Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir.
Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Todas as políticas oficiais da Wikipedia poden ser resumidas en cinco piares que definen o carácter do proxecto. Deste xeito, todas as políticas débense basear nestes principios.
A Wikipedia ten un punto de vista neutral, o que quere dicir que o que se pescuda é acadar non só un punto de vista particular nos artigos. Ás veces, é necesaria a presentación de diversos puntos de vista, facéndoo de xeito preciso e contextualizada, ademais de prescindir dun como "o verdadeiro" ou "o mellor". Isto implica a citación de fontes reputadas e verificables sempre que sexa necesario, sobre todo en casos relacionados con temas controvertidos. Cando un conflito faga non ter a neutralidade, declare o artigo como non neutral na súa páxina de conversa, explicando os motivos.
A Wikipedia é de contido libre a cal calquera pode editar. Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0, e por conseguinte pode ser distribuído ou ligado. Nótese que os artigos poden ser cambiados por calquera e que non existe ningún control individual exclusivo de calquera artigo; por esa razón, calquera escrito co que se contribúa pode ser editado e redistribuído sen piedade no futuro pola comunidade. Non infrinxa os dereitos de autoría ou envíe traballos ou obras con licenzas que non sexan compatibles con CC-BY-SA.