![]() | Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 4/3/2016 ata o 3/4/2016. |
![]() | Esta páxina en resumo: As advertencias (disclaimer) non deben empregarse nos artigos. Os artigos xa están cubertos por unha advertencia xeral. |
Tódolos artigos e páxinas da Wikipedia conteñen unha ligazón ao pé de páxina aos avisos e advertencias (inglés: disclaimer) necesarios, polo que na maioría dos casos non se deben empregar este tipo de avisos nos artigos.
Existen unha serie de excepcións:
Para o propósito desta páxina, defínese como advertencia ou aviso que se debe evitar, a calquera modelo ou texto insertado nun artigo que duplique a información das páxinas de Advertencias:
A Wikipedia é un intento de escribir unha enciclopedia. Cando se discute de arte, tanto en forma de libros, música, arte visual, videoxogos, ou filmes, trata de proporcionar un resumo completo dese traballo creativo e do seu lugar na enorme esfera da actividade humana. Para levar a cabo esta tarefa, pode ser preciso revelar a trama e o argumento da obra na súa totalidade. Moitos libros e películas, non obstante, perden parte do seu impacto dramático se se coñecen os detalles da trama antes de seren lidos ou vistas, en especial, as películas con trazo de argumentos dramáticos.
Constitúe unha parte tradicional da etiqueta en Internet durante estas discusións o ser advertido antes diso (en inglés faise co anuncio de spoilers). A Wikipedia adoitaba incluír previamente este tipo de avisos nalgúns artigos, mais esta práctica xa non se aplica, agás polo aviso de contido e os propios títulos das seccións do artigo (coma "Argumento" ou "Final") que xa implican a presenza de revelacións da trama.
Non é aceptable eliminar información dun artigo por pensar que revela partes da trama da obra tratada. Isto tampouco debe ser motivo para interferir co punto de vista neutral, ton enciclopédico, contido completo ou calquera outro elemento que afecte á calidade do artigo.
Os motivos para non incluír un aviso de que unha sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento son:
A caixa de información ((Doenza)), incluído na maioría de artigos sobre doenzas, ten un texto simple e unha ligazón ao Wikipedia:Aviso médico na súa parte inferior. Isto serve coma reforzo do aviso médico da Wikipedia, debido a sensibilidade e posible impacto nos lectores que poidan ter os temas tratados neste tipo de artigos. Noutros artigos nos que non se inclúe ((Doenza)) pero que están relacionados con doenzas ou cuestións médicas pode aparecer desta mesma forma o modelo ((Aviso médico)), polos mesmos motivos.