmente ás accións incendiarias previamente caracterizadas como flamebait.

Identidade

[editar | editar a fonte]

Na literatura seria a práctica foi documentada por primeira vez por Judith Donath (1999), quen usou varios exemplos anecdóticos de diversos grupos de noticias de Usenet na súa discusión. O ensaio de Donath trazaba a ambigüidade da identidade nunha «comunidade virtual» incorpórea [2]:

No mundo físico hai unha inherente unidade co eu, pois o corpo proporciona unha convincente e práctica definición de identidade. A norma é: un corpo, unha identidade. [...] O mundo virtual é diferente. Está composto de información máis que de materia.

Donath proporciona unha concisa visión xeral dos xogos de falsificación de personalidade que xorden da confusión entre a comunidade física e a epistémica:

Os trolls xogan a falsear a súa personalidade, aínda que o fagan sen o consentimento da maioría dos xogadores. O troll tenta pasar por un participante lexítimo, compartindo os intereses e preocupacións comúns do grupo. Os membros dos grupos de noticias, se son conscientes dos trolls e doutras falsificacións de personalidade, tentan distinguir as mensaxes auténticas das escritas por eles e, tras xulgar un usuario como troll, obrigar o ofensor a abandonar o grupo. O seu éxito no primeiro depende do grao no que eles —e o troll— entendan as pistas da identidade, e o seu éxito no segundo, de se o pracer do troll se ve o suficientemente diminuído ou atenuado polos castigos impostos polo grupo. Os trolls poden ser molestos de diversas formas. Un troll pode desbaratar a discusión nun grupo de noticias, diseminar malos consellos, e danar o sentimento de confianza na comunidade do grupo de noticias. Máis aínda, nun grupo que se volveu sensible ós trolls —onde o índice de enganos sexa alto—, moitos que honestamente fan preguntas inxenuas poden ser rapidamente rexeitados como trolls. Isto pode ser bastante desalentador para un usuario novo que, tras atreverse a escribir a súa primeira mensaxe é inmediatamente bombardeado con iradas acusacións. Mesmo se as acusacións son infundadas, ser cualificado como un troll é bastante daniño para a reputación en liña de un.
Donath, 1999, p. 45

Uso

[editar | editar a fonte]
As imaxes de Prohibido dar de comer ó troll úsanse para indicar ós demais que non animen os troles reaccionando ante eles.

O termo «troll» é altamente subxectivo. Certos lectores poden clasificar unha mensaxe como trol mentres outros verán a mesma mensaxe coma unha contribución lexítima á discusión, aínda que sexa controvertida. O termo úsase frecuentemente para desacreditar unha posición contraria ó seu propoñente mediante o argumento ad hominem. Igualmente, dicir que alguén é un trol significa facer suposicións sobre os seus motivos, que poden ser incorrectas. Deixando á parte os motivos do autor, as mensaxes controvertidas teñen moitas posibilidades de atraer unha resposta correctiva, protectora ou violenta daqueles que non distinguen entre as comunidades físicas reais (onde a xente está realmente exposta a algún risco compartido de dano corporal polas súas accións) e as comunidades epistémicas (baseadas nun mero intercambio de palabras e ideas). Normas de tratamento, ou etiqueta, que se orixinaron en tales comunidades físicas son con frecuencia aplicadas inxenuamente ó discurso en liña polos acabados de chegar que non están acostumados á gama de puntos de vista expresados en liña, a miúdo anonimamente. Deste xeito, tanto os usuarios coma as súas mensaxes son comunmente e ás veces inexactamente cualificados de troles cando ofenden o grupo: ironicamente, a xente pode estar máis inclinada a empregar epítetos coma «troll» nas discusións públicas en liña do que o estarían en persoa, xa que os foros en liña poden parecer máis impersoais. A miúdo emprégase a expresión «Prohibido dar de comer ó troll». En IMDb coméntase que o trol común non entende as palabras «opinión» nin «abandonar», o que significa que cre que ten opinións superiores e que non abandonará ata que obteña a satisfacción que busca.

Cando se aplica apropiadamente o comportamento en liña intencionadamente disruptivo, a palabra «troll» converte economicamente un código abstracto de conduta en liña nunha imaxe concreta. Os participantes experimentados en foros en liña saben que a forma máis efectiva de disuadir un trol normalmente é ignoralo, xa que as respostas animan os auténticos troles a continuar escribindo mensaxes disruptivas en ditos foros: de aí o frecuente aviso de «Prohibido dar de comer ó troll». Enviar este sinal publicamente, en resposta ó comportamento dun trol para desanimar máis respostas, pode disuadir ó trol. Con todo, tamén pode ter o efecto contrario, pasando a ser el mesmo comida para o trol. Polo tanto, cando un participante nun foro ve unha resposta aparentemente inocente a un trol como potencial comida para este, pode ser máis prudente enviar o aviso de «Prohibido dar de comer ó troll» nunha mensaxe privada (por exemplo, por correo electrónico).

Os troles en diferentes medios de Internet

[editar | editar a fonte]

Os troles actúan de formas distintas en diferentes medios. Empezaron en grupos de noticias, e a medida que Internet evolucionou, así o fixeron os troles.

Exemplos

[editar | editar a fonte]

Troles dun só golpe

[editar | editar a fonte]

As mensaxes dun trol dun só golpe intentan ser disruptivos e tenden a ser moi obvias para asegurar que reciben respostas anoxadas.

Troles disruptivos

[editar | editar a fonte]

Troles que buscan atención

[editar | editar a fonte]

Este tipo de troles buscan incitar tantas respostas como sexa posible e absorber unha cantidade desproporcionada do total de atención colectiva.

Outros exemplos

[editar | editar a fonte]

Algúns troles poden denunciar unha determinada relixión nun grupo de noticias relixioso, aínda que historicamente se chamou a isto flamebait (véxase máis arriba). Como aqueles que se enguedellan nunha «guerra de chamas» (flamewar), os supostos ou autoproclamados troles de Internet ás veces recorren ó dobre sentido ou ó despiste na procura do seu obxectivo. É posible distinguir entre as mensaxes incendiarias e os comentarios dun trol: as primeiras teñen a intención de ser antisociais e ofensivas mentres os segundos buscan provocar unha reacción, aínda que tamén poden ser considerados como antisociais, a pesar da intención do autor.

Un caso particular da segunda variedade (mensaxes incendiarias) implica enviar contido obviamente oposto ós intereses (declarados ou implícitos) do grupo ou foro. Por exemplo, enviar receitas de carne de gato nun foro sobre animais de compañía, teorías evolutivas nun foro creacionista ou mensaxes sobre o aburridos que son os dragóns no grupo de Usenet alt.fan.dragons.

O «troll monicreque» entra a miúdo nun foro empregando varias identidades diferentes. A medida que os comentarios provocativos dunha identidade atraen respostas cada vez máis críticas doutros membros do foro, o trol intervén na discusión empregando unha segunda identidade para apoiar a primeira. Alternativamente, o trol pode empregar esta segunda identidade para criticar a primeira e gañar así credibilidade ou estima no foro.

O envío cruzado (crossposting) é un método popular dos troles de Usenet: unha mesma mensaxe pode ser discutida simultaneamente en varios grupos de noticias non relacionados e mesmo opostos, o que probablemente remate nunha «guerra de chamas» (flamewar). Por exemplo, unha mensaxe-chama (flamebait) contra a comida rápida podería enviarse simultaneamente a grupos sobre a alimentación sa, a ecoloxía e os dereitos animais, así como tamén a un grupo sobre un tema totalmente alleo, como a intelixencia artificial.

Un exemplo de trol con éxito é o arquicoñecido fío de Usenet Oh how I envy American students Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (‘Ai, como envexo os estudantes estadounidenses’) que obtivo máis de 3.500 respostas. Este trol foi escrito por alguén facéndose pasar por un estudante europeo, e enviado con acerto a tódolos grupos de noticias de institutos e universidades, deixando entón que os estudantes americanos fixesen todo o traballo de difusión. O fío estivo activo preto dun ano (xerando de media unha resposta cada 160 minutos) e o seu mellor golpe foi cando unha inocente estudante estadounidense non só perdeu a súa conta de Internet senón tamén que foi expulsada do instituto por abusar dos ordenadores, pois dalgunha forma logrou cargar coa culpa de comezar o trol.

Motivación

[editar | editar a fonte]

Os «trolls» autoproclamados poden designarse a si mesmos como avogados do diaño, tabáns sociais ou «alborotadores culturais», desafiando o discurso dominante e as asuncións dos foros de discusión nun intento de romper o statu quo de pensamento grupal: o sistema de crenzas que prevalece na súa ausencia.

Algúns críticos afirman que os auténticos «avogados do diaño» xeralmente se identifican a si mesmos como tales polo ben da etiqueta e a cortesía, mentres que os troles poden rexeitar ambas. A maioría da discusión sobre que motiva os troles procede doutros usuarios de Internet que afirman ter estudado o seu comportamento. Hai pouca literatura de investigación que describa o termo ou o fenómeno. Os comentarios de usuarios acusados de ser troles poderían ser pouco fiables, xa que de feito poderían estar tentando estimular a controversia máis que avanzar no entendemento do fenómeno. Da mesma forma, os acusadores están con frecuencia motivados por un desexo de defender un determinado proxecto e as referencias a que un usuario de Internet sexa un trol poderían non ter base nas metas reais de dita persoa. Como resultado, identificar as metas dos troles resulta case sempre especulativo. Aínda así, varias metas básicas fóronlles atribuídas ós troles, segundo o tipo de disrupción que se pensa que están provocando.

Para complicar máis o asunto, moitos acusadores equivócanse ó cuestionar primeiro se o suposto material trol é realmente disruptivo (un compoñente obrigatorio de dito comportamento) antes de declaralo como tal. Así, moitos troles nacen da propia inferencia demasiado rápida da outra parte, sexa esta exacta ou non.

As motivacións propostas son:

É difícil estimar as motivacións dos troles, dado que a maioría das xustificacións ofrecidas polos presuntos troles non son máis que artimañas tramadas para continuar coa travesura que imaxinan que emprenderon. Isto resulta desafortunado porque, como o anterior supón, hai razóns lexítimas para emprender o tipo de accións propias dos troles. Así e todo, a etiqueta é o suficientemente simple e sinxela como para que a maioría da xente prevexa os propósitos manifestados polos troles autodeclarados sen chegar a recorrer a estes métodos. Dado que hai un amplo espectro de posibles motivacións para os troles, resultando algunhas delas benévolas e outras claramente malévolas, cualificar usuarios de troles no sentido negativo resulta con frecuencia imprudente.

Algúns usuarios de foros de Internet están considerados coma «cazadores» ou «provocadores» de troles. Entran voluntariamente en conflito cando os troles xorden. Con frecuencia os cazadores de troles son tan disruptivos coma estes. Unha única mensaxe de trol pode ser ignorada, pero se dez cazadores de troles «saltan» seguíndoo, dirixirán o fío fóra de tema.

Sobre os conflitos relacionados cos troles, hai seis grupos nos que podería clasificarse os usuarios:

Solucións e alternativas

[editar | editar a fonte]

En xeral, a sabedoría popular aconséllalles ós usuarios evitar alimentar os troles, e ignorar as tentacións de responder. Contestar a un trol leva a discusión inevitablemente fóra do tema, para consternación dos espectadores, e proporciónalle ó trol a ansiada atención. Cando os cazadores de troles se abalanzan sobre eles, os indiferentes responden con YHBT. YHL. HAND., é dicir, You have been trolled. You have lost. Have a nice day. (‘Picaches. Perdiches. Que teñas un bo día.’). Porén, dado que os cazadores de troles (como estes) son con frecuencia buscadores de conflitos por si mesmos, quen perde non é o bando do cazador, senón máis ben o resto de usuarios de foro que terían preferido que o conflito nin sequera tivese comezado.

A literatura sobre resolución de conflitos suxire que etiquetar de troles os participantes en discusións en Internet pode perpetuar os comportamentos indesexables. Unha persoa rexeitada por un grupo social, tanto en liña como na vida real, pode adoptar un papel antagonista cara a el, e buscar molestar ou enfadar aínda máis ós seus membros. A etiqueta «troll», con frecuencia un signo de rexeitamento social, podería por tanto perpetuar a súa existencia.

Mellores resultados acostuman obterse cando os usuarios adoptan o papel de moderador e despregan comportamentos máis construtivos evitando xuízos e confrontacións. Os troles son excitados polos cazadores e frustrados polos indiferentes, e ningunha destas dúas emocións producen resultados positivos para o foro. Enfrontarse ós troles remata en «guerras de chamas» (flamewars). Os troles frustrados pola estratexia dos indiferentes poden abandonar o foro (e seguir comportándose igual noutro sitio, ou converterse en usuarios construtivos) ou facerse cada vez máis incendiarios ata que obteñan unha resposta.

Os troles novatos poden experimentar o serio «remordemento do troll», un sentimento de gran pesar tras perder a súa conta (xa sexa a do seu provedor de Internet ou a dun sitio web) debido ás súas accións temerarias.

Hai quen argúe que unha falta de resposta ós troles pode tamén inspirarlles unha conduta máis agresiva. Usuarios particularmente fanáticos ou irracionais participarán nun foro que lles moleste con bastante independencia das respostas que obteñan. A miúdo os troles tamén seguen escribindo mensaxes, ofendéndose con argumentos periféricos ou argumentos que estaban peor fundamentados, ata que as súas posicións se fagan insostibles, momento no que recorrerán ós insultos ou pasarán a outra discusión. Segundo esta lóxica, a confrontación implacable mediante a argumentación (cando esta poida atoparse) pode resultar vital.

Utilidade dos troles

[editar | editar a fonte]

Un importante debate en Internet é se os troles realizan algunha función útil ou non. Dado que trol é un termo tan amplo, se tódalas definicións dadas ata agora deben ser aceptadas, a resposta debe ser definitivamente «si e non».

Os usuarios que realizan moitas funcións útiles pero controvertidas son con frecuencia xulgados como troles e, en tales casos, poden estar en realidade beneficiando o foro no que participan. Por exemplo, a presenza dun ultradereitista descrito como trol pode permitir que un lector conservador se senta máis cómodo expresando os seus puntos de vista, que parecerán moi moderados en contraste. Por outra parte, se os cazadores de troles organizan unha «guerra de chamas» contra o trol ultradereitista, o mirón conservador pode sentirse menos cómodo expresando as súas opinións, en detrimento do foro. A pesar de que os troles afirman loitar contra o pensamento grupal, poden en realidade fomentalo ó cimentar opinións contra eles.

Os troles poden ser tamén, nalgunhas circunstancias, unha fonte de humor xenuíno, o que depende integramente de se o trol é bo ou malo. Adoita ser bastante fácil sinalar a diferenza entre tales accións: un trol malo recorre só a débiles argumentos manidos, mentres un bo creará un perspicaz conxunto de argumentos que arrastre a xente en astutos xiros proporcionando un fío de humor non sequitur.

Os troles poden tamén proporcionar un valioso servizo ó facer que a xente se cuestione a validez do que se le tanto en Internet coma noutras fontes. Os troles mostran que expresar calquera opinión é tan sinxelo como expresar unha opinión informada e razoada, obtendo a mesma visibilidade. Tamén se argüíu que os comentaristas radiofónicos e columnistas xornalísticos ás veces sondan a opinión pública comportándose coma troles. John C. Dvorak e Slashdot son citados a miúdo como exemplos.

Incluso aínda que ás veces se sinalan coma troles contidos útiles e usuarios produtivos, o consenso xeral é que a actividade típica dos troles beneficia só a estes e ós cazadores, e que non deben permitirse en ningún foro. A maioría dos foros rexeita a afirmación de que os troles puros e intencionados persigan algún fin útil. Sábese dalgúns troles que intentaron provocar o borrado de discusións completas, o que serviu de reforzo negativo para os usuarios inexpertos e axudou a reducir a cantidade de spam en grandes foros de discusión. En moitos casos, os troles poden levar o administrador ou os moderadores dun foro a engadir a este mecanismos que preveñan as súas accións. Aínda que isto pode ser considerado coma unha mellora do foro, non é menos certo que tales ferramentas non se necesitarían de non haber troles.

Problemas de comportamento

[editar | editar a fonte]

As definicións precisas de «troll» foron difíciles porque a miúdo dependen de supostos sobre motivacións internas, que foron difíciles de probar concluintemente. Algúns comportamentos tales como insultar non son candidatos para unha clasificación «troll» a menos que a súa intención sexa a de provocar unha reacción, xa que insultar sería considerado máis un comportamento antisocial, caendo quizais mellor baixo a clasificación de «guerra de chamas».

Algúns suxeriron que en vez de cualificar a alguén de «troll» é preferible concentrarse nos comportamentos específicos que un grupo considere molestos e impoñer regras de comportamento que os preveña consistente e adecuadamente. A idea é centrarse nos comportamentos indesexables máis que na motivación destes. Se ditos comportamentos non poden ser identificados, entón quizais o suposto trol debería ser tolerado para ser xustos. Algúns chaman a isto o plan «se non podes identificalo, entón tolérao».

Puntos de vista alternativos

[editar | editar a fonte]

Aínda que o fenómeno trol é maioritariamente considerado unha presenza negativa e indesexable nun foro, algúns afirman que a crenza de que é inherentemente malo pode carretar moitas consecuencias prexudiciais. O uso da palabra «terrorista» é citado a miúdo coma exemplo de abuso. Porén, todo aquilo etiquetado coa palabra «terrorista» esperta un sentimento de mentalidade «nós contra eles» que resulta útil tanto para illar o comportamento trol como para reforzar a «necesidade» de tácticas anti-trol, consolidando polo tanto o apoio dos administradores.

Na maioría dos casos isto último é unha vantaxe inesperada de tratar con troles. Con todo, xorde a cuestión pertinente: «Que ocorre se isto fose o único obxectivo, e o administrador só desexase facer calar certas críticas, como unha pobre moderación, demasiada publicidade ou restricións sobre os temas de discusión?» Xogar a «carta troll» podería ser a arma ideal.

Moitas (quizais a maioría) das persoas cualificadas de «trolls» son simplemente cualificadas por outra no curso dunha disputa relixiosa, política ou doutro tipo corrente. Noutras palabras, son cualificadas de «trolls» por actuar como disidentes ou herexes. Caracterizar os administradores de sistemas ou moderadores como «o troll que chegou en primeiro lugar» non é de todo inexacto. Moitos debates entre persoas con e sen poderes administrativos ou legais parécense a unha simple discusión persoal acalorada. En concreto en Internet, a posesión de poderes tecnolóxicos (como o poder de bloquear usuarios ou enderezos IP) non é necesariamente un signo dalgún xuízo político ou moral superior. De forma parecida, un pode ser etiquetado como trol só por discrepar con alguén (a miúdo quen comezou a discusión).

Como con similares etiquetas pexorativas, un grupo de persoas que recibiran a etiqueta poden darlle a volta para crear unha identidade de grupo e o poder de resistir colectivamente. Individuos alleos ó grupo que empreguen a etiqueta sobre alguén pasan a ser brancos dunha resposta colectiva. Con todo, os membros poden usar a etiqueta sen consecuencias, normalmente de broma, ou para convencer.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Trol.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]